lorca

lorca lorca

06.06.2015 Views

4.3. Blanco-Amor, testemuña dos Seis poemas galegos Os Seis poemas galegos merecen capítulo destacado na difusión da vida e da obra de García Lorca. Era un tema obrigado por moitos motivos para Blanco-Amor: como galego que traballou polo rexurdimento da nosa cultura, como encargado da súa edición e porque, co seu pretexto, remataba sempre falando e explicando a personalidade do seu amigo, morto. 247 Son momentos importantes na transferencia de información sobre estes poemas o seu artigo de 1948 para La Hora de Chile «Sobre los poemas gallegos de García Lorca» (5-decembro-1948), «Federico García Lorca y la poesía gallega», conferencia inaugural da tribuna do novo local do Centro Lucense (28-01-1956); «Los Poemas Gallegos de Federico García Lorca», para Insula en 1959, a primeira vez que a súa opinión tiña unha difusión ampla en España. Pero tamén hai outra difusión menos coñecida, pero moi importante, que é a dos recitais e conferencias. En 1956, nas Xornadas Patrióticas Galegas, celebradas no Centro Galego de Buenos Aires, Eduardo dirixe o Recital Antolóxico da poesía galega e recita el mesmo tres poesías de Lorca: «O neno da tenda», «Canzón de cuna» e «Danza da lúa». E no 1959, tamén no Centro Galego, pronuncia a súa conferencia «Poemas gallegos de Federico García Lorca» e recita as poesías. Hoxe a súa voz está gravada e é unha delicia escoitar a Eduardo, recitando os poemas do seu amigo. Sería moi longo falar minimamente de todos os foros en que Blanco- Amor disertou sobre estes poemas. Caracas, Montevideo, centros e sociedades culturais, cursos universitarios, etc. A el chegaron investigadores lorquianos a resolver as súas dúbidas sobre a orixe deste fermoso poemario: Marie Laffranque, Ian Gibson, Joseph Velasco, André Belamich, etc. El, no seu departamento e ós amigos, ensináballes estes poemas e falaba deles como se de xoias literarias se tratara. Tamén llos facilitou, como vimos, a Guillermo de Torre para a edición das obras de García Lorca en Losada 248 e, pola súa proposta, eran usados tamén polos seus alumnos para se felicitaren as festas do Nadal e Aninovo ou, simplemente, anunciar un acto cultural. 247 Mentres, en Galicia, o manto do silencio imposto polos sublevados impedía a difusión destes poemas. Aínda que o 30 de decembro de 1938 o periódico El Compostelano, de xeito illado e sorprendente, publicara «Noiturnio do adoescente morto», como di moi ben Claudio Rodríguez Fer, isto non comprometía ó conservadorismo católico do xornal, pois confinaba ó galego a seccións folclóricas ou líricas. (Vid. Rodríguez Fer, 1966, pp. 307-8). 248 Como dixemos, única edición que publicou o prólogo, que sería suprimido, incomprensiblemente, en edicións posteriores. 196

Para rematar este capítulo, quero traer aquí o seu comentario a cinco destes poemas (falta o do «Madrigal»), «ripado» de entre os papeis da súa biblioteca. Son notas soltas, que el empregou para glosar os poemas en recitais e conferencias e que as tería tamén diante no Recital Antolóxico da poesía galega de 1956 249 . Romaxe de nosa Señora da Barca: «Capta aquí el poeta, en rasgos breves, más alusivos que descriptivos, otro de los rostros de Galicia: ‘unha romaxe’, con su desenfreno báquico, su gracia, su color, y también su transfondo melancólico. Están los vivos y los nebulosos muertos transparentados, como en la fusión sin deslinde del alma celta, como en los mitos dionisíacos. El tema, en su rumbo y en su brillo, es rosaliano, pero antes fue popular: Nosa Señora da Barca ten o tellado de pedra ben o poidera ter de ouro miña santa, si quixera. La armonía de la expresión es exacta y perfecta la adivinación del genio rítmico del idioma. Al final, el vórtice festero se diluye en el paisaje y se aquieta en esta larga mirada de la Virgen sobre el mar...». Hai tamén outra versión destas notas en galego e nelas podemos apreciar esa capacidade que tiña Eduardo de adaptarse a cada público ó que se dirixía. Neste caso, como veremos, está diante dos seus compatriotas emigrantes: «Capta aquí, en trazos breves, esenciales, máis alusivos que descriptivos, outro dos rostros de Galicia: unha romaxe, co seu frenesí báquico, súa gracia, seu color, coasi seu cheiro, e tamén 249 Como dixen, notas atopadas entre os papeis de Eduardo na súa biblioteca, hoxe propiedade da Deputación Provincial de Ourense. Coma outros textos inéditos que temos rescatado de Eduardo non teñen outra finalidade máis cá de pór ó alcance dos lectores de Blanco-Amor parte da súa obra menor. El non considerou de utilidade a súa publicación, na maioría dos casos, pero para os lectores entusiastas da súa obra, na que eu me inclúo, si a teñen. Están en castelán, porque, no tocante ó idioma, Eduardo Blanco-Amor era un perfecto bilingüe en América: empregaba os dous idiomas, destramente manexados, en función do público que o escoitaba. 197

Para rematar este capítulo, quero traer aquí o seu comentario a cinco

destes poemas (falta o do «Madrigal»), «ripado» de entre os papeis da súa

biblioteca. Son notas soltas, que el empregou para glosar os poemas en

recitais e conferencias e que as tería tamén diante no Recital Antolóxico da

poesía galega de 1956 249 .

Romaxe de nosa Señora da Barca:

«Capta aquí el poeta, en rasgos breves, más alusivos que descriptivos,

otro de los rostros de Galicia: ‘unha romaxe’, con su

desenfreno báquico, su gracia, su color, y también su transfondo

melancólico. Están los vivos y los nebulosos muertos transparentados,

como en la fusión sin deslinde del alma celta, como en los

mitos dionisíacos.

El tema, en su rumbo y en su brillo, es rosaliano, pero antes

fue popular:

Nosa Señora da Barca

ten o tellado de pedra

ben o poidera ter de ouro

miña santa, si quixera.

La armonía de la expresión es exacta y perfecta la adivinación

del genio rítmico del idioma.

Al final, el vórtice festero se diluye en el paisaje y se aquieta

en esta larga mirada de la Virgen sobre el mar...».

Hai tamén outra versión destas notas en galego e nelas podemos apreciar

esa capacidade que tiña Eduardo de adaptarse a cada público ó que se

dirixía. Neste caso, como veremos, está diante dos seus compatriotas emigrantes:

«Capta aquí, en trazos breves, esenciales, máis alusivos que

descriptivos, outro dos rostros de Galicia: unha romaxe, co seu

frenesí báquico, súa gracia, seu color, coasi seu cheiro, e tamén

249

Como dixen, notas atopadas entre os papeis de Eduardo na súa biblioteca, hoxe

propiedade da Deputación Provincial de Ourense. Coma outros textos inéditos que temos rescatado

de Eduardo non teñen outra finalidade máis cá de pór ó alcance dos lectores de Blanco-Amor

parte da súa obra menor. El non considerou de utilidade a súa publicación, na maioría

dos casos, pero para os lectores entusiastas da súa obra, na que eu me inclúo, si a teñen.

Están en castelán, porque, no tocante ó idioma, Eduardo Blanco-Amor era un perfecto

bilingüe en América: empregaba os dous idiomas, destramente manexados, en función do público

que o escoitaba.

197

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!