06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Os Seis poemas galegos de Lorca contan con estudios excelentes de

especialistas lorquianos, que se irán citando oportunamente ó longo deste

ensaio e na bibliografía final. De entre eles, destacamos a José Landeira Yrago

nos seus libros Federico García Lorca y Galicia e Viaje al sueño del agua. El

misterio de los poemas gallegos de García Lorca (Ediciós do Castro, 1986);

tamén o seu estudio, compartido con Xosé Luís Franco Grande, «Cronología

gallega de Federico García Lorca y datos sincrónicos» (Grial nº. 45, xullosetembro,

1974, pp. 280-307) 4 . Por último, Andrew A. Anderson, na súa

edición crítica (Diván del Tamarit. Seis poemas galegos. Llanto por Ignacio

Sánchez Mejías, edic. crítica, Madrid, Editorial Espasa-Calpe, col. Clásicos

Castellanos, 1988), fai unha indagación textual e crítica deste intenso texto

poético, proporcionando unha información suficientemente clarificadora para

unha lectura correcta do mesmo. Xesús Alonso Montero achega tamén, nos

seus numerosos artigos, extensa e intensa indagación crítica.

A nosa perspectiva segue a liña blancoamoriana e tenta proporcionar

algúns testemuños seus, que no fondo consolidan, ó noso ver, unha liña de

coherencia que o autor mantivo desde as primeiras manifestacións sobre os

poemas, a pesar da contradicción que algúns críticos quixeron ver nas súas

numerosas declaracións só, ás veces, diverxentes en aspectos aparentes e

formais, pero non en cuestións de fondo. A este respecto, Xosé Landeira

Yrago centra o tema:

«El repentino fallecimiento de Blanco-Amor, en 1979, impide

y hace sospechosa, fuera del área de testimonios publicados en

Cando estaban nacendo estas reflexións críticas sobre os Seis poemas galegos, pensaba na

posibilidade de que puideran ser xustamente contestadas pola testemuña principal viva, isto é,

por E. Guerra da Cal. Desgraciadamente, xa non está con nós. Agardamos vivamente a súa

derradeira palabra sobre os poemas, pois na entrevista que mantivemos con el no seu apartamento

londinense, en 1992, confesounos que entregara a unha editorial inglesa un estudio crítico

sobre os mesmos, no que contaba a verdadeira historia, pero que tería que ser publicado

despois da súa morte.

De todas as maneiras, entendo que, no fundamental, xa debe estar case todo dito. Guerra

da Cal tivo a oportunidade de aclarar a cuestión en vida de Blanco-Amor, quen o incitou a facelo

en máis dunha ocasión cos seus comentarios sobre a súa participación. O seu estudio, moi importante,

por suposto, terá que servir para encaixar mellor e definitivamente, se achega algunha

novidade con soporte crítico suficiente, esta pluralidade de comentarios suscitados sobre os Seis

poemas galegos de F. García Lorca. Posiblemente, pensamos que é na peripecia da súa escritura,

bis a bis con Federico, onde el pode explicarnos, con máis pormenores, detalles do seu nacemento:

os impromtus dos que fala Blanco-Amor.

4

Cando estaban xa redactadas estas liñas, a prensa, eido no que el traballou achegando

intelixencia e erudición didáctica, anuncia a morte de Xosé Landeira Yrago. Neste traballo

deixaremos constancia do seu labor crítico nos Seis poemas galegos, indicando que, ó noso ver,

foi un dos que mellor entendeu a postura de Eduardo Blanco-Amor.

14

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!