06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

galegos, marcados pola saudade, agradecían así ó poeta andaluz, coa súa

presencia masiva, o agasallo de terse sentido poeta galego. El, como ben

sabemos, correspondería co seu poema «Cántiga do neno da tenda», onde

retratou mellor ca ninguén, como dixo Eduardo, a saudade do emigrante.

Queda constancia desta presencia na entrevista que o periodista galego

Xosé Rodríguez Lence lle fixo a Lorca no Correo de Galicia 38 . É un texto

cheo de significación galega. Federico séntese poeta da nosa lingua, aboiando

nel a necesidade imperiosa de expresarse no idioma dos trobadores.

Confésalles que leva a Galicia no corazón, pois nela viviu e soñou moito, e

fálalles dos seus poemas en galego. Os emigrantes galegos desbordan ledicia

cando Lorca, co gallo da representación de Bodas de sangre no Teatro Avenida,

se dirixe ó público arxentino, saudando ós galegos que «llegan sonando

ese cuerno blando de metal que es su idioma» 39 . Como nos contou o

inolvidable Tacholas, os galegos seguírono a todos os sitios, axudando a

encher os teatros e locais. Buenos Aires entregábase ó autor teatral, aclamado

polo público e admirado polos intelectuais. Victoria Ocampo, fundadora

da revista Sur, Neruda, co que mantivo o seu discurso a un tempo no

local do Pen Club, sobre Rubén Darío. Non podía ser doutra maneira para

quen centraba a súa sensibilidade humana e artística nunha cidade que, segundo

palabras do mesmo poeta, abría as súas praderías e ríos a todas as

nacionalidades da terra. García Lorca coñece tamén ó poeta arxentimo de

temática galega Ricardo E. Molinari, romeiro amante dos nosos camiños

poéticos galegos, quen, pola súa vez, lle presenta ó escritor mexicano Salvador

Novo. De ambos os dous autores quedan testemuños escritos: Molinari

envíalle a Alfonso Reyes a composición «Una rosa para Stefan George», ilustrada

cun debuxo de Lorca 40 , quen tamén ilustra unha plaquete de versos

de Novo 41 .

Ricardo Palmás estudia máis a fondo esta relación:

«Ricardo E. Molinari foi quen lle presentou a Salvador Novo

ao Lorca. Foi un dos grandes poetas arxentinos e compre usar o

38

Rodríguez Lence, 1933.

39

FGL, OC, Madrid, Aguilar, 1969, p. 131.

40

O escritor diplomático acusa a recepción:

Hoy es día de gracia suma

¡Gracias, rosa; gracias, pensil!

García Lorca con su buril

y Molinari con su pluma.

Ver Landeira Yrago, 1986a, p. 115.

41

Gibson, 1987, p. 290.

30

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!