06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Desde que un bo día se presentou na miña casa un descoñecido, como

para min o era daquela Luís Pérez, á primeira ollada, no primeiro intercambio

de palabras, decateime que estaba diante dun investigador nato e

especialmente preparado para o empeño que o guiaba e que me manifestou

sumariamente e con claridade meridiana.

Tratábase de afondar nos Seis poemas galegos de Federico García Lorca.

O profesor Pérez sabía que se escondían algúns tesouros na miña biblioteca,

se se me permite denominalos así, ós que lles viña seguindo a pista. Tamén

desexaba oír o meu testemuño verbal que, como é natural, non lle neguei,

sobre o meu coñecemento da figura do poeta.

Hai xa moitos anos que eu publiquei en El Español, en 1945, o primeiro

artigo sobre García Lorca que non bateu coa censura, que daquela gobernaba

especialmente para temas comprometidos desde a perspectiva política de

entón. Teño que confesar que non as tiña todas comigo cando me atrevín a

abordar publicamente o tema do meu traballo que titulei: «García Lorca, poeta

gallego. Un viaje a Galicia del cantor de Andalucía» e que trataba sobre un

personaxe daquela maldito, a quen eu, se non estou errado, era o primeiro

que ousaba eloxiar sen retraemento en público.

Dábase, ademais, a particularidade de que o director daquela revista,

a quen eu dirixía tamén unha carta asociada ó meu texto, era, precisamente,

quen pasaba por ser o máis severo e intransixente censor da época. Aínda

hoxe non acerto a comprender como tentei aquilo. E, sen embargo, cando

menos o agardaba, Juan Aparicio, xustamente o máis temido gardián da

ortodoxia entón vixente e a quen eu non coñecía, respondía á miña carta

con outra franca e aberta na que se mostraba disposto a compracerme. E

así, ós poucos días, podía eu lelo, cunha mestura de asombro e orgullo,

ocupando toda unha páxina de El Español e só con algún leve engadido,

non significativo, ó título redactado por min. Agradecinllo moito e pensei

que, ás veces, o león non é tan fero como o pintan. Repito que foi moi grato

para min abrir, por primeira vez, a porta do reducto en que ata entón estaba

clausurada a figura proscrita daquel meu amigo glorioso: Federico García

Lorca.

Naturalmente, Luís Pérez non era precisamente un neófito en estudios

lorquianos. Sabía todo o que podía saberse e tíñao, coma min mesmo, na

máis alta estima. Non só era o aplicado profesional da investigación literaria

á que no comezo me referín.

Tan pronto como empezamos a falar de Federico García Lorca, vin

ás claras que ós seus dotes de intérprete de textos, con criterio estrictamente

profesional, unía unha grande sensibilidade para percibir o último e máis

10

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!