seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
10.05.2013 Views

«... un chico... con un aspecto de mozalbete un poco cínico y un poco impertinente... pero de una simpatía no exenta de inteligencia» 55 . Ernesto deixábase acompañar polo tamén galego Serafín Ferro, e Lorca escoitounos moitas veces falar en galego 56 . Guerra da Cal recorda a Federico como un personaxe que pertencía xa á lenda, aínda estando vivo 57 . Defíneo como unha presencia conquistadora, que proxectaba no seu redor unha atmósfera máxica. De espírito lúdico, con ese «tremendo riso moreno» con que o vira V. Aleixandre, era un home do grande teatro do mundo, que precisaba sempre do seu público. Pero a descrición de Guerra da Cal, fondo coñecedor do seu amigo, penetra certeiramente tamén no interior do poeta: «... Ora bem, esse homo lucidus, esse fornecedor de alegria, tinha enormes reservas de angustiada tristeza e de terrores irracionais. A vertente sombria do seu carácter se mostrava em rajadas: repentinos silêncios inesperados nos que o relâmpago negro dos seus olhos parecia apagar-se, e todo ele tornar-se vago, ausente remoto. Eram, porém, evasões momentãneas da sua circuntancia, das que regressava com renovado ímpeto de extroversão, de entrega à alegria do instante, da re-imersão no seu forte impulso de convivialidade. Julgo que de facto Lorca era sociável de vontade e solitário de natureza –mas un solitário que não podia aturar a solidão–...» 58 . Son momentos de exaltación política e cultural e os dous amigos navegan neste mesmo entusiasmo republicano. Lorca identifícase co proxecto cultural da República e vai nacer unha das grandes aventuras da súa vida: 55 Cito por Gibson, 1987, p. 178. Na casa de Morla reuníanse tamén outros galegos, como o capitán Iglesias, Serafín Ferro, Eugenio Montes. Ver Morla Lynch. 56 Vid. Guerra da Cal, 1985a. Este poeta galego, nado na Coruña en 1912, deixou algunhas poesías en publicacións soltas (ver «Nouturnio de Lembranza», dedicada a Juan Gil Albert, Nova Galiza, nº. 18, xuño-xullo, 1938, p. 7, Barcelona). Participou no filme republicano Sierra de Teruel, de André Malraux, e morrería no exilio en México. Ricardo Palmás suxire a importancia de estudiar máis a fondo a relación deste galego cos poetas da Xeración do 27, en especial con García Lorca e Cernuda (Carta desde Lisboa, 19-1- 1996). 57 Ver Guerra da Cal, 1986. 58 Ibíd., p. 19. 80

La Barraca, prolongando a onda beneficiosa das Misiones Pedagógicas e tendo o apoio tamén da Federación universitaria Escolar (F.U.E). A relación de Federico con Manuel Azaña (moi amigo de Margarita Xirgu e cuñado de Cipriano Rivas Cherif) e a amizade con Fernando de los Ríos propician que o mozo Ernesto estea ben informado tanto política como culturalmente. Elsie, no estudio citado, acláranos que Guerra da Cal asiste ó nacemento e organización deste teatro ambulante universitario de La Barraca, pero sen pertencer a el. Onde si se integra activamente é no Grupo Teatral Anfistora, que o poeta dirixía con Pura Maórtua de Ucelay59 . Na representación de La zapatera prodigiosa, Ernesto representaría o papel do Mozo de la faja, como me confesou na conversa que tiven con el en Londres no verán de 1992. As relacións dos dous amigos desde 1931 ata os primeiros meses de 1935, que veñen a coincidir co pórtico temporal dos poemas galegos, foron intensas, como indica Blanco-Amor. Asisten regularmente á tertulia literaria que Pablo Neruda organiza no seu apartamento da Casa de las Flores, por onde pasan tamén escritores hispanoamericanos, como Nicolás Guillén. Frecuentan La Ballena Alegre, nos baixos do café Lyon, e, implantada a República, Ernesto e Serafín Ferro levan ó seu amigo granadino con frecuencia á tertulia dos galeguistas no café Regina. Lorca ten a ocasión de coñecer alí a Otero Pedrayo, Castelao, Suárez Picallo, Antón Vilar Ponte (representantes galegos no Parlamento republicano) e a Ramón Cabanillas. O pan dos poemas tamén levedará nesta tertulia e Lorca, aberto sempre a novas realidades poéticas, recadará sustancia poética e literaria para os seus poemas galegos. Elsie Allen da Cal60 describe a viaxe de Ernesto, no verán de 1932, pola costa atlántica de Galicia, contemplando, unha vez máis, as rías ferrolás. Acode a Santiago, ás festas do Apóstolo, para celebrar o Día da Patria Galega, onde asiste –seguindo a Elsie– á reunión de Galeuzca, contactando cos novos valores galegos: Álvaro Cunqueiro, Álvaro de las Casas, R. Carballo Calero, Arturo Cuadrado. Temos que pensar que pasaría por Lugo, para visitar ó grupo galeguista lucense, co que convivira xa en 1930: Luís Pimentel, Ánxel Fole, Evaristo Correa Calderón, Arturo Souto. Non temos constancia de que se atopara con García Lorca, que visitaba Galicia tamén neste verán (maio e agosto), pero non perdamos de vista que será a este grupo de amigos lucenses de Ernesto ó que o poeta granadino fará entrega do primeiro dos seus poemas, «Madrigal â cibdá de Santiago», en novembro de 1932. 1936. 59 60 García Lorca presentaríalle a Pura Maórtua e á súa filla Margarita, coa que casaría en Op. cit., p. 33. 81

