06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Os biógrafos de García Lorca teñen reparado menos na súa viaxe a

Montevideo, que ten lugar entre xaneiro e febreiro de 1934; sen embargo,

tivo que resultar vitalmente moi atractiva para el. Xa cando arribara á capital

de Uruguai, camiño de Buenos Aires, a penas tivera tempo de conversar

cos seus vellos amigos Enrique Díez Canedo, Ministro de España en Uruguai,

e os irmáns Mora Guarnido, amigos do Rinconcillo de Granada 43 . Regresa

de novo a Montevideo, invitado por Lola Membrives a descansar no Hotel

Casino Carrasco, coa pretensión por parte desta de dar remate a Yerma, obra

que quería estrear a actriz arxentina en América. Da man de Enrique Amorín,

o seu introductor no ambiente literario e social de Montevideo, Lorca reafirma

a súa sona de poeta e autor dramático. Máxico e múltiple, verte o seu

talento nas conferencias no Teatro 18 de Julio 44 e nas súas veladas literarias,

nas que, actuando, remataba el mesmo cantando «Los cuatro muleros» ou

«Las morillas de Jaén», acompañándose ó piano ou, simplemente, con palmas.

Inevitablemente, ante a presencia dese culto público uruguaio,

desatábase a maxia e a comunicación directa coa xente. Sentiuse feliz,

percorrendo as rúas montevideanas a coche descuberto, rodeado de amigos,

capitaneados polo novelista Enrique Amorín. Participa en reunións con

personalidades destacadas do país: Emilio Oribe, Juana de Ibarbourou.

A voluntariosa Lola Membrives, empeñada en que Lorca remate Yerma,

cércao cun cordón de férrea amabilidade ó redor da súa habitación no

hotel. Hoxe sabemos que Lorca non acabou a peza teatral en Uruguai, a

pesar de que nun recanto do salón principal de entrada do Hotel Casino

Carrasco, como puidemos comprobar, hai unha placa que así o afirma 45 . A

partir de aquí, parece que as relacións coa actriz se arrefriaron e esta, máis

tarde, pediría a mediación de Blanco-Amor:

«... El otro día nos encontramos Lola Membrives y yo en una

fiesta. Me abrazó como antigua amiga y me agradeció los ‘magní-

43

Mora Guarnido, 1958, p. 211.

44

Como a celebrada o 14 de febreiro de 1934 sobre o tema Poeta en Nueva York, na que

recitou poesías deste libro seu.

45

Na inscrición reza así:

En este hotel en el año 1934

FEDERICO GARCIA LORCA

escribió el 3er acto de “Yerma”

Homenaje de la INTENDENCIA

MUNICIPAL de MONTEVIDEO

1936 1986

32

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!