08.05.2013 Views

o proceso penal a manuel curros enríquez - Consello da Cultura ...

o proceso penal a manuel curros enríquez - Consello da Cultura ...

o proceso penal a manuel curros enríquez - Consello da Cultura ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

libro CURROS ENRIQUEZ 21/9/01 09:00 Página 17

ou cerimonias, ou fagan vexación, tamén publicamente, a quen os profese ou practique.

2°. Nas mesmas penas incorrerán os que fagan publicamente escarnio, de palabra ou

por escrito, dos que non profesen relixión ou crenza ningunha.

Temos unha protección de calquera relixión e, incluso, daqueles que non

teñen ningunha.

B) Leis Procesuais Penais

No ano 1880 en que Manuel Mella Montenegro, xuíz de Ourense, procesou

e condenou a Curros por un delicto contra a liberdade de cultos do art. 240 do Código

penal, estaba en vigor a Compilación Xeral sobre o procedemento criminal do 16 de

outubro de 1879, que viña recoller gran cantidade de normas procesuais que estaban

dispersas e mesmo, ás veces, xa derrogadas, inspiradas na Constitución de 1812 e no

Regulamento para a Administración de Xustiza de 1935 e outras disposicións posteriores,

que melloraran sensiblemente a administración da xustiza anterior.

Pero esta lexislación baseábase en principios que non teñen nada que ver

coas necesarias garantías que debe ter todo cidadán contra o que se segue unha causa

criminal. Baixo esta lexislación non era raro que os sumarios tivesen unha duración

excesiva para os feitos que se tiñan que axuizar. No caso de Curros foi rápido. De

durar anos, como normalmente pasaba, tería entrado en vigor a Lei de axuizamento

criminal do 14 de setembro de 1882 e non sería condenado, como despois veremos.

Durante o tempo que tardaba en resolverse cada caso o normal era que o procesado

estivese en prisión preventiva.

Moitos procesos terminaban en absolución de la instancia , sen que os pro c esados

puidesen facer ningún tipo de reclamación contra o xuíz ou contra a administración

polo tempo que inxustamente estiveran en prisión provisional. Ademais, esta absolución

permitía reabrir o proceso no caso de que calquera persoa achegase probas novas.

Os xuíces e maxistrados adquiriran o hábito de dar escasa ou nula importancia

ó plenario, formando o xuízo polo resultado das dilixencias sumariais, onde o

inculpado e o seu defensor non tiñan ningunha intervención, sen que puidesen achegar

probas de descargo, recollendo os funcionarios, con espírito receoso e hostil, os

datos prexudiciais e esquecendo aqueles que puidesen favorecelo.

O xuíz que instruía era o mesmo que xulgaba e pronunciaba a sentencia,

polo que normalmente na sentencia condenatoria vertía todas aquelas preocupacións

e prexuízos adquiridos durante a tramitación da causa, onde se vai fabricando inad-

17

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!