31.12.2014 Views

download?groupId=31603&folderId=2591194&fileName=bop.PONTEVEDRA.20141007.193

download?groupId=31603&folderId=2591194&fileName=bop.PONTEVEDRA.20141007.193

download?groupId=31603&folderId=2591194&fileName=bop.PONTEVEDRA.20141007.193

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Núm. 193 Martes 7 de outubro de 2014 Páx. 9

5. PRAZO E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

As axudas que se contemplan nesta convocatoria poderanse solicitar a partir do día seguinte ó da

súa publicación no BOPPO e durante 30 días naturais.

As solicitudes irán dirixidas ó presidente da Deputación e presentaranse no Rexistro xeral da

institución provincial, ou no da súa sede de Vigo, ou a través de calquera das formas previstas no artigo

38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

Malia o anterior, ó longo do exercicio orzamentario poderanse presentar solicitudes que, por

circunstancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais xustificadas adecuadamente e por

escrito, non puideran presentarse no prazo sinalado no parágrafo anterior. Estas solicitudes, logo de que

a xefa do Servizo de Medio Ambiente emita un informe sobre a existencia das causas que dan lugar á

súa presentación fóra de prazo, tramitaranse de acordo con estas bases, agás o cumprimento dos prazos

e sempre e cando exista consignación orzamentaria. Neste sentido, o organismo provincial poderá

reservar ata un 20 % do crédito total para a súa concesión directa, como se establece na base 25.3 das

Bases de execución do vixente orzamento provincial.

6. VALORACIÓN DAS SOLICITUDES

A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva e avaliaranse por

unha Comisión de valoración que atenderá, para a súa adxudicación individualizada, ós seguintes

criterios:

— Número de socios da cooperativa (ata 15 puntos)

— Volume de facturación e marxe de beneficios da cooperativa (ata 15 puntos)

— Adecuación dos investimentos ó interese provincial (ata 10 puntos)

— Creación de postos de traballo derivados da axuda solicitada (ata 10 puntos)

7. RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á xefa do Servizo de Medio

Ambiente, que realizará de oficio todas as actuacións que estime necesarias para a determinación, o

coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución,

de conformidade co previsto no artigo 24 da Lei 38/2003, de 17 de novembro.

A Comisión de valoración avaliará, conforme ós criterios indicados no apartado anterior, cada unha

das solicitudes. Esta comisión estará composta da seguinte maneira:

— Presidente: o presidente da Comisión de desenvolvemento agrogandeiro ou

o deputado en quen delegue

— Vogais: dous técnicos do Servizo de Medio Ambiente e un técnico do Servizo de Intervención

— Secretario: un funcionario do Servizo de Medio Ambiente, sen dereito a voto

A comisión poderá:

— acadar todos os informes que estime necesarios para resolver

— emitir un informe respecto das solicitudes de subvención

A proposta de concesión das axudas someterase ó ditame da Comisión informativa de

desenvolvemento agrogandeiro.

Finalmente, a proposta de resolución elevarase para a súa aprobación definitiva ó órgano competente

segundo o disposto nas Bases de execución do orzamento provincial deste ano e á lexislación vixente.

Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte ó remate do prazo para presentar a solicitude, sen

que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

www.bop.depo.es u bop@depo.es u Dep. Legal: PO 1-1958

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!