15.10.2015 Views

Lindeiros 29 Octubre 2015

eN ESTE XORNAL ENTREVISTAMOS AO ALCALDE DE fRADES, ROBERTO REY, RECORREMOS AS TERRAS DE A BARCALA E O XALLAS E FALAMOS CON MONCHO FERNÁNDEZ ENTRENADOR DO RIO NATURA MONBUS

eN ESTE XORNAL ENTREVISTAMOS AO ALCALDE DE fRADES, ROBERTO REY, RECORREMOS AS TERRAS DE A BARCALA E O XALLAS E FALAMOS CON MONCHO FERNÁNDEZ ENTRENADOR DO RIO NATURA MONBUS

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

LINDEIROS

O xornal gratuíto da bisbarra de Compostela

Rutas

De Brión a Santa Comba

(páxinas 14 e 15)

Entrevista a un alcalde:

Roberto Rey

Frades

(páx.16)

Novas

As vítimas do Alvia non

queren o peche da investigación

(páx. 3)

Brión, Frades e Oroso aproban

as contas do 2014 (páx. 4)

Pasou:

Setembro foi mes de festas na

bisbarra (páx. 18)

Festa dos 55 anos do Ensanche

(páx. 20)

Pasará:

Música, teatro e Cineuropa na

axenda mensual de Compostela

(páx. 23)

Indo ao teatro na comarca, citas

en Ames, Arzua e Teo

(páx. 24)

Deportes:

O Río Natura Monbús cumpre

45 anos e 5 na ACB, falamos con

Moncho Fernández (páx. 27)

Éxito da XXXIII edición da Carreira

Pedestre da Amaia

(páx. 28)

Outubro 2015

Libraría Couceiro, 46 anos camiñando entre libros

N 29 MENSUAL

2

Colaboradores

en este nº

Andrés Gómez Tato

Iñaki Quenerapú

Fátima García Doval

Jorge del Oro

Xosé Marcial Díaz Manso

Editorial

Unha realidade distinta e real

Lindeiros

O suicidio de Carlos Midón un ano despois de ser desafiuzado e o seu escaso impacto na sociedade é un fiel reflexo dos tempos

que vivimos. Acostumámonos a cousas as que so se acostuma un en tempos de guerra, cando as desgrazas son diarias e

non queda máis que asumilas sen tempo porque enseguida chega outra.

En certo modo estamos en guerra, o sentido común loita desesperadamente contra uns poderes moi pouco definidos pero reais

a xulgar por como actúan. En Compostela hai máis de 9.000 pisos baleiros, moitos seguramente en mas da mesma entidade

que se preocupou por votar a rúa a Carlos, polo que o seu suicidio, como o foi o seu desafiuzamento, contradice a lóxica.

Calquera entidade nace para gañar cartos, dar a posibilidade a alguén de que pague o que poida da máis beneficios que votalo

a rúa así que temos a obriga de preguntarnos porque o fan. Non sei si a estas alturas alguén o pensou pero creo que a entidade

ten unha responsabilidade moral sobre o sucedido, que algún avogado debería denunciar e demostrar que a morte de Carlos

non é tan so unha decisión persoal se non que estivo inducida polas circunstancias, e que estas circunstancias son responsabilidade

dun interés desmedido xa que non existe lucro a curto prazo, e si existe un interés desmedido iso é usura. Non son

avogado pero para min todo iso ten sentido.

En esa guerra da que falo os mortos non son poucos pero eses escuros poderes non teñen medo a que haxa máis. A plataforma

das vítimas do Alvia denunciaban recentemente os riscos da nova liña de Castela León, a única de alta velocidade en todo

o mundo na que hai 80 kilómetros de vía única. de novo a falta de sentido común, ou de interés polas persoas, asoma cando

vemos como se inaugura e pon en marcha a toda presa con erros moi parecidos aos do accidente de Angrois. Non é xusto que

isto pase pero a xustiza parece estar claramente dun lado. A plataforma manifestabase tamén polo peche do sumario cun único

imputado: o maquinista. Do mesmo xeito que a banca é responsable moral, tal vez algo máis, do suicidio de Carlos Midón os

políticos que admiten unha inauguración sen garantías o son do que poda pasar e polo tanto pechar unha investigación deixándoos

fora vai contra toda lóxica unha vez máis.

