seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
10.05.2013 Views

ecorren los caminos; la poesía era tiernísima y estaba verdaderamente transida de lluvia y de melancolía galaicas» 188 . Pero sobrevén a circunstancia feliz para a literatura galega: a íntima amizade con Ernesto Pérez Güerra. Esta amizade é decisiva (lembremos que foi Blanco-Amor quen afirmou e reafirmou esta influencia, «incitadora» nos poemas). A data exacta da escritura é importante para a fixación dos textos, pero a razón da creación dos mesmos é fundamental. Sabemos que á volta da súa viaxe a Compostela en maio do 1932, Lorca está disposto a escribir os poemas en galego e, nestes momentos, a amizade con Ernesto está xa consolidada189 . Aproximemos un pouco máis a data destes poemas. En liñas xerais, estamos de acordo coas dadas por Andrew A. Anderson, na súa edición crítica deste poemario. Podiamos mesmo diferenciar dúas fases: a data da escritura dos posibles borradores de García Lorca e a posterior colaboración lingüística con Guerra da Cal. «Madrigal» puido escribilo Lorca en Santiago ou ó volver a Madrid, despois da súa estadía en Santiago. O autógrafo conservado é unha copia en limpo, escrita en novembro de 1932 por Lorca na trastenda dun comercio de gramolas que Luís Manteiga tiña en Lugo, ante a ollada atenta dos seus «asesores» linguísticos, Francisco Lamas e Luís Manteiga. Federico partiría dun borrador previo ou tamén puido trasladalo directamente da súa memoria ó papel. «Romaxe e Noiturnio» podían ser escritos en 1933190 . O primeiro, copiado no dorso dunha invitación, dirixida a Lorca polo Embaixador de Portugal, para concertar unha cita con Julio Dantas, o 9 de maio de 1933. Lorca marcha para América o 13 de outubro, polo que puido ser escrito antes da viaxe. Reforza esta tese o episodio do afogado no verán do 33 no río Sil, ó seu paso por terras de León, que González Alegre sitúa nun día de agosto. «Noiturnio», segundo Andrew A. Anderson, tivo que escribirse tamén por estas datas, pois a letra de ambos os dous poemas é idéntica. «Cantiga do neno» está inspirada na estadía porteña de Federico, polo tanto puido ser escrita despois da chegada do poeta, en marzo de 1934. O 188 Vid. Martínez-Barbeito, 1945. Cito por Grial, nº. 43, xaneiro-febreiro-marzo, 1974, p. 96 (revista na que se reproduce integramente o seu artigo de 1945). 189 Para esta complexa composición e elaboración deste poemario, vid. Anderson, 1988. 190 Data dun posible borrador lorquiano. Aínda que a colaboración lingüística con Guerra da Cal, se é verdade o que el afirma (vid. Franco Grande, 1985a), puidera suceder en 1934. 162

