lorca
lorca lorca
nº. 37, p. 4, Ourense, 15 de xaneiro 1927). Gardou sempre no recordo a presencia viva do poeta polas rúas compostelás e pontevedresas. 31 Especial interese vai ter a súa estadía na cidade de Lugo, onde entregará para a revista Yunque o primeiro dos seus poemas galegos: «Madrigal â cibdá de Santiago» 32 . Ánxel Fole 33 evoca o ambiente intelectual daquela mocidade luguesa, que se reunía na tertulia do desaparecido café Hielo-Bar da rúa San Marcos, dilapidando tempo e humor, mentres comentaba as últimas novidades artísticas e literarias. Eran ilustres tertulianos o pintor Manuel Colmeiro, Álvaro Cunqueiro, cando acudía desde o seu val mindoniense, e o escritor Luís Manteiga, quen un bo día trae a nova da pronta chegada de Lorca. E así foi. Federico aparece na cidade nun día frío e chuvioso daquel outono lugués. Na mañá do día 22 un grupo de mozos intelectuais lucenses, entre os que sobresaían Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro e Francisco Lamas, lévano á tenda de gramolas de Luís Manteiga. Xesús Alonso Montero 34 descubriu na casa madrileña de Francisco Lamas, un dos protagonistas do suceso, o texto autógrafo do «Madrigal â cibdá de Santiago». Este reveloulle, ademais, os nomes dos dous posibles «asesores» idiomáticos do poema: Luís Manteiga e o mesmo Francisco Lamas. Pola tarde, antes da conferencia, conversa animosamente na tertulia do Hielo-Bar con Fole, Cunqueiro, Manteiga, amigos xa coñecidos na segunda viaxe. Máis tarde diríxese á Deputación Provincial, onde dará a conferencia anunciada sobre María Blanchard, no seu Salón de Actos. De noite, mantén unha velada literaria con escritores mozos, na casa de don Ramón Martínez López, e recita poemas inéditos seus e fragmentos de Poeta en Nueva York, animando a recitar e eloxiando, despois da lectura, a poesía do mozo Álvaro Cunqueiro. Saen da velada ás tres da madrugada e aínda teñen tempo para ir de ruada, paseando pola muralla, perdéndose entre a néboa nocturna e as voces apagadas dos últimos trasnoitadores. 31 Eran tempos nos que a xuventude compartía con xenerosidade o pan da cultura e da arte. Laxeiro (outro galego xenial que se nos acaba de ir) coñece tamén a Federico nesta viaxe a Pontevedra, mesturado entre os poetas da revista Cristal e, cos seus ollos de pintor, lembra: «Parece que aínda o estou vendo coa súa faciana de anxo. Era coma se fora unha pomba...». (Vid. O Correo Galego, 8 de outubro de 1995, XIII). 32 Lorca «acababa de escribir sus seis poemas gallegos y nos cedió dos generosamente para ser publicados en cierta revista». Fole, 1955, pp. 2-3. 33 Fole, 1955. 34 Alonso Montero, 1981. 28
Luís Manteiga cóntalle a Carlos Martínez-Barbeito o encontro con Federico, en papel co selo da revista Yunque: «Lorca ha caído entre nosotros; nos habló de María Blanchard, nos dijo sus versos y nos habló de ti, del Carlitos limpiamente amigo y paseamos mucho, él, Lamas y yo, por el anillo de las murallas; y Lorca hizo aquí el milagro de que le aplaudiesen sinceramente los que están muy lejos de él y de sus cosas; y Lorca nos dejó para Yunque su primera poesía gallega, hecha en Santiago… 35 ». 1.5. Quinta viaxe de García Lorca á Galicia ideal dos emigrantes Federico viaxa a Buenos Aires e a Montevideo e ten un encontro significativo cos emigrantes galegos das ribeiras do Río da Prata. Alí vai nacer o tema para o poema «Cántiga do neno da tenda». Sabemos que o motivo inmediato da súa viaxe era o éxito de Bodas de Sangre, representada por Lola Membrives, e o ánimo por dar a coñecer o seu teatro en América. Pero Federico precisaba romper tamén, por veces, as cadeas da estreita cerca vital do seu redor e buscar novas fronteiras para o seu espírito. A súa inmersión na América hispana rubeniana era a outra cara da anglosaxona de Poeta en Nueva York. Como lle pasara xa na súa viaxe a Cuba, alí atopou o aire limpo e a voz amiga e sentiuse feliz. Entre esa nube de xente que agardaba no porto de Buenos Aires a chegada do barco Conte Grande onde el viña, estaban moitos galegos e algo tivo que ver a chamada de alerta de Blanco-Amor 36 e Suárez Picallo, desde España, ós galegos da Federación de Sociedades Galegas e do Centro Galego de Buenos Aires. O actor galego Fernando Iglesias Tacholas 37 lembroume hai uns anos, no Salón Castelao do Centro Galego de Buenos Aires, este recibimento apoteótico de Lorca, hospedado no hotel Castelar, mesturado cos galegos pola Avda. de Maio. Traía a aura de ter escrito uns poemas en galego e os emigrantes, entusiasmados, seguírono a todas as partes. Os 35 Lugo, 26/11/1932. Arquivo epistolar de Carlos Martínez-Barbeito, con autorización de Isabel Martínez-Barbeito. 36 En declaracións previas á estrea de La Zapatera prodigiosa, Lorca declara que as manifestacións que faga ó público arxentino desexa que sexan por intermedio de La Nación, pola condición de vello amigo deste periódico; pero non esquezamos que Blanco-Amor, que levaba catorce anos en América, viñera de correspondente do diario bonaerense a España e axudara a preparar esta viaxe de Lorca. Algo tivo que ver, pois, nesta cuestión. 37 Ver Luís Pérez Rodríguez: Fernando Iglesias “Tacholas”, un actor auriense na Galicia ideal, Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1996. 29
- Page 1: Luís Pérez Rodríguez O PÓRTICO
- Page 4 and 5: EDITA: © Consello da Cultura Galeg
- Page 6 and 7: O recital, organizado pola Ponencia
- Page 9 and 10: Prólogo* Aínda que a metodoloxía
- Page 11 and 12: fondo latexar dos poemas de García
- Page 13 and 14: ACLARACIÓN NECESARIA A importancia
- Page 15: vida 5 , cualquier apropiación del
- Page 19 and 20: I. FEDERICO GARCÍA LORCA E GALICIA
- Page 21 and 22: Sabemos que García Lorca leu, adem
- Page 23 and 24: expectantes, ante esta forza de nat
- Page 25 and 26: tarde o seu profesor, por certo, no
- Page 27: go, actuando ó pé da torre da Ber
- Page 31 and 32: verbo en pasado, pois con 96 anos h
- Page 33 and 34: ficos viajes por España que había
- Page 35 and 36: A vida e mais a obra de Federico fo
- Page 37 and 38: F. García Lorca e o seu amigo gale
- Page 39 and 40: Caricatura de Federico García Lorc
- Page 41 and 42: Programa do Comité de Cooperación
- Page 43 and 44: Carlos Martínez-Barbeito, por Masi
- Page 45 and 46: Dedicatoria de Federico a Carlos Ma
- Page 47 and 48: Debuxo de García Lorca, nas páxin
- Page 49 and 50: Debuxo de Federico, dedicado a Carl
- Page 51 and 52: Debuxo dedicado por Federico a Carl
- Page 53: Federico séguelle a enviar libros
- Page 57: Libro de John M. Synge, agasallo de
- Page 61: Carta manuscrita de Federico a Carl
- Page 66: Carta manuscrita de Federico a Carl
- Page 69: Carta manuscrita de Federico a Carl
- Page 73 and 74: «Madrigal a la ciudad de Santiago
- Page 75 and 76: Debuxo de Luís Seoane para o recit
- Page 77 and 78: II. FEDERICO, ERNESTO E EDUARDO: TR
nº. 37, p. 4, Ourense, 15 de xaneiro 1927). Gardou sempre no recordo a