La Barraca, prolongando a onda beneficiosa das Misiones Pedagógicas e

tendo o apoio tamén da Federación universitaria Escolar (F.U.E). A relación

de Federico con Manuel Azaña (moi amigo de Margarita Xirgu e cuñado de

Cipriano Rivas Cherif) e a amizade con Fernando de los Ríos propician que

o mozo Ernesto estea ben informado tanto política como culturalmente. Elsie,

no estudio citado, acláranos que Guerra da Cal asiste ó nacemento e organización

deste teatro ambulante universitario de La Barraca, pero sen

pertencer a el. Onde si se integra activamente é no Grupo Teatral Anfistora,

que o poeta dirixía con Pura Maórtua de Ucelay59 . Na representación de La

zapatera prodigiosa, Ernesto representaría o papel do Mozo de la faja, como

me confesou na conversa que tiven con el en Londres no verán de 1992.

As relacións dos dous amigos desde 1931 ata os primeiros meses de

1935, que veñen a coincidir co pórtico temporal dos poemas galegos, foron

intensas, como indica Blanco-Amor. Asisten regularmente á tertulia literaria

que Pablo Neruda organiza no seu apartamento da Casa de las Flores, por

onde pasan tamén escritores hispanoamericanos, como Nicolás Guillén.

Frecuentan La Ballena Alegre, nos baixos do café Lyon, e, implantada a República,

Ernesto e Serafín Ferro levan ó seu amigo granadino con frecuencia

á tertulia dos galeguistas no café Regina. Lorca ten a ocasión de coñecer

alí a Otero Pedrayo, Castelao, Suárez Picallo, Antón Vilar Ponte (representantes

galegos no Parlamento republicano) e a Ramón Cabanillas. O pan

dos poemas tamén levedará nesta tertulia e Lorca, aberto sempre a novas

realidades poéticas, recadará sustancia poética e literaria para os seus poemas

galegos.

Elsie Allen da Cal60 describe a viaxe de Ernesto, no verán de 1932, pola

costa atlántica de Galicia, contemplando, unha vez máis, as rías ferrolás.

Acode a Santiago, ás festas do Apóstolo, para celebrar o Día da Patria Galega,

onde asiste –seguindo a Elsie– á reunión de Galeuzca, contactando cos novos

valores galegos: Álvaro Cunqueiro, Álvaro de las Casas, R. Carballo Calero,

Arturo Cuadrado. Temos que pensar que pasaría por Lugo, para visitar ó

grupo galeguista lucense, co que convivira xa en 1930: Luís Pimentel, Ánxel

Fole, Evaristo Correa Calderón, Arturo Souto. Non temos constancia de que

se atopara con García Lorca, que visitaba Galicia tamén neste verán (maio

e agosto), pero non perdamos de vista que será a este grupo de amigos

lucenses de Ernesto ó que o poeta granadino fará entrega do primeiro dos

seus poemas, «Madrigal â cibdá de Santiago», en novembro de 1932.

1936.

59

60

García Lorca presentaríalle a Pura Maórtua e á súa filla Margarita, coa que casaría en

Op. cit., p. 33.

81

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!