10.05.2013 Views

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

2.2. Guerra da Cal e Blanco-Amor

Eduardo chega a Vigo o 28 de marzo de 193361 e, despois dun emocionado

reencontro con súa nai enferma62 e dunha inmersión na súa Auria e

no ambiente dos mozos galeguistas, entregados á tarefa do Estatuto de Autonomía63

, bota en Madrid todo o mes de maio. A capital de España marcaba

o termómetro da actividade política e cultural do momento e el, como

correspondente de La Nación, debía explicar ós lectores do rotativo arxentino

as grandes transformacións que estaban a ocorrer en España.

Blanco-Amor é asiduo do café Regina, onde acoden os deputados

galeguistas, entre eles o seu amigo Suárez Picallo, e un día de primeiros de

maio Ramón Cabanillas preséntalle ó mozo Ernesto Pérez Güerra64 . A ocasión

é propicia para conectar con García Lorca, pois o seu amigo Suárez

Picallo teríao ben informado desta relación e, de inmediato, pídelle a Ernesto

que lle facilite un encontro con Federico.

Blanco-Amor describirá a aquel Ernesto, moitos anos despois, como:

«... un rapaz ledo, belido, loiro, apaixoado, como ún supón

que terían que ser os arcanxos rebeldes, cando eran rapaces...» 65 .

Pero vexamos tamén algunhas das autodefinicións que Guerra da Cal

dá a si mesmo, nas cartas a Blanco-Amor, anos despois daquel encontro:

«... aquí estoy. El mismo ser extravagante, desatento y jodido

que tú conociste y que también te sigue queriendo...» 66 ; «... de aquel

61 Blanco-Amor partiu de Buenos Aires o 9 de marzo de 1933, no Highland Princess, e

chegou a Vigo o 28. Desde este mesmo porto regresaría á capital federal no Massilia o 6 de

novembro de 1935, onde arribaría o día 20 do mesmo mes. A axenda de Blanco-Amor describiu,

día a día, esta estadía en España, feito que nos permite constatar con máis exactitude, entre outras

cousas, os posibles encontros con García Lorca.

62 Súa nai, Aurora Amor, morrerá o 12 de xuño. Eduardo, que está en Madrid (1-31 de

maio), terá que volver precipitadamente, por esta razón, a Ourense.

63 Do 13 ó 30 de abril percorre A Coruña, Lugo, Santiago e Pontevedra.

Landeira Yrago anota unha destas reunión cos galeguistas Francisco Fernández del Riego,

Suárez Picallo, Carlos Maside e Luís Seoane o 2 de abril de 1933 (vid. Landeira Yrago, 1986a, p.

116). De ser certa esta cita, trasladouse desde Ourense.

64 As referencias para este encontro, como a presentación de García Lorca a Blanco-Amor,

están sacados da miña entrevista con Guerra da Cal, mantida o 4 de agosto de 1992, no seu

apartamento de Londres.

65 Casares, 1973, p. 342.

66 Carta de Guerra da Cal a Blanco-Amor, 20 de agosto de 1940, New York City, Arquivo

da Biblioteca Blanco-Amor, Deputación Provincial de Ourense.

87

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!