10.05.2013 Views

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

valente, de reivindicación da memoria do amigo morto por ferro irado,

naquela España de censura e penuria intelectual 14 . Evoca a figura de García

Lorca, polas rúas de Santiago, naquela primavera de 1932, rodeado por un

tropel xuvenil de universitarios e artistas, destinados a soster brillantemente

a cultura galega de posguerra, vestido de pano claro e gravata vermella,

con aire de poeta en Nova York. Os Arturo Cuadrado (co seu cuartel literario

na rúa Calderería), Luís Manteiga e Francisco Lamas (protagonistas da

entrega do seu primeiro poema «Madrigal â cibdá de Santiago»), F. Fernández

del Riego, R. Carballo Calero, Ánxel Fole, Luís Tobío, Luís Seoane e Carlos

Maside, Eiroa, o profesor e poeta Feliciano Rolán.

Cativador e cordial, balbordo de vida e poesía, fala incesantemente da

alma lírica de Galicia e das súas relacións co reino de Granada, anunciándolles

unha homenaxe nacional a Rosalía de Castro. Carlos Martínez-Barbeito recolle

algúns instantes desta viaxe, literaria e humanamente intensos. O pasmo

diante da Catedral, afirmándose entre a neboeira nocturna; a Quintana,

acolledora e íntima, á que Lorca bautizou co nome de praza-butaca e serviu

de espacio poético ó seu poema «Danza da lúa en Santiago»; a Colexiata de

Santa María a Real do Sar e o seu claustro, coas súas sombras pétreas de

monxes e abades; a ofrenda floral a Rosalía 15 e o momento no que lle dedica,

no Café Suizo, os seus libros Canciones e Romancero gitano, con sinatura

e debuxos esparexidos por entre as súas páxinas, forma que tiña Federico

de alongar indefinidamente o seu afecto na presencia e memoria dos seus

amigos 16 ; pero, sobre todo, a escena no hotel Compostela, sentado ó piano,

tocando, cantando, recitando, representando, rindo. O coro de amigos,

14 Ver Martínez-Barbeito, 1945 e Martínez-Barbeito, 1988.

15 Aínda que El Eco de Santiago afirma que, o día 11, Federico depositou un ramo de

flores na tumba de Rosalía de Castro, acompañado por membros do Comité de Cooperación

Intelectual de Santiago, Carlos Martínez-Barbeito afirma, no seu artigo citado, e reafirmoumo na

miña entrevista, que, de certo, só o acompañou el, naquela mañá, describíndome en detalle este

suceso: Federico manifestoulle o seu desexo de homenaxear á Cantora do Sar e xuntos acudiron

ó pavillón da Ferradura, onde o xardineiro municipal lles preparou amablemente un ramo de

flores variadas, que ofreceron a Rosalía (o autor coruñés lembra aínda vivamente como ripou

unha camelia daquel ramo e a gardou nalgún libro da súa biblioteca, para que secara e desprendera

o seu arrecendo para sempre).

Queda constancia nas crónicas periodísticas que cobren a estadía de García Lorca en Santiago

e nos testemuños de Carlos Martínez-Barbeito e Blanco-Amor a promesa do poeta granadino

de volver a Compostela, alá polo 25 de xullo, día da Patria Galega, para unha homenaxe

universal a Rosalía de Castro, na que participarían tamén Azorín, Ortega y Gasset, Unamuno,

Díez-Canedo, pero sen «diputados ni políticos de relumbrón». Homenaxe que, como sabemos,

non chegaría a celebrarse.

16 Conversa mantida con Carlos Martínez-Barbeito o día 11 de agosto de 1995, na súa casa

de Juana de Vega da Coruña.

22

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!