lorca

lorca lorca

06.06.2015 Views

ealidade favorable ós marxinados. Os prados verdes, o Miño correndo docemente, a gaita galega cos seus sons de mel, o val mol e dondo conformarían o carácter triste dos galegos. As cidades de Betanzos e Ferrol, coas súas fermosas rías; A Coruña, cos miradoiros de cristal e a Torre de Hércules; Santiago, co seu pasmo ante o Pórtico da Gloria e a igrexa de San Martiño Pinario. Pero García Lorca protesta tamén pola sorte dos desherdados, veta substancial da súa literatura posterior. Ante a contemplación duns rapaciños, palidamente raquíticos e enganidos, xogando nos patios do hospicio, renega dos «bandidos de levita», que venden a beneficiencia a tan baixo prezo, xogando con seres inocentes, dolorosamente tristes. 1.2. Segunda viaxe de Lorca a Galicia Federico trasládase á Residencia de Estudiantes, en Madrid, para proseguir os seus estudios. Alí vai residir durante os meses do curso e terá lugar un novo encontro con Galicia, pola vía da música popular. Sabemos que García Lorca fixera estudios musicais co seu primeiro profesor de piano en Granada e, ó morrer este, comeza a súa amizade con Falla, mestre a quen admira e co que continúa a aprender os segredos da música. Cando chega á Residencia, atópase con dúas persoas estudiosas da etnografía e do folclore e, como oínte e condiscípulo, vai relacionarse con formas e letras musicais do noso folclore. Estamos a falar do asturiano Eduardo Martínez Torner e do galego Xesús Bal y Gay, musicólogos da Residencia de Estudiantes. Improvisaría, á súa beira, cantigas do folclore musical galego, recompiladas por eles no Cancionero gallego 10 . Isto explica, por exemplo, que Lorca interprete nas aulas da Columbia University de New York en 1929, diante de Federico de Onís, o «Romance de don Boyso» 11 , que el mesmo harmoniza, e que xa antes, en 1923, na súa casa de Granada, pola festa de Reis, incluíra no seu repertorio musical dúas cantigas galegas de Afonso o Sabio; tamén, en anos posteriores, incorporaría outras cantigas: «Nosa Señora da Barca», «Asubía, que fai vento», o romance «Estando cosendo na niña almohada» e o cantar «Campanas de Bastabales», barcarolas e cantigas de amigo de Martín Códax, etc. 12 10 Franco Grande e Landeira Yrago, 1974, p. 284. 11 Cantar coñecido en Galicia no século XIX, segundo R. Menéndez Pidal e recollido tamén por R. Cabanillas en Camiños no tempo. 12 Gibson, 1987, p. 175. 20

Sabemos que García Lorca leu, ademais, os cancioneiros galego-portugueses. Coñecía parte da obra de Gil Vicente, Sá de Miranda, Camoens. Dos escritores galegos, sentía admiración por Rosalía de Castro, afirmada, posiblemente, polas recomendacións de J. R. Jiménez, lector rosaliano, autor que deixa nel influencias nos seus primeiros poemas (Libro de poemas, 1921). Tamén leu a Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Amado Carballo, Manuel Antonio e Eugenio Montes. García Lorca chega a Galicia, co fardel dos seus coñecementos da cultura galega, na primavera de 1932, por segunda vez. Reclamárono os Comités de Cooperación Intelectual da República para dar unhas conferencias. Primeiramente, é hóspede do Comité vigués, a onde chega o 6 de maio. Arroupado pola intelectualidade moza da cidade, comparte tertulia no café Derby. A súa conferencia, no teatro García Barbón, versa sobre «Arquitectura del cante jondo». Segue camiño a Compostela 13 . A estadía na cidade do Apóstolo ten dúas fases: antes e despois da súa presencia na Coruña. O día 7, a continuación dunha visita de cortesía ó Rector da Universidade, dá, pola tarde, a súa conferencia sobre «Paraíso cerrado para muchos, jardín abierto para pocos (Granada y su poeta del siglo XVII)», do poeta gongorino Pedro Soto de Rojas (1584-1658), no salón da Real Sociedad Económica de Amigos del País, instalada no colexio de San Clemente. Pola noite ten lugar a cea de homenaxe que os organizadores do acto e a nova intelectualidade universitaria lle ofreceron no hotel Compostela. O Comité de Cooperación Intelectual da Coruña invítao tamén a dar unha confrencia sobre «Arquitectura del cante jondo», no desaparecido teatro Linares Rivas. Pasa o día 9 na cidade, onde le e comenta fragmentos do seu libro Poeta en Nueva York. O día 10 volve a Santiago e posiblemente repite a conferencia sobre «Arquitectura del cante jondo». De noite os amigos ofrécenlle unha cea íntima no Bar Viño, na praza do Instituto. Carlos Martínez-Barbeito, outro dos mellores amigos de Federico naquelas datas da preguerra segundo Blanco-Amor, con quen tivemos a feliz oportunidade de revivir aquela viaxe de Lorca a Compostela na súa casa coruñesa de Juana de Vega, en frecuentes conversas no ano 1994 e 1995, deixou constancia escrita do seu encontro con García Lorca nun artigo 13 Para esta visita a Santiago, ver Franco Grande e Landeira Yrago, 1974. 21

