Toponimia e cartografía - Consello da Cultura Galega

Toponimia e cartografía - Consello da Cultura Galega Toponimia e cartografía - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
01.05.2013 Views

Xosé Lois Vilar Pedreira O baleirado das fontes gráficas e escritas levounos á consulta de libros e revistas sobre toponimia, talasonimia e historia, teses de doutoramento, portolanos, mapas, cartas náuticas, derroteiros, libros de faros, libros e artigos periodísticos sobre naufraxios. 2. O UNiVERSO MARiñEiRO Do tratamento documental e do contacto cos mariñeiros tiramos que os membros da sociedade tradicional que traballaban sobre a tona de auga necesariamente debían combinar, polo menos, cinco saberes para volver con éxito do traballo. O primeiro saber baséase na etoloxía animal, no coñecemento dos animais que viven no medio mariño, o seu hábitat, os seus hábitos para poder — segundo saber— inventar e elaborar as trampas para cazar os habitantes do mar: nasas, poteiras, anzois, tramallos, mediomundos, etc. Para achegárense ás fontes de recursos, que non sempre estaban accesibles dende a costa, había que empregar embarcacións —terceiro saber— deseñadas especificamente para unhas zonas e cantidades de produto dependentes do tamaño da explotación, que ppodía ir desde unha explotación familiar ata unha de pesca capitalista que empregaba máis forza de traballo e consumía máis recursos. Un mariñeiro tiña que ter certos coñecementos de meteoroloxía —cuarto saber— xa que o mar é un medio móbil, cambiante e por veces adverso e violento. O quinto saber, imprescindible para triunfar no mar, é o coñecemento da orografía marítima da área de traballo, tanto da liña de costa como do fondo do mar; é aquí onde entra a talasonimia. Van emparelladas orografía e toponimia. 3. OS tALASóNiMOS Os nomes do mar designan os lugares para a pesca, a extracción de percebes e a recollida de argazo; por outra banda, indican os lugares que supoñen un perigo para a navegación, nomeadamente pedras, e tamén os puntos en terra empregados para as marcas de pesca ou de navegación. Estas marcas establecíanse cruzando dúas liñas imaxinarias nun ángulo aproximadamente de 90°, o lugar do cruzamento é o punto que indica a existencia dun pesqueiro ou dun perigo orográfico para a navegación. Cada unha destas liñas establécese a partir de dous 312

Figura 1. Talasonimia de Camposancos OS NOMES DO MAR. TALASONIMIA NA COSTA SUR GALEGA puntos en terra: un punto, marca mestra ou primaria, máis afastada e invariable, e outro punto ou marca secundaria, máis preto do mar. Tanto os puntos que configuran as liñas imaxinarias como o lugar marcado teñen o seu nome. No mar de Baiona e Panxón utilízase como marca fundamental A Illa por antonomasia, As Cíes ou Sías. Dáse a circunstancia que dende o sur a Illa de San Martiño ou do Sur tapa a Illa do Faro (Montefaro) e mais a de Monteagudo ó norte, e consonte se navega en dirección occidental a Illa de San Martiño vai descubrindo a Illa de Monteagudo. Segundo apareza unha realidade orográfica ou outra así estamos nun ou noutro mar, nun ou noutro lugar de pesca. O primeiro outeiro que San Martiño descobre da Illa do Norte ou de Monteagudo denomínase Os Pelos do Collón e logo descubrirá O Collón, Collón e Medio, ata O Terceiro Collón. A seguir vén O Lombo da Mareira e logo A Primeira Mama ata As Catro Mamas e continúa deica rematar en Monte Calvo. Visto o anterior, decatámonos de que a natureza dos nomes procede da aguda observación e da interacción dos homes e mulleres co medio en que traballan. Os 313

Xosé Lois Vilar Pedreira

O baleirado das fontes gráficas e escritas levounos á consulta de libros e revistas

sobre toponimia, talasonimia e historia, teses de doutoramento, portolanos,

mapas, cartas náuticas, derroteiros, libros de faros, libros e artigos periodísticos

sobre naufraxios.

2. O UNiVERSO MARiñEiRO

Do tratamento documental e do contacto cos mariñeiros tiramos que os

membros da sociedade tradicional que traballaban sobre a tona de auga necesariamente

debían combinar, polo menos, cinco saberes para volver con éxito

do traballo. O primeiro saber baséase na etoloxía animal, no coñecemento dos

animais que viven no medio mariño, o seu hábitat, os seus hábitos para poder —

segundo saber— inventar e elaborar as trampas para cazar os habitantes do mar:

nasas, poteiras, anzois, tramallos, mediomundos, etc. Para achegárense ás fontes

de recursos, que non sempre estaban accesibles dende a costa, había que empregar

embarcacións —terceiro saber— deseñadas especificamente para unhas zonas

e cantidades de produto dependentes do tamaño da explotación, que ppodía ir

desde unha explotación familiar ata unha de pesca capitalista que empregaba

máis forza de traballo e consumía máis recursos.

Un mariñeiro tiña que ter certos coñecementos de meteoroloxía —cuarto

saber— xa que o mar é un medio móbil, cambiante e por veces adverso e violento.

O quinto saber, imprescindible para triunfar no mar, é o coñecemento da

orografía marítima da área de traballo, tanto da liña de costa como do fondo do

mar; é aquí onde entra a talasonimia. Van emparelladas orografía e toponimia.

3. OS tALASóNiMOS

Os nomes do mar designan os lugares para a pesca, a extracción de percebes

e a recollida de argazo; por outra banda, indican os lugares que supoñen un

perigo para a navegación, nomeadamente pedras, e tamén os puntos en terra

empregados para as marcas de pesca ou de navegación. Estas marcas establecíanse

cruzando dúas liñas imaxinarias nun ángulo aproximadamente de 90°, o lugar

do cruzamento é o punto que indica a existencia dun pesqueiro ou dun perigo

orográfico para a navegación. Cada unha destas liñas establécese a partir de dous

312

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!