o proceso penal a manuel curros enríquez - Consello da Cultura ...

o proceso penal a manuel curros enríquez - Consello da Cultura ... o proceso penal a manuel curros enríquez - Consello da Cultura ...

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
08.05.2013 Views

libro CURROS ENRIQUEZ 21/9/01 09:00 Página 6 vinte anos, o bo facer dos avogados nunha época na que o poder eclesiástico podía condenar un libro de poemas e case enviar á cadea ó seu autor; salientamos esa loita pola liberdade que sempre honrou o noso oficio. Os nosos parabéns para Benito Montero Prego porque o seu traballo lémbranos que a liberdade se gaña día a día e que a historia debe escribirse para impedir que se esqueza, e o noso agradecemento polo pracer que, sen dúbida, acadaremos todos os lectores. 6 Miguel A. González Trigás Decano do Colexio de Avogados de Ourense

libro CURROS ENRIQUEZ 21/9/01 09:00 Página 7 ESTUDIO INTRODUCTORIO Benito Montero Prego Fiscal da Audiencia de Pontevedra Non é unha tarefa doada o intento de estudiar, 120 anos máis tarde, o procesamento e posterior condena de Manuel Curros Enríquez polo xuíz de Ourense Manuel Mella Montenegro. Cambiaron a Constitución, o Código penal, as Leis procesuais, os Tribunais, a Xurisprudencia e, incluso aínda que non en todos os casos, a mentalidade dos xuíces. Tamén houbo grandes transformacións nas forzas políticas, sociais, xurídicas, relixiosas e na interacción entre elas. Neste intento de aproximación ó proceso do poeta celanovés é imprescindible utilizar o túnel do tempo para retroceder ó século XIX e analizar o contexto constitucional, penal, procesual, social, político e relixioso desta época. Non é a miña intención facer un estudio exhaustivo deste contexto, porque por unha parte non teño a preparación suficiente para acometer tal empresa nin, neste caso, é o obxectivo neste congreso sobre o 150 aniversario do nacemento de Curros. Unicamente e de maneira humilde teño a intención de achegarme ó drama xudicial que inxustamente padeceu, polo menos en primeira instancia, o poeta. Se serve este pequeno traballo para abrir camiños de posteriores e mellores investigacións xa me dou por satisfeito. Coa revolución de 1868, “A Gloriosa”, e promulgada a Constitución de 1869, moitos intelectuais, políticos así como moitos outros cidadáns sentiron que chegaba o momento do respecto polos dereitos individuais, como os da liberdade de expresión ou a liberdade de cultos. Parecían quedar borrados os tempos do escurantismo e das persecucións políticas e relixiosas. Pero as forzas reaccionarias, nas que se encontraba gran parte do clero, estaban ó asexo esperando tempos mellores, tempos de vinganza. Moitos sufriron a ira destas forzas. Un dos que sufriu a ira e a vinganza destas forzas reaccionarias foi Curros, aínda que non foi o único, como despois veremos ó analizar a xurisprudencia do 7

libro CURROS ENRIQUEZ 21/9/01 09:00 Página 7

ESTUDIO INTRODUCTORIO

Benito Montero Prego

Fiscal da Audiencia de Pontevedra

Non é unha tarefa doada o intento de estudiar, 120 anos máis tarde, o procesamento

e posterior condena de Manuel Curros Enríquez polo xuíz de Ourense

Manuel Mella Montenegro.

Cambiaron a Constitución, o Código penal, as Leis procesuais, os Tribunais,

a Xurisprudencia e, incluso aínda que non en todos os casos, a mentalidade dos xuíces.

Tamén houbo grandes transformacións nas forzas políticas, sociais, xurídicas, relixiosas

e na interacción entre elas.

Neste intento de aproximación ó proceso do poeta celanovés é imprescindible

utilizar o túnel do tempo para retroceder ó século XIX e analizar o contexto constitucional,

penal, procesual, social, político e relixioso desta época.

Non é a miña intención facer un estudio exhaustivo deste contexto, porque

por unha parte non teño a preparación suficiente para acometer tal empresa nin, neste

caso, é o obxectivo neste congreso sobre o 150 aniversario do nacemento de Curros.

Unicamente e de maneira humilde teño a intención de achegarme ó drama xudicial

que inxustamente padeceu, polo menos en primeira instancia, o poeta. Se serve este

pequeno traballo para abrir camiños de posteriores e mellores investigacións xa me

dou por satisfeito.

Coa revolución de 1868, “A Gloriosa”, e promulgada a Constitución de 1869,

moitos intelectuais, políticos así como moitos outros cidadáns sentiron que chegaba o

momento do respecto polos dereitos individuais, como os da liberdade de expresión

ou a liberdade de cultos. Parecían quedar borrados os tempos do escurantismo e das

persecucións políticas e relixiosas. Pero as forzas reaccionarias, nas que se encontraba

gran parte do clero, estaban ó asexo esperando tempos mellores, tempos de vinganza.

Moitos sufriron a ira destas forzas.

Un dos que sufriu a ira e a vinganza destas forzas reaccionarias foi Curros,

aínda que non foi o único, como despois veremos ó analizar a xurisprudencia do

7

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!