Corren tempos nos que se fala moito de falar, que os políticos teñen que falar coa veciñanza e escoitala, pero pouco se di de

outras empresas e institucións. Os bancos teñen que falar cos clientes, igual que cando merco froita o froiteiro sabe que si está

mala o direi e o mellor ten que devolverme os cartos a banca ten que saber que hai uns límites marcados pola dignidade das

persoas e polo sentido común. Un xuíz ten que falar e escoitar as partes aínda que non estea previsto en ningures, un home o

que vas a botar da súa casa non merece que o escoites? non debería o xuíz de chamalo e escoitalo sen que o avogado o pida?.

A lei sempre vai por detrás da realidade e polo tanto nos corresponde a todos intentar cubrir os ocos que faltan, resolver os

erros que ten, e baleirar as lagoas xurídicas das que se aproveitan ese escuros poderes, por desgraza parece que algúns se

senten máis cómodos nadando en elas. Para Carlos e para as vítimas do Alvia a revolución chegará tarde, os seus pasamentos

teñen que servir polo menos para espertar conciencias e para que nos decatemos de que aínda que miremos para outro lado a

realidade seguirá aí. Por moito que queiramos cando espertemos o dinosauro seguirá aí así que mellor miralo de fronte canto

antes.

Manel Pardo

Atopa Lindeiros en: Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Frades, Negreira, O Pino, Ordes, Oroso

Padrón, Rois, Santa Comba, Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Vedra

outubro 2015 novas da bisbarra 3

As vítimas do Alvia non

queren un “peche en

falso” da investigación

A plataforma di que existen máis

responsables que o maquinista

O peche da instrución do sumario

por parte do xuíz Andrés

Lago é para a Plataforma de

vítimas do Alvia un “peche en

falso” despois de que a investigación

estivera parada un ano

e medio e so se levaran a cabo

interrogatorios aos peritos. Os

avogados da plataforma levaron

a cabo as súas propias pesquisas

e solicitaron do xuíz numerosas

probas e datos que nunca

foron contestados.

O perito independente elixido

por sorteo, Cesar Mariñas, sinala

que se tomaron decisións que

mermaron a seguridade como

foron os cambios no proxecto

orixinal ou a desconexión do

sistema de seguridade que se

fixo sen o exame de risco que

manda a normativa.

A plataforma denuncia que

tampouco se atenderon as advertencias

previas, feitas por

escrito, do xefe de maquinistas;

ningún dos altos cargos de

RENFE e ADIF que recibiron a

notificación a tiveron en conta.

Para a Plataforma “Es inexplicable

que el único imputado

sea el maquinista y no tengan

posibles responsabilidades penales

aquellas personas que

hicieron caso omiso a las advertencias,

desconectaron el

sistema de seguridad o cambiaron

el proyecto por uno menos

seguro por intereses políticos y

comerciales”.

O peche da instrución do

sumario coincide coa estrea

no Festival de cine de Valladolid,

a Seminci, o documental

FRANKENSTEIN04155 que

narra a traxedia do Alvia. No

documental se mostran todas as

evidencias recollidas pola Plataforma

coa colaboración de avogados,

enxeñeiros e expertos

ferroviarios.

Recentemente a Plataforma

denunciou tamén o caso da liña

ferroviaria inaugurada en Castela

León, as vítimas explican

que inaugurouse a toda presa

a finais de setembro porque de

facelo en outubro a xunta electoral

podería prohibir o acto

ante a proximidade dunhas

eleccións. No novo tramo eliminouse

a dobre vía na chegada

a León do mesmo xeito que en

Angrois elimináronse medidas

de seguridade por cuestións

económicas e a nova liña tampouco

terá o sistema de seguridade

propio da alta velocidade,

o ERTMS, ata o 2016.

A plataforma lembra ademais

que a nova liña percorre 80 km

por vía única, algo que non sucede

en ningunha liña de alta

velocidade do mundo.

Fontes: Plataforma Vítimas do Alvia,

Lindeiros

Quítase a vida un ano

despois de desahuciado

O veciño de Aríns tirouse a vía do tren

O pasado 21 de setembro Carlos

Midón, que fora desafiuzado

hai un ano da súa vivenda en

Aríns, decidiu acabar con todo

e quitouse a vida. A plataforma

Stop Desahucios Compostela ,

que o apoiara na loita contra os

bancos e mesmo contra a policía

para evitar ser desaloxado da

súa casa, emitiu un comunicado

no que dicía textualmente “Na

tarde de onte, 21 de setembro,

cumpríndose un ano do desafiuzamento

de Aríns, o afectado por

aquel despexo, Carlos Midón,

ría e ós seus fillos.Que a terra te

sexa leve compañeiro!!!”.

