09.12.2015 Views

NuevasTecnologiasTraenNuevasTendencias

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Galicia baixa a súa fenda

dixital entre homes e mulleres

ata o 3,9%

Está por debaixo da media española segundo os datos

do Observatorio da Sociedade da Información e a

Modernización da Xunta // Entre 19 e 44 anos, elas

navegan máis // Santiago, cun 9 por cento, é un dos

municipios onde se rexistran as diferenzas con maior

claridade

EL CORREO GALLEGO / Xabier Sanmartín C. / 17 de agosto de 2013

A fenda dixital de xénero no uso de Internet en Galicia sitúase en 3,9 puntos

fronte aos 5,2 da media estatal (dato do INE, Instituto Nacional de Estadística).

Un 55,5% das mulleres galegas e un 59,4% dos homes galegos fixo

uso da chamada rede de redes nos últimos tres meses.

Son datos do estudo A Sociedade da Información en Galicia desde unha

perspectiva de xénero, publicado onte polo Observatorio da Sociedade da

Información e a Modernización de Galicia (Osimga), entidade creada pola

Xunta de Galicia e adscrita á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de

Galicia (Amtega).

Ollando o traballo polo miudo e indo o comportamento por idades: na

franxa dos 16 aos 44 anos as mulleres de Galicia superan aos homes no

uso das TIC (Tecnoloxías de Información e Comunicación). A partir das 45

primaveiras, a tendencia invértese, cun rexistro moi desfavorable para as

mulleres entre os 65 e os 74. Para Marcus Fernández, un dos responsables

de Banda Ancha, programa de tecnoloxía que bótase na emisora pública

Radio Galega e subdirector da revista Código Cero, este balance subliña

que o uso das ferramentas dixitais camiña cara a certa normalidade entre a

poboación galega.

Nuevas Tecnologías traen nuevas tendencias | Capítulo 14 | 77

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!