06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Pero os amigos montevideanos, coa súa interminable amabilidade, acabaron

por romper o seu enmeigamento do Hotel Casino Carrasco, de elegante

mole aristocrática e amplas vistas á praia.

Federico asiste á velada ofrecida pola dona de Enrique Díez-Canedo,

quen acompaña a Lorca ó piano nas súas actuacións poético-musicais 47 .

Percorre as prazas do país do teatro e das ametistas, ágatas e topacios. Déixase

ver no paseo domingueiro pola feira de Tristán Narvaja, pola cidade vella,

co seu Teatro Solís. Pepe Mora lévao ó café Tupí Nambá, punto de encontro

de estrelas e oficiantes do «bel canto», por onde pasaron tamén Rubén Darío

e Eduardo Dieste, cabeza visible da confraría do futuro Teseo. É doado supor

que as ondas da amizade o levarían tamén á seductora Piriápolis, a Punta

del Este, abrazada polo océano, recitando fragmentos de Poeta en Nueva

York.

Especial emoción representa para Lorca a visita á tumba do artista

uruguaio Rafael Pérez Barradas, pintor figurinista de El maleficio de la mariposa,

a quen coñecera no Madrid das vangardas. O poeta, en silencio,

esparexe emotivamente sobre o amigo unha presa de humildes floriñas 48 .

Aquí tamén chegara a sona de Federico García Lorca e dos seus poemas

galegos. Tería ocasión de comprobar, alertado por Blanco-Amor na preparación

da viaxe e arroupado por Julio J. Casal, o fundador da revista

coruñesa Alfar, o gromo da saudade dos emigrantes galegos no Centro

Galego e na Casa de Galicia. O triste Ramón de Sismundi tamén andaba

polas terras desta fermosa cunca do Prata.

Anos máis tarde, estas terras do Uruguai, sempre acolledoras e abertas

para a cultura, difundiron amplamente a súa obra, especialmente o seu teatro.

Margarita Xirgu, exiliada en Montevideo desde 1947, dirixirá a Comedia

Nacional Uruguaya e dará a coñecer o teatro lorquiano, influíndo tanto na

formación de actores coma na sensibilidade do público. A mesma actriz

catalana dirixirá en 1950 Bodas de sangre, actuando no papel de La Madre.

E, desde entón, o elenco oficial do teatro, estrearía outras catro pezas

lorquianas: El amor de don Perlimplín con Belisa en el jardín e La zapatera

prodigiosa, en 1972; Yerma, en 1977; e La casa de Bernarda Alba, en 1982.

47

Mateos de Murquio, 1992, p. 54.

48

Ese día da homenaxe a Rafael Barradas, no Cemiterio Central de Montevideo, en febreiro

de 1934, Federico asiste ó acto acompañado dun nutrido grupo de intelectuais e residentes

uruguaios: Alfredo Mario Ferreiro, Julio J. Casal, Enríquez Díez Canedo –escritor e por entón

Cónsul de España en Uruguai–, José Mora Guarnido –periodista andaluz residente en Montevideo–,

Antonio Ignacio Pérez Barradas –irmán do pintor–, Emilio Oribe, Luís Gil Salguero, Antonio

Pena, etc.

34

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!