01.05.2013 Views

Toponimia e cartografía - Consello da Cultura Galega

Toponimia e cartografía - Consello da Cultura Galega

Toponimia e cartografía - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Paulo Martínez Lema/Rocío Dourado Fernández/César Osorio Peláez

de distintas obras xa incorporadas desde hai tempo ao repertorio consultábel a través

do TMILG: é o caso do Tratado de Albeitaria, os Miragres de Santiago, as Cantigas de

Santa María, o Cancioneiro da Ajuda ou o Cancioneiro da Vaticana, por mencionar

tan só algunhas das de maior relevancia. A todos estes subproxectos cómpre engadir

desde agora mesmo o ITGM, que pode entenderse como unha implementación

deses materiais textuais na liña dos estudos toponomásticos.

O ITGM nace aproximadamente a finais do ano 2005, cun obxectivo fundamental

doado de resumir: tratábase de pór á disposición dos usuarios o conxunto

do material toponímico rexistrado na riquísima documentación galega medieval,

organizándoo ademais conforme a certos criterios lingüísticos e ofrecendo

un contexto xeográfico-administrativo o máis seguro e completo posíbel para

as distintas entidades físicas denotadas por esas formas toponímicas. O proceso

iniciouse coa construción dunha base de datos á que fomos importando toda a

toponimia extraída dos textos, e os resultados desa primeira e necesaria fase de

desenvolvemento do proxecto non tardaron en chegar en forma de senllos traballos

de doutoramento. O primeiro deles foi o Inventario Toponímico do Tombo

de Toxos Outos, presentado como Traballo de Investigación Titorado por Paulo

Martínez Lema en 2007 e que pouco despois apareceu publicado na colección

Trivium da Editorial Toxosoutos (Martínez Lema, 2008a). Só un ano máis tarde,

en 2008, Rocío Dourado Fernández presentaba a súa tese de licenciatura Contribución

a un inventario toponímico medieval dos documentos do Arquivo da Catedral

de Mondoñedo, aínda inédita. Estas dúas achegas poden considerarse por tanto

as primeiras contribucións masivas ao ITGM, e permitiron ademais ir refinando

e perfeccionando unha metodoloxía de traballo que, como teremos ocasión de

comprobar, tiña que facer fronte a un bo número de dificultades derivadas das

propias características do noso obxecto de estudo. Ao mesmo tempo, o proxecto

era presentado publicamente en foros como o IX Coloquio da Medieval Hispanic

Research Society (Londres 2008), o XXVIII Encontro da Associação Portuguesa

de Linguística (Braga 2008) ou o XXXVIII Simposio da Sociedad Española de

Lingüística (Madrid 2009), gozando en todos eles dunha moi boa aceptación.

Unha vez procesada a toponimia dun determinado número de obras e construído

por tanto un repertorio toponímico o suficientemente importante, procedeuse

á construción dunha aplicación informática. A versión provisoria desa

aplicación está á disposición dos usuarios no enderezo http://ilg.usc.es/itgm, e

242

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!