Vocabulario de economía - Universidade de Vigo

Vocabulario de economía - Universidade de Vigo Vocabulario de economía - Universidade de Vigo

09.05.2013 Views

10 Vocabulario DE ECONOMÍA que se distribuíron por linguas acorde ás suas especialidades, encargándose de revisar polo miúdo as diferentes entradas. Fixeron un excelente traballo, moitos alén do simple interese de aplicar os seus coñecementos aprendidos na carreira, incluso chegando a documentar as entradas atopadas en diferentes dicionarios. Rematado o traballo, o interese de Anxo Lorenzo, e moi especialmente do vicerreitor de Relacións Institucionais, Xavier Martínez Cobas, para que este vocabulario fose publicado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, permitiu dar un formato e maquetación axeitados para facer doado o seu uso. As persoas que traballaron nel presentaron un produto final óptimo: realizaron o índice de linguas, e repasaron novamente as diferentes entradas do galego. No apartado de agradecementos cabe empezar polo grupo da Carlos III, polo ánimo, as discusións, apoio e interese especialmente a Xurxo Durán, Antón García, Antonio R. Sampayo, Fidel Castro-Rodríguez, o interese de Mikel Pérez-Nievas, máis, abofé, ao entusiasmo e ánimo de Fernando del Rio. Da acollida da primeira versión, queremos agradecer da Universidade de Vigo a Izabela Jelovac, Kike Vázquez, e moi especialmente a Carlos Garrido, quen realizou unha coidadosa e detallada revisión de todas as entradas do galego e do portugués, facendo suxestións sempre moi interesantes e agudas. Tamén cómpre agradecer o interese pola finalización do vocabulario a Pedro S. Amaral da University of Minneapolis. Finalmente , debemos agradecer o apoio dende mesmo antes de que este vocabulario fose sequera un proxecto viábel á Iolanda e mais ao Xavier. Iolanda Galanes facilitou o traballo aos estudantes ao redactar unha guía modelo para extraer termos dende textos, e sempre contamos co interese de Xavier Martínez Cobas e coa súa preocupación polo bo remate deste proxecto ao longo destes anos. Finalmente, este vocabulario terminolóxico e a terminoloxía galega de economía está en débeda coas angueiras e o devezo de facer ben as cousas de todos os estudantes que participaron no proxecto. Obrigados a todos. Confiamos en que este grao de area sexa de axuda tanto aos nosos colegas economistas como aos non economistas –maiormente vai destinado aos xornalistas e aos non especializados– para que entre todos, co agarimo que merece, deamos pulo e prestixiemos esta a nosa lingua, a lingua dos nosos devanceiros. Campus Universitario, As Lagoas, Marcosende. Xullo, 2004

a encadernación 3 Guía de uso AS PARTES principais que conforman a estrutura deste vocabulario son tres. En primeiro lugar, e como parte fundamental, aparecen numeradas 1.567 entradas en galego con cadansúas equivalencias en inglés, español, francés e portugués. A continuación, presentamos catro índices alfabéticos que listan os termos de cada unha das linguas mencionadas anteriormente agás o galego. Finalmente, ofrecemos un índice coas siglas desenvolvidas que aparecen no vocabulario. 1. Corpo do vocabulario Todos os termos que constitúen a entrada do vocabulario aparecen ordenados alfabeticamente en galego e numerados. Dentro de cada entrada, aparecerá o termo ou termos equivalentes en inglés, español, francés e, por último, portugués. Ao carón de cada un dos termos, vai aparecer información sobre a súa categoría gramatical e mais do seu xénero e número. 62. ano fiscal (s.m.) eng fiscal year esp año fiscal (s.m.) fra année fiscale (n.m.) por ano fiscal (s.m.) Nalgunhas ocasións, ofrecemos algún tipo de información adicional a modo de nota aclaratoria que aparece incluída logo das equivalencias lingüísticas. 11

a encadernación

3 Guía de uso

AS PARTES principais que conforman a estrutura deste vocabulario

son tres. En primeiro lugar, e como parte fundamental, aparecen

numeradas 1.567 entradas en galego con cadansúas equivalencias en

inglés, español, francés e portugués. A continuación, presentamos catro

índices alfabéticos que listan os termos de cada unha das linguas mencionadas

anteriormente agás o galego. Finalmente, ofrecemos un índice

coas siglas desenvolvidas que aparecen no vocabulario.

1. Corpo do vocabulario

Todos os termos que constitúen a entrada do vocabulario aparecen

ordenados alfabeticamente en galego e numerados. Dentro de cada

entrada, aparecerá o termo ou termos equivalentes en inglés, español,

francés e, por último, portugués. Ao carón de cada un dos termos, vai

aparecer información sobre a súa categoría gramatical e mais do seu

xénero e número.

62. ano fiscal (s.m.)

eng fiscal year

esp año fiscal (s.m.)

fra année fiscale (n.m.)

por ano fiscal (s.m.)

Nalgunhas ocasións, ofrecemos algún tipo de información adicional

a modo de nota aclaratoria que aparece incluída logo das equivalencias

lingüísticas.

11

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!