seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega seis poemas galegos - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
10.05.2013 Views

o gozo e a reproducción por medios mecánicos dos meus amigos que os solicitaran. Lento, pero seguro, Luís Pérez esgotou a materia. Ninguén coma el soubo descifrar os misterios e aclarar as dúbidas sobre como se idearon os poemas galegos de Federico García Lorca. Non é de estrañar que o seu libro se esgotase de seguida e que o Consello da Cultura Galega teña que editalo de novo. A min alégrame que a memoria e mais a figura de quen foi o meu grande amigo e inmenso poeta, tan barbaramente sacrificado, sexan mellor coñecidas por mor da erudición e do firme empeño de Luís Pérez. E a miña satisfacción é aínda máis grande se considero que, nalgunha medida, teño contribuído a que o coñezan mellor e máis a fondo. ¡Ah!, e para rematar estas liñas, non quero omitir un recordo cordial para o meu vello amigo, o músico arxentino tan integrado en Galicia e tan entrañado en Lorca, a quen coñecín nalgunha tertulia literaria madrileña, Isidro Maiztegui, quen, pouco antes de falecer en Mar del Plata, acompañou ó piano en memorable acto á moza soprano que interpretou en Compostela a encantadora música que Isidro compuxera para os Seis poemas galegos, co que enriqueceu, sen desvirtuala, a poesía de Federico. Carlos Martínez-Barbeito. A Coruña, 1996. 12

ACLARACIÓN NECESARIA A importancia dos Seis poemas galegos de F. García Lorca para a literatura galega cobra extraordinario interese pola universalidade do seu autor, magnificada polo seu tráxico asasinato, ocorrido o 19 de agosto do 36, o mesmo día da morte do editor dos poemas, Ánxel Casal, en idénticas circunstancias. Levaban na fronte unha estrela e no bico un cantar: aí a razón última das súas mortes. Como salienta oportunamente Andrew A. Anderson2 , na introducción crítica ós poemas, estes textos poéticos nacen cando García Lorca estaba na súa plenitude creativa. Era non só un poeta e dramaturgo celebrado e consagrado polo éxito, senón tamén conferenciante, recitador, activista cultural, asesor e director de escena, adaptador de comedias clásicas, harmonizador e compositor, pianista. Era protagonista destacado desa vangarda da nova xeración de intelectuais republicanos. Queremos insistir na lembranza dos Seis poemas galegos, intenso pórtico poético, románico e moderno, para a nosa poesía e recordar, brevemente, aquela Galicia que el transitou nas súas viaxes, rodeado de amigos galegos. Entre eles destacamos dous en especial, que teñen un protagonismo singular na publicación dos poemas: Ernesto Guerra da Cal3 e Eduardo Blanco-Amor. 2 Anderson, 1988. 3 Vaia, en primeiro lugar, o meu recordo para E. Guerra da Cal, falecido recentemente. Morreu soñando co ideal dunha grande Portugaliza e enarborando a bandeira republicana, pola que loitara na Guerra Civil: «Nunca voltes do exilio», di un dos seus versos. 13

o gozo e a reproducción por medios mecánicos dos meus amigos que os

solicitaran.

Lento, pero seguro, Luís Pérez esgotou a materia. Ninguén coma el

soubo descifrar os misterios e aclarar as dúbidas sobre como se idearon os

poemas galegos de Federico García Lorca.

Non é de estrañar que o seu libro se esgotase de seguida e que o

Consello da Cultura Galega teña que editalo de novo.

A min alégrame que a memoria e mais a figura de quen foi o meu

grande amigo e inmenso poeta, tan barbaramente sacrificado, sexan mellor

coñecidas por mor da erudición e do firme empeño de Luís Pérez. E a miña

satisfacción é aínda máis grande se considero que, nalgunha medida, teño

contribuído a que o coñezan mellor e máis a fondo.

¡Ah!, e para rematar estas liñas, non quero omitir un recordo cordial

para o meu vello amigo, o músico arxentino tan integrado en Galicia e tan

entrañado en Lorca, a quen coñecín nalgunha tertulia literaria madrileña,

Isidro Maiztegui, quen, pouco antes de falecer en Mar del Plata, acompañou

ó piano en memorable acto á moza soprano que interpretou en Compostela

a encantadora música que Isidro compuxera para os Seis poemas galegos,

co que enriqueceu, sen desvirtuala, a poesía de Federico.

Carlos Martínez-Barbeito. A Coruña, 1996.

12

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!