06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

fondo latexar dos poemas de García Lorca que pensaba desvelar, para que

outros sentiran o que el sentía e eu mesmo, coñecedor moi temperán daquela

poesía que se fraguou case diría que ó meu lado, se isto non resultase

presuntuoso.

Coincidimos plenamente nas interpretacións e nas valoracións

daqueles poemas, nacidos na calor da súa estadía en Galicia, anque o seu

total desenvolvemento tivera lugar en Madrid, coas intervencións alleas que

Luís Pérez coñecía ou intuía e que a min mesmo me resultaban case novas

de todo, se ben nunca me abandonou a sospeita de que foran outras mans

as que se pousaran na esencia do lorquiano, mesmo no don da súa palabra

orixinal, aínda cuberta co manto doutro idioma que non era o seu, segundo

eu ben sabía, porque me constaba ata onde chegaba o seu dominio por

García Lorca e onde se detiña. Nunca puiden crer que aquel galego tan

perfecto fora obra exclusivamente súa. Escuso dicir que, ó que eu xa supuña

(sen afondar no delicado tema tan ligado ó da autoría total ou parcial daqueles

versos) viña a reforzar o meu punto de vista, meramente superficial, a

seguridade científica que emanaba das análises de Luís Pérez.

Insisto en que, non xa por criterios estrictamente científicos, con

frecuencia fríos e algunha vez demasiado terminantes e ata rebuscados, senón

pola sensibilidade do meu novo amigo, eu contaxiábame con facilidade das

súas razóns e adiviñacións.

Admirábame como a aridez da gramática e da lingüística, da que se

valía o profesor Pérez, coincidían co seu refinado gusto literario que

completaba as súas interpretacións.

Aquela tarde revolvemos a miña biblioteca e o meu arquivo e alí Luís

Pérez descubriu, guiado polas miñas indicacións, bastantes novidades e

sorpresas. Viu as cartas que me enviara Federico desde Madrid e que xa

publicara no seu boletín a Fundación Federico García Lorca, as dedicatorias

dos seus libros e doutros alleos que me facía chegar desde Madrid a Santiago,

como o facía con outros dos comúns amigos que o acolleramos e

coñeceramos en Galicia. Atopou tamén os debuxos naïf cos que adornaba

as páxinas que percorrerían en exposicións itinerantes as cidades principais

de Europa e América. Eu gardo eses que chamo tesouros, porque o son, co

maior celo. E, como non me gusta reservar para min só o seu gozo, téñollelos

facilitado a diferentes amigos, con destino ás súas publicacións. Polo tanto,

para Luís Pérez, que inclúe neste libro os autógrafos e debuxos de García

Lorca, uníase a contemplación da miña colección de libros, mapas, gravados,

acibeches e tutti quanti veu parar nas miñas mans de maníaco do

coleccionismo, sempre que tivesen que ver con Galicia; abrinos sempre para

11

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!