lorca

lorca lorca

06.06.2015 Views

libro imprevisto, unha das formas numerosas do virtuosismo lorquiano, que chegaba ó «lingüístico» 169 . Non nos debe sorprender isto, cando en Galicia o mesmo Valle-Inclán non sabía comprender nin valorar estas poesías axeitadamente. Un día, que pasou pola imprenta de Ánxel Casal en Santiago e viu que o ilustre editor estaba corrixindo as probas dos Seis poemas galegos, fixo un comentario nada eloxioso sobre a incursión poética de Federico na literatura galega, censurando estas poesías co seu escepticismo (testemuño oral de Avelino Pousa Antelo, Santiago, abril de 1996). Pero non compartían a opinión de Valle-Inclán os mozos escritores galegos. Coñecían ben a xestación destas poesías e recibiron con balbordo partidario esta orixinal achega poética. Así, tan axiña como se viron liberados do duro traballo de propaganda e defensa do Estatuto de Autonomía, nas eleccións, prestaron unha especial atención ós Seis poemas galegos, con recensións críticas eloxiosas. O día 12 de xaneiro de 1936, en La Voz de Galicia, facíao Antón Villar Ponte, afirmando que estas poesías eran dignas do grande poeta que era García Lorca. Ánxel Fole, en «Lorca, poeta gallego» (El Pueblo Gallego, 1-2-1936), describía: «En Galicia ha pasado Lorca horas inolvidables y ha querido hacer perdurable constancia de ellas, escribiendo estos versos de ‘Seis poemas galegos’, tan sentidos y delicados, en la vieja lengua que ahora reverdece y vuelve a ser en sus mejores poetas, como en tiempos de Airas Nuñez (sic), gracia ingenua y exquisito artificio. Nunca agradeceremos bastante al alto poeta andaluz tan fino presente». O 26 de febreiro do mesmo ano, Roberto Blanco Torres (El País, 26-2- 1936), en «García Lorca en la poesía gallega: Seis poemas galegos», remataba así o seu comentario: «Agradecemos al poeta andaluz este regalo -triple regalo para los ojos, para los oídos y para el alma- de sus versos en la mañana primaveral de una Galicia que no quiere seguir muriéndose...». 169 Cito por Gibson, 1987, p. 413. 154

Por último, Augusto María Casas insistía na importancia que tiñan estes poemas para a literatura galega, nesta hora dun novo renacemento literario. A súa lectura pousaba, no seu corazón de escritor galego, unha doce alegría triunfal, de inefable sabor. Federico saboreara a poesía dos nosos trobadores e románticos e rendía un tributo cordial á Galicia de Rosalía de Castro: «... La publicación de este libro –gracias a “Nós”– justifica todo el júbilo esperanzado de los poetas gallegos contemporáneos. Quien no comprenda la importancia de este suceso literario es que no quiere ver ni oír...» (El Pueblo Gallego,8-5-1936) 170. 3.3.2. Federico, poeta alófono e trobador do Sur «A terra é a poesía. Nós somos, apenas, os poetas» Blanco-Amor 171 . Eduardo, a pesar de ser unha testemuña principal na explicación dos Seis poemas galegos, insiste en que as cousas da poesía ocorren sempre por medios máxicos. Nunca saberemos a explicación real dun texto poético e, polo tanto, tampouco destas poesías. Podemos, iso si, achegarnos a unha explicación do fenómeno poético, pero tendo sempre en conta o misterio radical de toda poesía. Na súa conferencia do Centro Galego de Buenos Aires de 1959 dicía que esta poesía de Federico non era un divertimento ou exercicio literario de préstamo. Dun chouto, o poeta andaluz colocárase na cerna da nosa poesía. E con «perturbadora naturalidade», sen sinais de esforzo, nin rodeiras de exercicio retórico. Eduardo, para explicalo, recorría a metáforas que empregou en máis dunha ocasión para falar da universalidade da nosa poesía: manto imperial e raíces infiltrantes da nosa lírica nas outras linguas peninsulares. García Lorca, despois de Poeta en Nueva York, está interesado pola poesía tradicional. E así penetra nesta tradición poética española por dúas vías: a poesía arábigo-andaluza (Diván del Tamarit) e a poesía dos Cancioneiros (Seis poemas galegos). Blanco-Amor afirmaba por aquelas datas que o noso clasicismo chamábase medievalismo e por esta cancela en- 170 Agradézolle a Antón Capelán Rey o terme facilitado copia documental dos derradeiros testemuños destes comentarios periodísticos. 171 «Recital Antolóxico da Lírica Galega», 24-07-1956, Centro Galego de Buenos Aires. Gravación facilitada por Alfonso V.-Monxardín. 155

libro imprevisto, unha das formas numerosas do virtuosismo lorquiano, que

chegaba ó «lingüístico» 169 .

Non nos debe sorprender isto, cando en Galicia o mesmo Valle-Inclán

non sabía comprender nin valorar estas poesías axeitadamente. Un día, que

pasou pola imprenta de Ánxel Casal en Santiago e viu que o ilustre editor

estaba corrixindo as probas dos Seis poemas galegos, fixo un comentario nada

eloxioso sobre a incursión poética de Federico na literatura galega,

censurando estas poesías co seu escepticismo (testemuño oral de Avelino

Pousa Antelo, Santiago, abril de 1996).

Pero non compartían a opinión de Valle-Inclán os mozos escritores

galegos. Coñecían ben a xestación destas poesías e recibiron con balbordo

partidario esta orixinal achega poética. Así, tan axiña como se viron liberados

do duro traballo de propaganda e defensa do Estatuto de Autonomía, nas

eleccións, prestaron unha especial atención ós Seis poemas galegos, con

recensións críticas eloxiosas.

O día 12 de xaneiro de 1936, en La Voz de Galicia, facíao Antón Villar

Ponte, afirmando que estas poesías eran dignas do grande poeta que era

García Lorca.

Ánxel Fole, en «Lorca, poeta gallego» (El Pueblo Gallego, 1-2-1936),

describía:

«En Galicia ha pasado Lorca horas inolvidables y ha querido

hacer perdurable constancia de ellas, escribiendo estos versos de

‘Seis poemas galegos’, tan sentidos y delicados, en la vieja lengua

que ahora reverdece y vuelve a ser en sus mejores poetas, como

en tiempos de Airas Nuñez (sic), gracia ingenua y exquisito artificio.

Nunca agradeceremos bastante al alto poeta andaluz tan fino

presente».

O 26 de febreiro do mesmo ano, Roberto Blanco Torres (El País, 26-2-

1936), en «García Lorca en la poesía gallega: Seis poemas galegos», remataba

así o seu comentario:

«Agradecemos al poeta andaluz este regalo -triple regalo para

los ojos, para los oídos y para el alma- de sus versos en la mañana

primaveral de una Galicia que no quiere seguir muriéndose...».

169

Cito por Gibson, 1987, p. 413.

154

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!