10.05.2013 Views

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

ecorren los caminos; la poesía era tiernísima y estaba verdaderamente

transida de lluvia y de melancolía galaicas» 188 .

Pero sobrevén a circunstancia feliz para a literatura galega: a íntima

amizade con Ernesto Pérez Güerra. Esta amizade é decisiva (lembremos que

foi Blanco-Amor quen afirmou e reafirmou esta influencia, «incitadora» nos

poemas). A data exacta da escritura é importante para a fixación dos textos,

pero a razón da creación dos mesmos é fundamental. Sabemos que á volta

da súa viaxe a Compostela en maio do 1932, Lorca está disposto a escribir

os poemas en galego e, nestes momentos, a amizade con Ernesto está xa

consolidada189 .

Aproximemos un pouco máis a data destes poemas. En liñas xerais,

estamos de acordo coas dadas por Andrew A. Anderson, na súa edición crítica

deste poemario.

Podiamos mesmo diferenciar dúas fases: a data da escritura dos posibles

borradores de García Lorca e a posterior colaboración lingüística con

Guerra da Cal.

«Madrigal» puido escribilo Lorca en Santiago ou ó volver a Madrid,

despois da súa estadía en Santiago. O autógrafo conservado é unha copia

en limpo, escrita en novembro de 1932 por Lorca na trastenda dun comercio

de gramolas que Luís Manteiga tiña en Lugo, ante a ollada atenta dos

seus «asesores» linguísticos, Francisco Lamas e Luís Manteiga. Federico partiría

dun borrador previo ou tamén puido trasladalo directamente da súa

memoria ó papel.

«Romaxe e Noiturnio» podían ser escritos en 1933190 . O primeiro, copiado

no dorso dunha invitación, dirixida a Lorca polo Embaixador de Portugal,

para concertar unha cita con Julio Dantas, o 9 de maio de 1933. Lorca

marcha para América o 13 de outubro, polo que puido ser escrito antes da

viaxe. Reforza esta tese o episodio do afogado no verán do 33 no río Sil, ó

seu paso por terras de León, que González Alegre sitúa nun día de agosto.

«Noiturnio», segundo Andrew A. Anderson, tivo que escribirse tamén por

estas datas, pois a letra de ambos os dous poemas é idéntica.

«Cantiga do neno» está inspirada na estadía porteña de Federico, polo

tanto puido ser escrita despois da chegada do poeta, en marzo de 1934. O

188 Vid. Martínez-Barbeito, 1945. Cito por Grial, nº. 43, xaneiro-febreiro-marzo, 1974, p. 96

(revista na que se reproduce integramente o seu artigo de 1945).

189 Para esta complexa composición e elaboración deste poemario, vid. Anderson, 1988.

190 Data dun posible borrador lorquiano. Aínda que a colaboración lingüística con Guerra

da Cal, se é verdade o que el afirma (vid. Franco Grande, 1985a), puidera suceder en 1934.

162

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!