presencia viva do poeta polas rúas compostelás e pontevedresas. 31

Especial interese vai ter a súa estadía na cidade de Lugo, onde entregará

para a revista Yunque o primeiro dos seus poemas galegos: «Madrigal â

cibdá de Santiago» 32 . Ánxel Fole 33 evoca o ambiente intelectual daquela

mocidade luguesa, que se reunía na tertulia do desaparecido café Hielo-Bar

da rúa San Marcos, dilapidando tempo e humor, mentres comentaba as últimas

novidades artísticas e literarias. Eran ilustres tertulianos o pintor Manuel

Colmeiro, Álvaro Cunqueiro, cando acudía desde o seu val mindoniense,

e o escritor Luís Manteiga, quen un bo día trae a nova da pronta chegada de

Lorca. E así foi. Federico aparece na cidade nun día frío e chuvioso daquel

outono lugués. Na mañá do día 22 un grupo de mozos intelectuais lucenses,

entre os que sobresaían Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro e Francisco Lamas,

lévano á tenda de gramolas de Luís Manteiga. Xesús Alonso Montero 34

descubriu na casa madrileña de Francisco Lamas, un dos protagonistas do

suceso, o texto autógrafo do «Madrigal â cibdá de Santiago». Este reveloulle,

ademais, os nomes dos dous posibles «asesores» idiomáticos do poema: Luís

Manteiga e o mesmo Francisco Lamas.

Pola tarde, antes da conferencia, conversa animosamente na tertulia

do Hielo-Bar con Fole, Cunqueiro, Manteiga, amigos xa coñecidos na segunda

viaxe. Máis tarde diríxese á Deputación Provincial, onde dará a conferencia

anunciada sobre María Blanchard, no seu Salón de Actos. De noite,

mantén unha velada literaria con escritores mozos, na casa de don Ramón

Martínez López, e recita poemas inéditos seus e fragmentos de Poeta en Nueva

York, animando a recitar e eloxiando, despois da lectura, a poesía do mozo

Álvaro Cunqueiro. Saen da velada ás tres da madrugada e aínda teñen tempo

para ir de ruada, paseando pola muralla, perdéndose entre a néboa nocturna

e as voces apagadas dos últimos trasnoitadores.

31

Eran tempos nos que a xuventude compartía con xenerosidade o pan da cultura e da

arte. Laxeiro (outro galego xenial que se nos acaba de ir) coñece tamén a Federico nesta viaxe

a Pontevedra, mesturado entre os poetas da revista Cristal e, cos seus ollos de pintor, lembra:

«Parece que aínda o estou vendo coa súa faciana de anxo. Era coma se fora unha pomba...».

(Vid. O Correo Galego, 8 de outubro de 1995, XIII).

32

Lorca «acababa de escribir sus seis poemas gallegos y nos cedió dos generosamente

para ser publicados en cierta revista». Fole, 1955, pp. 2-3.

33

Fole, 1955.

34

Alonso Montero, 1981.

28