Sabemos que García Lorca leu, ademais, os cancioneiros galego-portugueses.

Coñecía parte da obra de Gil Vicente, Sá de Miranda, Camoens. Dos

escritores galegos, sentía admiración por Rosalía de Castro, afirmada, posiblemente,

polas recomendacións de J. R. Jiménez, lector rosaliano, autor

que deixa nel influencias nos seus primeiros poemas (Libro de poemas, 1921).

Tamén leu a Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Amado Carballo, Manuel

Antonio e Eugenio Montes.

García Lorca chega a Galicia, co fardel dos seus coñecementos da cultura

galega, na primavera de 1932, por segunda vez. Reclamárono os Comités

de Cooperación Intelectual da República para dar unhas conferencias.

Primeiramente, é hóspede do Comité vigués, a onde chega o 6 de maio.

Arroupado pola intelectualidade moza da cidade, comparte tertulia no café

Derby. A súa conferencia, no teatro García Barbón, versa sobre «Arquitectura

del cante jondo».

Segue camiño a Compostela 13 . A estadía na cidade do Apóstolo ten dúas

fases: antes e despois da súa presencia na Coruña. O día 7, a continuación

dunha visita de cortesía ó Rector da Universidade, dá, pola tarde, a súa conferencia

sobre «Paraíso cerrado para muchos, jardín abierto para pocos (Granada

y su poeta del siglo XVII)», do poeta gongorino Pedro Soto de Rojas

(1584-1658), no salón da Real Sociedad Económica de Amigos del País, instalada

no colexio de San Clemente. Pola noite ten lugar a cea de homenaxe

que os organizadores do acto e a nova intelectualidade universitaria lle

ofreceron no hotel Compostela.

O Comité de Cooperación Intelectual da Coruña invítao tamén a dar

unha confrencia sobre «Arquitectura del cante jondo», no desaparecido teatro

Linares Rivas. Pasa o día 9 na cidade, onde le e comenta fragmentos do

seu libro Poeta en Nueva York.

O día 10 volve a Santiago e posiblemente repite a conferencia sobre

«Arquitectura del cante jondo». De noite os amigos ofrécenlle unha cea íntima

no Bar Viño, na praza do Instituto.

Carlos Martínez-Barbeito, outro dos mellores amigos de Federico

naquelas datas da preguerra segundo Blanco-Amor, con quen tivemos a feliz

oportunidade de revivir aquela viaxe de Lorca a Compostela na súa casa

coruñesa de Juana de Vega, en frecuentes conversas no ano 1994 e 1995,

deixou constancia escrita do seu encontro con García Lorca nun artigo

13

Para esta visita a Santiago, ver Franco Grande e Landeira Yrago, 1974.

21

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!