06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

coincidir, como xa temos dito en apartados anteriores, con afirmacións anteriores,

isto é, claramente restrictivos. Non insistiremos máis neste asunto.

A Blanco-Amor censúrao por varias cuestións. Non fixo, di Guerra da

Cal, a máis leve referencia pública, ó longo da súa vida, destes orixinais e,

cunha conducta inexplicable, atribuiríase unha participación que nunca tivo.

Nin unha nin outra cousa son verdade, como xa quedou exposto 211 .

Segue a dicir que Blanco-Amor ten unha participación deturpadora dos

textos orixinais e a posteriori. E sinala, como mostra, algúns exemplos de

«Canzón de cuna»: cambio do título de «Vella Cantiga» (título que odiaría Federico,

pola suposta aversión á comedia de Martínez Sierra. Pero, sen embargo,

o mesmo García Lorca parece contradicir esta versión, pois púxolle

un título case idéntico a unha das súas poesías: «Canción de cuna: A Mercedes,

muerta»).

Fala tamén de tres erros no v. 10, en medio de expresións como atentados

á substancia do poema, infidelidades ó texto, etc. Isto é, fala, en todo

caso, o profesor e erudito Guerra da Cal, con todas as valoracións ou escepticismos

que queiramos darlle á súa crítica literaria, pero o seu ton está

fóra de lugar 212 . El debe situarse rigorosamente no tempo da escritura dos

poemas, cando era só, como el mesmo confesa, un «estudiante e inédito aprendiz

de poeta» e García Lorca e Blanco-Amor dous poetas xa consagrados.

Como podemos apreciar, o texto fundamental segue a ser a carta, que

enviou a Blanco-Amor en 1949, fóra dalgunhas contradiccións de Guerra

da Cal, no tocante ó poema «Madrigal» (di que non colaborou -este foi sempre

o seu discurso e mesmo mo reiterou a min na miña entrevista-, pero

confesoulle a Ian Gibson e a X. L. Franco Grande 213 a súa participación) 214 e

no que afecta á parte final da carta («Yo escribía los primeros originales que

él después copiaba»), pois a súa versión non coincide exactamente coas

copias dos textos atopados 215 .

211

Por sinalar tan só un dato, xa no seu artigo de Insula, en 1959, citábao e indicaba que

o poema «Cantiga do neno da tenda» estaba dedicado a el. Vid. Blanco-Amor, 1959.

212

Tamén Blanco-Amor, pola súa parte, indicou e xustificou os cambios introducidos, tanto

no prólogo coma nos seus artigos e entrevistas. É o lector quen ten que valoralos.

213

Vid. Franco Grande, 1985a.

214

En carta a Xavier Alcalá, de data 21-6-1984, di tamén:

«... visto na primeira a minha intervenção ter sido puramente formal».

¿Que entende por formal: forma do espírito ou da materia?, preguntamos nós, non sen

certa ironía amable.

215

Para unha análise dos Seis poemas galegos, consultar a edición crítica de Andrew A.

Anderson. Vid. Anderson, 1988.

173

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!