seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
10.05.2013 Views

Chegou o día sinalado e puxémonos a escoitar a música dos Seis poemas galegos, devoltos á lira musical, como dixo na presentación do acto o Presidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Filgueira Valverde. O Recital musical tiña o sabor dunha afectuosa homenaxe ó mestre compositor, pero tamén era un recordo entrañable para o autor dos poemas, quen, como sabemos, compracíase sorprendendo ós amigos tocando ó piano pezas musicais do noso folclore popular. E non defraudou as expectativas: resultou magnífico, contribuíndo ó seu éxito a nova e prometedora voz da soprano Marta de Castro. A obra de García Lorca, fonte de inspiración para os músicos pola fibra dramática que sacode toda a súa obra, contaba cunha achega orixinal máis, a do mestre Isidro. Falamos como simple afeccionado e non como entendido musical, pero pareceunos unha interpretación magnífica. Soubo captar e sintonizar o mundo lorquiano, que se move, en transicións abruptas, ás veces non sen misterio, entre o plano poético e o dramático. Os Seis poemas galegos era unha tea de temas diferentes, unida por un fío invisible de metáfora totalizadora de raíz amorosa, pero o mestre soubo interpretar para o auditorio esa riqueza de color e complexidade anímica do poeta granadino. Regresou a Mar del Plata e todos tiñamos a esperanza de velo pronto outra vez en Compostela, pero o seu xeneroso corazón deixou de latexar o 29 de maio de 1996. Como diría Machado, fóisenos lixeiro de equipaxe, como os bos fillos do mar, por esa auga marpratense, sobre a que se esparexeron as súas cinzas, que chega a Galicia. A nova da súa morte sorprendeunos a cantos o coñeciamos e apreciamos. Mentres os periódicos riopratenses e galegos referían a noticia, a súa dona Blanca escribíame: «... Fue un hombre irreprochable, siempre amable, fino, cariñoso, buen amigo, atento, encantador y siempre pensando en volver a su querida España, con el secreto deseo de que su Macías se representase en ésa y esa es mi pena... 282 ». Con cordialidade comunicativa, foi un defensor da tradición hispana en América, que soubo transmitir ós seus alumnos, como docente e compositor. Artista sempre atento ó desenvolvemento da cultura do exilio español en América, participou de xeito entusiasta e desinteresado en moitos proxectos, compondo música para a poesía castelá (romances, Garcilaso de 282 Carta do 13 de xuño de 1996. 360

la Vega, Luis de Góngora, Antonio Machado, Juan Ramón Jiménez, Pedro Salinas, Luis Cernuda, Rafael Alberti, Vicente Aleixandre, Blas de Otero) e para proxectos teatrais (Alberti, Margarita Xirgu, Valle-Inclán –en Romance de lobos, con ambientación musical dos Coros galegos de Buenos Aires– e cine, como xa dixemos; lembremos as Sonatas de Estío e Otoño de Valle, dirixidas por J. A. Bardem). O Instituto Cultural Argentino de Música Hispánica Manuel de Falla así llo recoñecía, ó outorgarlle, no outono de 1995 e co auspicio da Oficina Cultural da Embaixada de España en Buenos Aires, o Premio Manuel de Falla 1995, á traxectoria musical española, no apartado de compositor. Os emigrantes galegos recordarano, sen dúbida, como director das súas corais, desde as que coñeceu a Castelao, como el mesmo me confesou, pois o rianxeiro tiña en grande estima esta manifestación musical. De ter existido un cine galego, aquí teriamos un excelente compositor, quedando os seus primeiros empeños tan só nalgunha colaboración con Xosé Suárez. Maior mérito ten a súa música, para canto e piano, sobre textos da nosa poesía: Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro... Non quixeramos rematar este apartado sen dicir algo máis sobre o seu Macías. É unha páxina musical lírica e figurativa de Galicia, que interpreta ás súas xentes: costumes, lingua, crenzas, sentimentos. E escolleu para iso a un xograr galego do século XIV, que inspirou a poetas como Juan de Mena, Marqués de Santillana, Lope de Vega ou Mariano José de Larra. Personaxe que viviu intensamente o amor e a morte, tema central tamén na obra de García Lorca. O pobo galego adquire un lugar protagónico nesta cantata. Catro coros evocan a ausencia de Macías, con temas das catro estacións e música popular galega: - A primavera, con cantos de Maio. - O verán, con cantos de sega. - O outono, con cantigas de espadela. - O inverno, con cantos de Nadal. A obra está tamén estructurada en tempos musicais moi ben definidos. Ábrese desenvolvendo un motivo básico: saudade e amor. Segue un tempo tírico -o amencer-, outro dramático -o mediodía-, o tempo tráxico -o solpor-, rematando cunha coda e pranto: o triunfo do amor. Sobre un texto barroquizante de Otero Pedrayo, fortemente suxestivo, Maiztegui Pereiro establece unha alianza entre os niveis literario, figurativo e musical, coa axuda dos Coros, que van beber nas fontes da auga sempre 361

la Vega, Luis de Góngora, Antonio Machado, Juan Ramón Jiménez, Pedro

Salinas, Luis Cernuda, Rafael Alberti, Vicente Aleixandre, Blas de Otero) e

para proxectos teatrais (Alberti, Margarita Xirgu, Valle-Inclán –en Romance

de lobos, con ambientación musical dos Coros galegos de Buenos Aires– e

cine, como xa dixemos; lembremos as Sonatas de Estío e Otoño de Valle,

dirixidas por J. A. Bardem).

O Instituto Cultural Argentino de Música Hispánica Manuel de Falla así

llo recoñecía, ó outorgarlle, no outono de 1995 e co auspicio da Oficina

Cultural da Embaixada de España en Buenos Aires, o Premio Manuel de Falla

1995, á traxectoria musical española, no apartado de compositor.

Os emigrantes galegos recordarano, sen dúbida, como director das súas

corais, desde as que coñeceu a Castelao, como el mesmo me confesou, pois

o rianxeiro tiña en grande estima esta manifestación musical.

De ter existido un cine galego, aquí teriamos un excelente compositor,

quedando os seus primeiros empeños tan só nalgunha colaboración con

Xosé Suárez. Maior mérito ten a súa música, para canto e piano, sobre textos

da nosa poesía: Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro...

Non quixeramos rematar este apartado sen dicir algo máis sobre o seu

Macías. É unha páxina musical lírica e figurativa de Galicia, que interpreta

ás súas xentes: costumes, lingua, crenzas, sentimentos. E escolleu para iso

a un xograr galego do século XIV, que inspirou a poetas como Juan de Mena,

Marqués de Santillana, Lope de Vega ou Mariano José de Larra. Personaxe

que viviu intensamente o amor e a morte, tema central tamén na obra de

García Lorca.

O pobo galego adquire un lugar protagónico nesta cantata. Catro coros

evocan a ausencia de Macías, con temas das catro estacións e música popular

galega:

- A primavera, con cantos de Maio.

- O verán, con cantos de sega.

- O outono, con cantigas de espadela.

- O inverno, con cantos de Nadal.

A obra está tamén estructurada en tempos musicais moi ben definidos.

Ábrese desenvolvendo un motivo básico: saudade e amor. Segue un tempo

tírico -o amencer-, outro dramático -o mediodía-, o tempo tráxico -o solpor-,

rematando cunha coda e pranto: o triunfo do amor.

Sobre un texto barroquizante de Otero Pedrayo, fortemente suxestivo,

Maiztegui Pereiro establece unha alianza entre os niveis literario, figurativo

e musical, coa axuda dos Coros, que van beber nas fontes da auga sempre

361

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!