06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Blanco-Amor está de volta en Galicia, do 10-17 de setembro, e, despois

de pasar por Ourense e Vigo, será nestes días cando presumiblemente

compoña en Santiago á man con letra de caixa «Danza da lúa en Santiago»

164 . Tería que deixar Santiago precipitadamente, segundo vimos na carta

que lle envía a Lorca desde Logroño, de data 22-IX-35:

«...Tu libro lo dejé en marcha; y si no hubiera sido por este

asunto y por el proceso que me hizo dejar Santiago a los tres días

de llegar, ya estaría listo para fin de mes...».

Blanco-Amor encárgalle a Suárez Picallo 165 que leve a bo porto a publicación

do poemario galego de Lorca, que corrixa as probas de imprenta

con Ánxel Casal e supervise a impresión do texto.

Tivemos a ocasión de falar na Coruña, en setembro do 94, con Xerminal

Filgueira, admirador e amigo de Suárez Picallo en Buenos Aires, e deunos

outra noticia sorprendente: o escritor sadense cambiou dúas palabras da copia

en limpo de Blanco-Amor. Polo tanto, minusculamente, Suárez Picallo participaría

tamén, pola porta da amizade con Blanco-Amor, nos Seis poemas

galegos. Quede rexistrado este dato, como curiosidade editorial 166 .

O libro saíu editado, pois, e o 27 de decembro é a data de colofón dos

Seis poemas galegos, aínda que Eduardo afirma no seu artigo de Insula que

xa estaban preparados para saír do prelo en novembro.

O libro tería que levar, a modo de epílogo, unhas liñas do propio Federico,

pero este texto, posiblemente, nunca foi enviado por García Lorca a

Santiago.

164

Blanco-Amor, ás veces, é pouco exacto nas datas e nas citas. No seu artigo de 1959

para a rev. Insula sinala que compón os oito primeiros versos do poema «Cantiga do neno da

tenda» e na rev. Grial (Casares, 1973, p. 343) cita «Danza da lúa en Santiago». Pero, como vemos,

estas diverxencias ata son comprensibles, pasados tantos anos, e non afectan ó fondo da cuestión.

165

Temos falado e escrito, en varias ocasións, da relación destes dous amigos íntimos,

parella tan beneficiosa para a cultura de Galicia. A modo de exemplo, vid. «Presente, meu Capitán»,

Luís Pérez Rodríguez, Revista das Letras de El Correo Gallego, Santiago de Compostela, 1-1-

1993, pp. 12-3.

166

Se a noticia é interesante, non o é menos o personaxe de Xerminal Filgueira. Coñeciámolo

como integrante do Teatro Popular Galego, fundado por Blanco-Amor en Buenos Aires en 1957

(vid. Breve historia do teatro galego na Arxentina, Luís Pérez Rodríguez, Cadernos da Escola

dramática Galega, nº. 89, A Coruña, 1991), pero ignorabamos onde se atopaba na actualidade.

Pois ben, merecendo a cualificación de personaxe lorquiano, dirixe hoxe o Museo Duamn Ruca,

en Sierra Grande (Río Negro, Arxentina), onde saca os Cadernos Quimpen, coa súa correspondente

traducción ó galego, e nos que tenta rescatar a lingua dos Mapuches, isto é, a lingua Mapudungun,

de tradición aínda hoxe falada naquelas terras.

152

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!