seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
10.05.2013 Views

Despois de ver os orixinais autógrafos e apógrafos dos poemas, que non coñecía e, sobre todo, «Danza da lúa en Santiago» (apógrafo-autógrafo), opinaba coma nós: os erros lingüísticos observados no poema parecían indicar que Federico estaba a compor o poema a soas, pois, doutro xeito, Guerra da Cal teríalle que ter advertido os erros e aparecerían as correspondentes riscaduras no poema. Esta era unha opinión moi cualificada, posto que a interpretación que dera no seu artigo de 1945, que Díaz-Plaja recollera no seu libro de 1948, provocou a reacción de Blanco-Amor ante esta «miúda intriga», que era tanto como supor que Federico escribira os poemas en castelán e, posteriormente, foran traducidos ó galego por Guerra da Cal ou Blanco-Amor. Estariamos, entón, diante dunha «estafa literaria», que Blanco-Amor negou sempre, porque sabía moi ben que Federico nunca se prestaría a ela. Polo mesmo, podemos admitir con X. L. Franco Grande que o poema «Madrigal» foi escrito en 1932 (salvando, como ten afirmado X. Alonso Montero en diversos escritos, a posible colaboración lingüística final de Luís Manteiga e Francisco Lamas). Tamén que a colaboración lingüística dos restantes poemas, que se plasmaría nos orixinais conservados, puidera producirse en 1934 (deixando a salvo que García Lorca iniciaría o proceso creativo antes, partindo de borradores previos), pero nunca as súas afirmacións absolutistas de que «... Lorca non sabía unha palabra en galego», «... Lorca non podía facer a dereitas un dictado en galego», etc. Nós, que tamén temos lido e relido estes poemas lorquianos, podemos entender pola contra que Lorca escribira «mortos e mortas de néboa/polas congostras chegaban», fronte á incomprensión de Franco Grande. Pois, ademais de ser «congostras» un préstamo de Eduardo (no orixinal é «sendeiros»), os «mortos e mortas de néboa», que chegan a San Andrés de Teixido, en peregrinaxe, escoitouno Federico non só, posiblemente, de boca de Guerra da Cal, senón tamén a Blanco- Amor, por aquelas datas máis instruído nas tradicións e cultura galega (e remítome á súa obra: obras son amores...) ca un mozo Ernesto, quen, pola súa idade (21-23 anos), estaba nunha fase receptiva da cultura galega máis ben escasa. Pero hai tamén outros galegos que, como dixemos, frecuentaban o café Regina (e falamos de R. Cabanillas, Castelao, Suárez Picallo...) dos que García Lorca oía estas e outras tradicións, con Guerra da Cal e Serafín Ferro. Pois, como temos xa sinalado tamén neste estudio, a cultura e as tradicións galegas deixan alusións diversas na súa obra. En concreto, na súa Teoría y juego del duende hai referencias a San Andrés de Teixido. Sorprendentemente, este poema, que García Lorca acabaría a soas, é o máis logrado para Blanco-Amor e tamén para nós. 178

