10.05.2013 Views

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Aceptamos tamén a explicación que Guerra da Cal lle deu a Ian

Gibson 216 , por razoable, no tocante ó proceso de escritura dos orixinais e

que vén a matizar máis o seu papel: nese servirse do seu diccionario vivinte,

que era Guerra da Cal, Lorca introducía cambios que se producían nese

mesmo proceso e eran tamén incorporados ó poema. Pero sempre que

deixemos a salvo a autoría lorquiana deses cambios 217 .

Pero non aceptamos as teses negativas de Guerra da Cal, que segue

tamén X. L. Franco Grande. Este último escritor chega a dicir:

«... Evidentemente, García Lorca non sabía unha palabra de

galego. E o dos seis poemas foi debido única e exclusivamente a

Guerra da Cal. Ninguén máis tuvo arte nin parte neste parto. Nin

Blanco-Amor, nin Manteiga, nin outro algún... pois calquera que

os teña lido con atención, sin necesidade de ser un experto, terase

decatado que algúns versos non poden ser de Lorca, senón por

forza de alguén esencialmente identificado con Galicia. ¿Como van

ser de Lorca estes versos: mortos e mortas de néboa/polas congostras

baixaban» 218 .

Ou ben:

«... Lorca non podía facer a dereitas nin un dictado en galego

(...). A aparición dos manuscritos de Guerra da Cal deixa moi mal

parado a Blanco-Amor... pois evidencia que, nisto como en tantas

cousas, deu mostras da súa afición a novelar a realidade» 219 .

E poñen como exemplo, para demostralo, o poema de «Danza» que,

como sabemos, a partir do v. 5 é un autógrafo de García Lorca.

Nós, precisamente, queremos partir deste poema, para aproximarnos

ó grao de competencia lingüística que podía ter Federico con relación ó

noso idioma e para fundamentar a nosa hipótese de que o autor granadino

216

Vid Gibson, 1987.

217 Como opina oportunamente Xosé Filgueira Valverde:

«… Estes pedimentos de axuda, que no medievo dicíanse “demandar a outro que de recado”,

son lóxicos, sobre todo nos escritores non falantes da lingua allea, que queren empregar…» (Vid.

Filgueira Valverde, 1989, p. 372).

218 Vid. Franco Grande, 1985a.

219 Franco Grande, 1985b. Ideas que, case literalmente, me repitiu a min tamén Guerra da

Cal en Londres, no seu departamento en Huntley street, 32, Gordon Mansions, Torrington Place,

o 14 de agosto de 1992.

174

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!