06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

3.3. Federico García Lorca: Autor dos SEIS POEMAS GALEGOS

3.3.1. A publicación dos Seis poemas galegos na Editorial Nós

Blanco-Amor, cando regresa de América en 1933, axiña soubo que Federico

andaba a recrearse polas praias da poesía galega. Coñecía o «Madrigal»,

porque se publicara en El Pueblo Gallego. E sabía que García Lorca,

pletórico de proxectos literarios naqueles anos, andaba metido nun máis: o

de trobador da lingua dos Cancioneiros e de Rosalía. Esta fermosa nova

circulaba nos comentarios dos seus amigos galegos, mozos galeguistas, e

nos rumores da tertulia dos deputados e escritores galegos, a do café Regina

(Castelao, Suárez Picallo, R. Cabanillas...). E coñecía, sobre todo, pola súa

amizade daqueles anos co mozo Ernesto Pérez Güerra, onde estaban

aniñando: nas relación de Federico con Ernesto.

Cando García Lorca regresa de América en marzo de 1934, Eduardo

vaino agardar a Granada. Coñecía as declaracións que García Lorca lle fixera

ó periodista galego José Rodríguez Lence, no Correo de Galicia 155 de Buenos

Aires, nas que o poeta granadino se sentía poeta galego, e Eduardo vai

porfiar, ata conseguilo, que o seu amigo se incorpore á literatura galega,

con este fermoso pórtico poético.

Federico volve a Madrid e decide rematar o proceso de escritura dos

poemas con Pérez Güerra. Blanco-Amor, que está á espreita, presente que

este proxecto vai ser realidade. E el mesmo contribúe a difundir, a partir da

primavera de 1934, a boa nova entre os galeguistas, mentres se vai informando,

con máis pormenor, con Ernesto do «estado» da cuestión. Eduardo

pasa longas tempadas en Madrid en 1934: (2 de maio-24 de xuño; setembro-

34/xuño-35) e tería ocasión de falar con García Lorca moitas veces da necesaria

publicación dos poemas. Sabemos como era Eduardo, cando se propuña

algo, de insistente. Tamén coñecemos a resistencia que opuña Federico a

dar ó prelo as súas obras, así como a súa despreocupación por datar os

seus escritos. Corrixíaos, retocábaos e obstinábase en non publicalos,

contradicindo, deste xeito, a súa natural xenerosidade en recitar e compartir

a súa poesía 156 .

155

Vid. Rodríguez Lence, 1933.

156

Consultar en Mora Guarnido, 1958, distintos exemplos.

149

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!