Non quixera terminar este apartado sen facer unhas breves alusións a outras circunstancias extraliterarias que, indirectamente, puideran botar luz sobre o estado en que se atoparon os orixinais dos «Seis poemas galegos», en especial «Danza da lúa en Santiago». Sabemos que García Lorca reemprende a colaboración lingüística con Ernesto ó seu regreso de Arxentina, segundo os propios testemuños deste. Tamén nos confesou Guerra da Cal, na nosa entrevista en Londres, que o proxecto era pór en limpo todas as copias dos poemas. Pero observamos que o proceso quedou interrompido e sen acabar. Os orixinais que conservou Blanco-Amor e quitando o «Madrigal â cibda de Santiago», publicado xa en 1932, foron os seguintes: dous borradores apógrafos e dúas copias en limpo, coa letra de Guerra da Cal, e un borrador híbrido, apógrafo-autógrafo (comeza con letra de Guerra da Cal e continúa coa de García Lorca), o da «Danza». Tentamos explicar esta situación, desde as palabras de Blanco-Amor. A comezos deste verán de 1934, as relacións de Federico con Rafael Rodríguez Rapún son cada vez máis íntimas231 . Por outro lado, ocorre a tráxica morte do seu grande amigo Ignacio Sánchez Mejías en agosto deste mesmo ano e García Lorca, durante todo ese outono, queda sumido na máis fonda tristura pola perda do amigo e ponse a escribir febrilmente o seu Llanto por Ignacio Sánchez Mejías232 . Margarita Ucelay, noiva por este tempo xa de Guerra da Cal e máis tarde a súa primeira muller, en declaracións a Gibson en novembro de 1985, testemuña que Federico anda tan entregado na composición da elexía poética a Ignacio Sánchez Mejías que abandona as sesións con Ernesto sobre os Seis poemas galegos233 . Ante esta novas circunstancias afectivas de García Lorca, posiblemente a relación con Ernesto quedaría un tanto esmorecida e os poemas galegos quedarían sen pasar a limpo. Blanco-Amor, que coñecía ben posiblemente o mundo sentimental de Federico, tería afirmado que, por estas datas (comezos e primavera de 1935), as relacións de Federico con Ernesto estaban xa distanciadas. 231 Vid. Gibson, 1987. 232 As primeiras lecturas de Llanto por Ignacio Sánchez Mejías fíxoas García Lorca nas casas de Morla Lynch e Fernando de los Ríos, en novembro de 1934. O texto sería publicado en maio de 1935, ó coidado de José Bergamín, na editorial Cruz y Raya e lido en público polas súas actrices Lola Membrives e Margarita Xirgu, en marzo e xuño respectivamente. Vid. Gibson, 1987, pp. 345, 349 e 368. 233 Vid. Gibson, 1987, p. 329. 179

Non quixera terminar este apartado sen facer unhas breves alusións a

outras circunstancias extraliterarias que, indirectamente, puideran botar luz

sobre o estado en que se atoparon os orixinais dos «Seis poemas galegos»,

en especial «Danza da lúa en Santiago».

Sabemos que García Lorca reemprende a colaboración lingüística con

Ernesto ó seu regreso de Arxentina, segundo os propios testemuños deste.

Tamén nos confesou Guerra da Cal, na nosa entrevista en Londres, que

o proxecto era pór en limpo todas as copias dos poemas. Pero observamos

que o proceso quedou interrompido e sen acabar. Os orixinais que conservou

Blanco-Amor e quitando o «Madrigal â cibda de Santiago», publicado xa en

1932, foron os seguintes: dous borradores apógrafos e dúas copias en limpo,

coa letra de Guerra da Cal, e un borrador híbrido, apógrafo-autógrafo (comeza

con letra de Guerra da Cal e continúa coa de García Lorca), o da «Danza».

Tentamos explicar esta situación, desde as palabras de Blanco-Amor.

A comezos deste verán de 1934, as relacións de Federico con Rafael Rodríguez

Rapún son cada vez máis íntimas231 .

Por outro lado, ocorre a tráxica morte do seu grande amigo Ignacio

Sánchez Mejías en agosto deste mesmo ano e García Lorca, durante todo

ese outono, queda sumido na máis fonda tristura pola perda do amigo e

ponse a escribir febrilmente o seu Llanto por Ignacio Sánchez Mejías232 .

Margarita Ucelay, noiva por este tempo xa de Guerra da Cal e máis

tarde a súa primeira muller, en declaracións a Gibson en novembro de 1985,

testemuña que Federico anda tan entregado na composición da elexía poética

a Ignacio Sánchez Mejías que abandona as sesións con Ernesto sobre

os Seis poemas galegos233 .

Ante esta novas circunstancias afectivas de García Lorca, posiblemente

a relación con Ernesto quedaría un tanto esmorecida e os poemas galegos

quedarían sen pasar a limpo.

Blanco-Amor, que coñecía ben posiblemente o mundo sentimental de

Federico, tería afirmado que, por estas datas (comezos e primavera de 1935),

as relacións de Federico con Ernesto estaban xa distanciadas.

231 Vid. Gibson, 1987.

232 As primeiras lecturas de Llanto por Ignacio Sánchez Mejías fíxoas García Lorca nas casas

de Morla Lynch e Fernando de los Ríos, en novembro de 1934. O texto sería publicado en maio

de 1935, ó coidado de José Bergamín, na editorial Cruz y Raya e lido en público polas súas

actrices Lola Membrives e Margarita Xirgu, en marzo e xuño respectivamente. Vid. Gibson, 1987,

pp. 345, 349 e 368.

233 Vid. Gibson, 1987, p. 329.

179

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!