06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

e da literatura e, en máis dunha ocasión, propúxolles a García Lorca como

o xenio a imitar. Contounos o director teatral arxentino Guillermo Ben Hassan

como, por mediación de Eduardo, coñeceu e amou o teatro de García Lorca,

ata o pundo de que o seu estilo condicionou o futuro das súas montaxes

teatrais 245 . Eduardo vivira unha experiencia teatral con Federico e quería

transmitila en América ás novas xeracións.

Xa en España, recordamos o seu traballo en El Caballero de Olmedo,

peza dirixida por Ricard Salvat e representada pola Cía. Nacional «Angel

Guimerá» en Barcelona. Eduardo encargouse do prólogo: Lope de Vega y lo

clásico e asesorou ó seu director e realizador nos matices literarios para a

dramaturxia. Era unha continuación do teatro entendido como compromiso

coa súa xente, co teatro popular, no camiño que Federico quería.

Blanco-Amor aínda redactaría o texto-programa para a representación

de Yerma no Círculo de Cultura Teatral de Porto, en outubro 1979, uns meses

antes de morrer.

No arquivo da súa biblioteca tamén poden atopar os estudiosos notas,

guións para conferencias e outras mensaxes a Federico, co que mantiña un

diálogo vital en constante fecundidade.

Finalmente, as figuras de Federico e Eduardo presentan enfoques de

interese para os críticos.

El drama de las hijas de Lot (obra alternativamente titulada La destrucción

de Sodoma), ese manuscrito destruído ou desaparecido de García Lorca,

tería o seu correlato en Diálogos frente a la casa de Lot, que Blanco-Amor

confesou ter escrito in mente pero que non apareceu entre os papeis da súa

biblioteca.

Tamén a súa poesía, de tema amoroso e erótico, que Blanco-Amor

deixou abundantemente nos seus libros de poesía: Horizonte evadido, En

soledad amena, Romances galegos, Poema en catro tempos e outros textos

espallados en publicacións periodísticas e, en parte, inéditos, como Poemas

del Angel. Poemas que podiamos estudiar, comparativamente, con Sonetos

del amor oscuro e Poemas de amor y erotismo de Federico García Lorca 246 .

245

Conversa gravada para a serie Eduardo Blanco-Amor: o escritor da xente (Vídeo Voz

TV), que a Televisión Galega emitiu na semana das Letras Galegas-1993. Guión de Luís Pérez

Rodríguez.

246

Vid. FGL: SAO, PAE, IM, ed. Ruíz-Portela.

195

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!