seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
10.05.2013 Views

Comecemos pola mesma disposición dos poemas. Tal como foron publicados, a súa orde non me parece caprichosa. Foran ordenados polo seu autor ou polo seu editor, posiblemente co consentimento de García Lorca, o feito é que constitúen un poemario unitario. Vexamos. Péchano e ábreno dous poemas de evidente lectura amorosa: «Madrigal â cibdá de Santiago» e «Danza da lúa en Santiago». Os dous poemas centrais, con claras referencias lingüísticas e conceptuais a Ernesto, son tamén amorosos: «Cantiga do neno da tenda» e «Noiturnio do adoescente morto». E arroupando a estes dous últimos, dous poemas simbólicos da nosa tradición: «Romaxe de nosa Señora da Barca» e «Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta». O poeta popular andaluz reenche o poema «Madrigal» con elementos identificadores da paisaxe compostelá (choiva, noite escura, rúa, as herbas), diríxese ó meu doce amor, pero con símbolos lorquianos: o ar, a lúa, a auga, a soma e a cinza. Seguindo a Ángel Sahuquillo, podemos apreciar as connotacións oníricas da lúa e a auga co inconsciente e a sexualidade. A lúa como símbolo de plurivalencia semántica, como algo atractivo e perigoso, que pode atoparse tanto dentro, como fóra das persoas. 258 De novo, é a lúa, personificada nun galán (Ernesto), a protagonista de «Danza». Dixemos que era un símbolo atractivo, pero tamén perigoso na arte lunar de Fedrico. O ritmo de baile frenético e o diálogo nai-filla tenta romper o feitizo da lúa, mentres a cantiga resoa na Quintana dos mortos. Os símbolos volven a ser intensos e reiterativos. O ar do ceo, que non é ar, senón que é lúa, transfigura á nai en brancura. A lúa, en relación co inconsciente colectivo, representa con frecuencia o eros. As somas (o desexo, o escuro) contrasta coa luz (a vida), nunha figuración cultural do permitido e do prohibido. O sono, os soños viven tamén no espírito de quen os crea, diante de seren traducidos a linguaxe verbal; é producto do desexo, pero tamén da censura que representa a realidade; por último, fixémonos que a expresión a flor d’ouro pode estar referida na poesía de Federico á vivencia e problemas do amor homosexual e así é expresado noutros textos poéticos do autor. No segundo bloque, pasamos a analizar o «Noiturnio» e a «Cantiga». En «Noiturnio» xa dixemos como parece ser que Lorca parte dun espisodio real. Pero o que importa aquí, unha vez máis, é que un feito real 258 Vid. Luís Pérez Rodríguez, «Carlos Martínez-Barbeito e a súa amizade con Federico García Lorca», A Nosa Terra, 14 de agosto de 1997, p. 27. 208

se transmuta en imaxes poéticas. Federico poetiza o río Sil, río escenario da infancia de Ernesto, ó que García Lorca chamaba Ernesto do Sil, segundo me confesou na miña entrevista. De novo, parte dunha materia preexistente (Federico recorrera as ribeiras do Sil), pero o poeta precisaba unha inspiración para plasmar a súa experiencia poética e atópaa no río de Ernesto. O poeta convoca ós mozos loiros do monte e do val e a escura xente do cume e do val, para estar presentes na traxedia. O poema describe esa traxedia, pero está prateado por esa sombra-luz, que nace do subconsciente do poeta, e pode personificar a morte do amor adolescente. Os símbolos lorquianos son evidentes. A auga, a lúa (coa súa presencia malévola); as camelias de soma pódennos lembrar a morte, pero tamén poden significar un símbolo floral no amor homosexual; bois de ágoa, os albres do Sil sobre a verde lúa son motivos reiterativos que adquiren sentido, entendendo estes poemas coma un pórtico amoroso. García Lorca viaxa a Buenos Aires e de aí vai sacar a materia para o poema «Cantiga do neno»: o «tempo» dos poemas aínda non estaba rematado. O poeta, maxistral e intuitivamente, capta o mundo do emigrante, perdido na grande urbe de Buenos Aires. E aí queda poetizado para sempre Ramón de Sismundi, sentindo a muiñeira d’ágoa, e indo bater co bermello muro de lama. O poeta, na dorna amorosa dos poemas, séntese emigrante galego, porque, non o dubidamos, este poema está dedicado a Ernesto, o Ramón de Sismundi. Guerra da Cal díxonos, na nosa conversa de Londres, que foi el quen lle proporcionou o topónimo Sismundi e que o animou a tratar o tema da emigración, como un grande tema galego259 . As raíces das metáforas lorquianas toman zume no subconsciente do poeta, para ser libres na expresión poética. E volven saír os mesmos símbolos, con claras connotacións oníricas: a lúa, coa súa multivalencia semántica, xogando coas sombras que proxecta o aparente real, a auga (coñecido símbolo erótico), o cabalo (forza vital, en clara relación co home), as ás (lembremos que Zeus se converteu nun ser alado -Aguia- cando se namorou do mozo Ganimedes e, voando, levouno para o Olimpo). Neste terceiro e final bloque imos referirnos a «Romaxe» e «Canzón». Estes dous poemas, aparentemente, quedarían fóra dun poemario amoroso. Pero, vistos cun sentido unitario, forman tamén parte da arquitectura 259 Tamén nos confesou outros detalles daquela colaboración lingüística: por exemplo, García Lorca empregou o castelanismo sauce, na vez de «salgueiro», que lle ofrecía Ernesto, porque non lle gustaba esta última palabra. 209

