06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ealidade favorable ós marxinados. Os prados verdes, o Miño correndo

docemente, a gaita galega cos seus sons de mel, o val mol e dondo conformarían

o carácter triste dos galegos. As cidades de Betanzos e Ferrol, coas

súas fermosas rías; A Coruña, cos miradoiros de cristal e a Torre de Hércules;

Santiago, co seu pasmo ante o Pórtico da Gloria e a igrexa de San Martiño

Pinario.

Pero García Lorca protesta tamén pola sorte dos desherdados, veta substancial

da súa literatura posterior. Ante a contemplación duns rapaciños,

palidamente raquíticos e enganidos, xogando nos patios do hospicio, renega

dos «bandidos de levita», que venden a beneficiencia a tan baixo prezo,

xogando con seres inocentes, dolorosamente tristes.

1.2. Segunda viaxe de Lorca a Galicia

Federico trasládase á Residencia de Estudiantes, en Madrid, para proseguir

os seus estudios. Alí vai residir durante os meses do curso e terá lugar

un novo encontro con Galicia, pola vía da música popular. Sabemos

que García Lorca fixera estudios musicais co seu primeiro profesor de piano

en Granada e, ó morrer este, comeza a súa amizade con Falla, mestre a

quen admira e co que continúa a aprender os segredos da música.

Cando chega á Residencia, atópase con dúas persoas estudiosas da etnografía

e do folclore e, como oínte e condiscípulo, vai relacionarse con

formas e letras musicais do noso folclore. Estamos a falar do asturiano Eduardo

Martínez Torner e do galego Xesús Bal y Gay, musicólogos da Residencia

de Estudiantes. Improvisaría, á súa beira, cantigas do folclore musical

galego, recompiladas por eles no Cancionero gallego 10 . Isto explica, por

exemplo, que Lorca interprete nas aulas da Columbia University de New

York en 1929, diante de Federico de Onís, o «Romance de don Boyso» 11 ,

que el mesmo harmoniza, e que xa antes, en 1923, na súa casa de Granada,

pola festa de Reis, incluíra no seu repertorio musical dúas cantigas galegas

de Afonso o Sabio; tamén, en anos posteriores, incorporaría outras cantigas:

«Nosa Señora da Barca», «Asubía, que fai vento», o romance «Estando

cosendo na niña almohada» e o cantar «Campanas de Bastabales», barcarolas

e cantigas de amigo de Martín Códax, etc. 12

10

Franco Grande e Landeira Yrago, 1974, p. 284.

11

Cantar coñecido en Galicia no século XIX, segundo R. Menéndez Pidal e recollido tamén

por R. Cabanillas en Camiños no tempo.

12

Gibson, 1987, p. 175.

20

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!