lorca

lorca lorca

06.06.2015 Views

traron moitos poetas mozos na cerca da poesía, recibindo influencias mutuas, como é o caso de Álvaro Cunqueiro, prendido tamén nas redes poéticas lorquianas: «Canta o luar i o mencer/en frauta de verde olivo» 172 . A lingua natural daquela experiencia poética lorquiana, na convivencia con Galicia, tiña que ser o galego, para un poeta que chega ás raíces da poesía desde a sinceridade, e van nacer os poemas. Cunqueiro avisa ós lectores de El Pueblo Gallego: o cantor andaluz «ven a trovar a gaita de Ramón de Sismundi» 173 . E Ánxel Fole, cando Lorca lles entrega o «Madrigal», pensaba que tamén outros poetas andaluces andan a compor poemas en galego. Álvaro de las Casas diría, anos máis tarde, de Federico: «... Fue como un noble Gaiferos de Mormaltán –rey de Aquitania– que quiso ofrendar a Santiago de Compostela y a Santa Rosalía de Castro su devota emoción andaluza, a la que guiaban voces ancestrales desde la profundidad del camino de Jacobuslandia...» 174 . Federico poetiza en galego, seguindo a tradición poética dos trobadores medievais. Aínda que a poesía galega contaba no século XX coa figura ilustre do catalán Carles Riba, será o poemario de Lorca o que influirá máis na poesía alofónica de lingua galega, como afirma o profesor Alonso Montero: «... fue Lorca quién, en mayor o menor medida, movió o incitó, a otros autores no gallegos, a la utilización poética del idioma gallego, dos de ellos, de cierta importancia, muy pronto: el argentino Eduardo Jorge Bosco (1913-1948) y el jiennense Juan Pérez Creus (1912)» 175 . 172 Cantiga nova que se chama riveira, Santiago de Compostela, 1933. Cito por Landeira Yrago, 1986a, p. 126. 173 Ibíd., p. 126. 174 Antología de poetas gallegos, Álvaro de las Casas, Edit. Sopena Argentina, Buenos Aires, 1939, p. 218. 175 Vid. Alonso Montero, 1993, p. 128. Vid. tamén Poetas alófonos en lingua galega. Actos do I Congreso, edición de Xesús Alonso Montero e Xosé M. Salgado, Ed. Galaxia, Vigo, 1994. 156

3.3.3. Por que e cando nacen estes poemas Blanco-Amor na conferencia citada de 1959 no Centro Galego de Buenos Aires explica que neses anos do 33-35 atopou a Federico moi interesado pola literatura galega. Sentía por ela unha especie de fascinación literaria. Como se descubrira, de pronto, unha zona impoluta e se sentira atrapado por unha especie de gracia lingüística, di Eduardo. Andrew A. Anderson 176 centra máis o tema: os Seis poemas galegos de Federico García Lorca nacen por unha combinación feliz de factores diversos. O primeiro deles sería o coñecemento e admiración que Federico sentía por Galicia, que nacera nas catro viaxes efectuadas á nosa terra. Eduardo Blanco-Amor diríao poeticamente: Lorca entrou en Galicia pola porta grande da paisaxe. Sentiuse poeta de «... la alta hierba y de la lluvia» 177 . E, despois deste achegamento a Galicia, penetra na súa alma e mesmo deixa referencias na súa obra literaria máis diversa. Por exemplo, na súa célebre conferencia da «Teoría y juego del duende» sinala ó mestre Mateo entre os «tocados» universais polo misterio e cita tamén a romaría de San Andrés de Teixido e o meigo río Sil. O segundo factor será a amizade. En Galicia coñece e trata con moita proximidade a unha xeración de escritores e artistas galegos, dos que se fará amigo: Álvaro Cunqueiro, Feliciano Rolán, Arturo Cuadrado, os irmáns Dieste, Luís Seoane, Carlos Martínez-Barbeito, Suárez Picallo, Castelao. Pero, para o estudio dos poemas galegos, Blanco-Amor e, sobre todo, Ernesto Pérez Güerra. Este foi, sempre segundo Eduardo, o incitador decisivo da escritura dos poemas: «Ernesto fue el animador de Federico en años muy significativos de su vida (...). Para Federico fue este ser íntimo del que dependen tantas cosas, como lo fue después Rafael Rapún, muerto de un cañonazo. Son esas gentes de las que no se habla pero sin las cuales queda sin explicación la euforia creadora, los grandes momentos en que una sola persona es todo el público» 178 . Vexamos o terceiro factor: a tradición literaria galega. A xeración de Federico, segundo lle confesou R. Alberti a Blanco-Amor, lía os Cancioneiros, 176 Anderson, 1988, pp. 31-5. 177 Rodríguez Lence, 1933. 178 Carta a André Bellamich, 1981. Cito por Anderson, 1988, p. 123. 157

traron moitos poetas mozos na cerca da poesía, recibindo influencias mutuas,

como é o caso de Álvaro Cunqueiro, prendido tamén nas redes poéticas

lorquianas: «Canta o luar i o mencer/en frauta de verde olivo» 172 .

A lingua natural daquela experiencia poética lorquiana, na convivencia

con Galicia, tiña que ser o galego, para un poeta que chega ás raíces da

poesía desde a sinceridade, e van nacer os poemas. Cunqueiro avisa ós

lectores de El Pueblo Gallego: o cantor andaluz «ven a trovar a gaita de Ramón

de Sismundi» 173 . E Ánxel Fole, cando Lorca lles entrega o «Madrigal»,

pensaba que tamén outros poetas andaluces andan a compor poemas en

galego.

Álvaro de las Casas diría, anos máis tarde, de Federico:

«... Fue como un noble Gaiferos de Mormaltán –rey de

Aquitania– que quiso ofrendar a Santiago de Compostela y a Santa

Rosalía de Castro su devota emoción andaluza, a la que guiaban

voces ancestrales desde la profundidad del camino de

Jacobuslandia...» 174 .

Federico poetiza en galego, seguindo a tradición poética dos trobadores

medievais. Aínda que a poesía galega contaba no século XX coa figura ilustre

do catalán Carles Riba, será o poemario de Lorca o que influirá máis na

poesía alofónica de lingua galega, como afirma o profesor Alonso Montero:

«... fue Lorca quién, en mayor o menor medida, movió o incitó,

a otros autores no gallegos, a la utilización poética del idioma

gallego, dos de ellos, de cierta importancia, muy pronto: el

argentino Eduardo Jorge Bosco (1913-1948) y el jiennense Juan

Pérez Creus (1912)» 175 .

172

Cantiga nova que se chama riveira, Santiago de Compostela, 1933. Cito por Landeira

Yrago, 1986a, p. 126.

173

Ibíd., p. 126.

174

Antología de poetas gallegos, Álvaro de las Casas, Edit. Sopena Argentina, Buenos Aires,

1939, p. 218.

175

Vid. Alonso Montero, 1993, p. 128. Vid. tamén Poetas alófonos en lingua galega. Actos

do I Congreso, edición de Xesús Alonso Montero e Xosé M. Salgado, Ed. Galaxia, Vigo, 1994.

156

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!