dorso da carta no que está redactada ten a data do 9 de novembro e podía estar agardando a Lorca do seu regreso de América, enriba do seu despacho. «Canzón de cuna» está escrita coa mesma letra que a anterior e os primeiros versos apógrafos de «Danza da lúa», polo que estes textos tamén puideron ser escritos á volta de Lorca de América191 , isto é, en 1934. Estes autógrafos e apógrafos embarcaron con Blanco-Amor para América, quen os conservou durante moitos anos, mentres o críticos e comentaristas facían cábalas sobre os poemas. Coñecían os orixinais algunhas persoas do contorno íntimo de Eduardo: os seus alumnos das clases de literatura galega, que pasaban polo seu departamento. En contadas ocasións foron sacados da súa casa, a non ser para ser expostos noutros ámbitos da súa familiaridade, como ocorreu en 1959 no Centro Galego de Buenos Aires, ante a ollada curiosa de Otero Pedrayo. Non esquezamos que o Centro Galego era como a súa segunda casa, onde desenvolvía o seu labor galeguista. Estes orixinais quedaron en poder, como xa se dixo, da Deputación Provincial de Ourense, que mercou a biblioteca do escritor auriense, e foron dados a coñecer en facsímile por Landeira Yrago en 1985. 3.3.4. Tese blancoamoriana: autoría lingüística e literaria dos Seis poemas galegos De novo, queremos prestar atención ó prologo que Blanco-Amor antepón ós Seis poemas galegos, publicados na Editorial Nós en 1935. Blanco-Amor quere deixar claro que Federico é o autor dos poemas e reduce a súa intervención nos mesmos. Isto vai contradicir, como exporemos máis adiante, as teses de Guerra da Cal, que si sobrevalorou a súa, sorprendentemente despois da morte de Blanco-Amor e cando se deron a coñecer os orixinais dos poemas, boa parte deles escritos coa súa letra. Non nos enganemos. Eduardo coñecía perfectamente cal era o nivel de penetración de Lorca no galego. Pasou con el moitos momentos e leu con el tamén textos de autores portugues e galegos. A tese blancoamoriana, máis interesante, é máis ampla e vai á cerna da cuestión, máis alá de ortografías: Federico quedara seducido non só polo idioma, senón pola paisaxe, a música e a literatura galegas, os amigos. 191 Aínda que, para o caso de «Danza da lúa», Lorca podería ter escrito un borrador previo, que explicaría a vaga referencia desta poesía na entrevista de Rodríguez Lence en Buenos Aires, sobre unha noite de lúa en Santiago. Mesmo é máis crible que a citara de memoria. 163

dorso da carta no que está redactada ten a data do 9 de novembro e podía

estar agardando a Lorca do seu regreso de América, enriba do seu despacho.

«Canzón de cuna» está escrita coa mesma letra que a anterior e os

primeiros versos apógrafos de «Danza da lúa», polo que estes textos tamén

puideron ser escritos á volta de Lorca de América191 , isto é, en 1934.

Estes autógrafos e apógrafos embarcaron con Blanco-Amor para América,

quen os conservou durante moitos anos, mentres o críticos e comentaristas

facían cábalas sobre os poemas. Coñecían os orixinais algunhas persoas

do contorno íntimo de Eduardo: os seus alumnos das clases de literatura

galega, que pasaban polo seu departamento. En contadas ocasións foron

sacados da súa casa, a non ser para ser expostos noutros ámbitos da súa

familiaridade, como ocorreu en 1959 no Centro Galego de Buenos Aires,

ante a ollada curiosa de Otero Pedrayo. Non esquezamos que o Centro

Galego era como a súa segunda casa, onde desenvolvía o seu labor galeguista.

Estes orixinais quedaron en poder, como xa se dixo, da Deputación

Provincial de Ourense, que mercou a biblioteca do escritor auriense, e foron

dados a coñecer en facsímile por Landeira Yrago en 1985.

3.3.4. Tese blancoamoriana: autoría lingüística e literaria dos Seis

poemas galegos

De novo, queremos prestar atención ó prologo que Blanco-Amor

antepón ós Seis poemas galegos, publicados na Editorial Nós en 1935.

Blanco-Amor quere deixar claro que Federico é o autor dos poemas e

reduce a súa intervención nos mesmos. Isto vai contradicir, como exporemos

máis adiante, as teses de Guerra da Cal, que si sobrevalorou a súa,

sorprendentemente despois da morte de Blanco-Amor e cando se deron a

coñecer os orixinais dos poemas, boa parte deles escritos coa súa letra.

Non nos enganemos. Eduardo coñecía perfectamente cal era o nivel

de penetración de Lorca no galego. Pasou con el moitos momentos e leu

con el tamén textos de autores portugues e galegos. A tese blancoamoriana,

máis interesante, é máis ampla e vai á cerna da cuestión, máis alá de ortografías:

Federico quedara seducido non só polo idioma, senón pola paisaxe,

a música e a literatura galegas, os amigos.

191 Aínda que, para o caso de «Danza da lúa», Lorca podería ter escrito un borrador previo,

que explicaría a vaga referencia desta poesía na entrevista de Rodríguez Lence en Buenos Aires,

sobre unha noite de lúa en Santiago. Mesmo é máis crible que a citara de memoria.

163

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!