Comecemos pola mesma disposición dos poemas. Tal como foron publicados,

a súa orde non me parece caprichosa. Foran ordenados polo seu

autor ou polo seu editor, posiblemente co consentimento de García Lorca,

o feito é que constitúen un poemario unitario.

Vexamos. Péchano e ábreno dous poemas de evidente lectura amorosa:

«Madrigal â cibdá de Santiago» e «Danza da lúa en Santiago». Os dous

poemas centrais, con claras referencias lingüísticas e conceptuais a Ernesto,

son tamén amorosos: «Cantiga do neno da tenda» e «Noiturnio do adoescente

morto». E arroupando a estes dous últimos, dous poemas simbólicos da nosa

tradición: «Romaxe de nosa Señora da Barca» e «Canzón de cuna pra Rosalía

Castro, morta».

O poeta popular andaluz reenche o poema «Madrigal» con elementos

identificadores da paisaxe compostelá (choiva, noite escura, rúa, as herbas),

diríxese ó meu doce amor, pero con símbolos lorquianos: o ar, a lúa, a auga,

a soma e a cinza. Seguindo a Ángel Sahuquillo, podemos apreciar as

connotacións oníricas da lúa e a auga co inconsciente e a sexualidade. A

lúa como símbolo de plurivalencia semántica, como algo atractivo e perigoso,

que pode atoparse tanto dentro, como fóra das persoas. 258

De novo, é a lúa, personificada nun galán (Ernesto), a protagonista de

«Danza». Dixemos que era un símbolo atractivo, pero tamén perigoso na

arte lunar de Fedrico. O ritmo de baile frenético e o diálogo nai-filla tenta

romper o feitizo da lúa, mentres a cantiga resoa na Quintana dos mortos.

Os símbolos volven a ser intensos e reiterativos. O ar do ceo, que non é ar,

senón que é lúa, transfigura á nai en brancura. A lúa, en relación co inconsciente

colectivo, representa con frecuencia o eros. As somas (o desexo, o

escuro) contrasta coa luz (a vida), nunha figuración cultural do permitido e

do prohibido. O sono, os soños viven tamén no espírito de quen os crea,

diante de seren traducidos a linguaxe verbal; é producto do desexo, pero

tamén da censura que representa a realidade; por último, fixémonos que a

expresión a flor d’ouro pode estar referida na poesía de Federico á vivencia

e problemas do amor homosexual e así é expresado noutros textos poéticos

do autor.

No segundo bloque, pasamos a analizar o «Noiturnio» e a «Cantiga».

En «Noiturnio» xa dixemos como parece ser que Lorca parte dun

espisodio real. Pero o que importa aquí, unha vez máis, é que un feito real

258 Vid. Luís Pérez Rodríguez, «Carlos Martínez-Barbeito e a súa amizade con Federico García

Lorca», A Nosa Terra, 14 de agosto de 1997, p. 27.

208

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!