Pero a loita non se detén xa

que este mesmo mes convocáronse

concentracións diante

da sede do BBVA en Compostela;

protestan por outro caso no

que o banco quere embolsarse

o prezo total da venda dunha

vivenda pola que se recibiu

100.000 euros do afectado e no

admite a dación en pago.

Fontes: Stop Desafiuzamentos

Compostela, Lindeiros.

Os concellos avanzan na

municipalización da xestión da auga

Ames, Santiago, Teo e Ferrol reuníronse con AEOPAS

A Asociación Española de

operadores públicos de abastecemento

e saneamento (AEO-

PAS) é un organismo que

impulsa o Pacto Social pola

auga que busca a xestión cen

por cen pública de este ben, a

asociación está formada por

concellos e organismo de toda

España e naceu no 2009 en Córdoba.

O Pacto, ao que podería

sumarse Compostela, conta xa

co respaldo de máis de 300 organizacións

sociais, ecoloxistas,

académicas e sindicais,

así como operadores de auga e

saneamento de distintos municipios,

que coinciden en que a

xestión e o tratamento da auga

deben ser considerados un servizo

de acceso universal, participado

e vinculado aos dereitos

humanos.

A reunión, celebrada no concello

de Santiago, acudiu o xerente

de AEOPAS Luís Babiano

quen escoitou a situación na que

se atopan os distintos municipios.

O máis avanzado e Teo que

desde o 1 de outubro asumiu a

xestión, en Ames o contrato do

saneamento e abastecemento

da auga remata o vindeiro 31 de

outubro e a comisión do ciclo

integral da auga traballa para

adxudicar a xestión por un período

de dous anos para despois

tentar que sexa pública, finalmente

Compostela ten aínda un

par de anos antes de que remate

o contrato e polo tanto pode preparar

o cambio con máis tempo.

Segundo AEOPAS, a mercantilización

da auga está a ter

graves consecuencias nestes

momentos de crise, xa que están

a aumentar os cortes por falta de

pago. Un estudo elaborado pola

Asociación fala de que cada ano

se tramitan en España 500.000

avisos de corte, un 30% máis

que hai catro anos. Deles, chéganse

a executar uns 300.000.

Aínda que non hai datos oficiais

sobre estes desafiuzamentos hídricos,

estímase que no último

ano recibiron un aviso deste tipo

uns 970.000 fogares no Estado.

Fontes: concello de Ames, concello

de Santiago, concello de Teo,

AEOPAS, Lindeiros

quitouse a vida. Stop Desahucios

Compostela lamenta profundamente

que a voracidade duns

poucos, a súa guerra económica

contra as persoas de abaixo (non

é unha crise) e as nefastas condicións

psicolóxicas e vida ás

que estamos sometidas a maioría

social siga a levarse vidas por

diante. Mentres o desemprego,

a miseria, os desafiuzamentos...

existan, haberá mortes. Os responsables

teñen nome propio.

Todo o noso apoio á familia e

amizades e especialmente á Macarnicería

4 novas da bisbarra

Brión, Frades e Oroso

aproban as contas do 2014

Pechan ese exercicio con saldos positivos

Co fin de poder entregar a

documentación ao Consello de

Contas os municipios de Brión,

Frades e Oroso aprobaron a conta

xeral correspondente o último

exercicio.

O concello de Brión pecha

o 2014 cun remanente de tesourería

para gastos xerais de

716.077,787 euros, así como

cun superávit orzamentario por

importe de 706.004,54 euros. O

gasto por habitante foi de 610,68

euros, un 0,5% máis ca en 2013,

mentres que o maior incremento

produciuse no investimento

por habitante, que chegou aos

272,56 euros fronte aos 69,21

euros do exercicio anterior.

No caso de Frades as contas

Negreira colabora co IES

O alcalde e o director do Xulián Magariños firmaron o acordo

O alcalde de Negreira, Jorge

Tuñas Camaño, e o director do

IES Xulián Magariños, Adelino

Pose Reino, asinaron un convenio

para manter a colaboración

entre Concello e o instituto que

permite realizar actividades fóra

do horario lectivo, polas tardes

e noites, facendo uso o Concello

das instalacións do ximnasio e o

pavillón cuberto do instituto para

as escolas deportivas de ximnasia

rítmica e atletismo. Este

convenio de colaboración terá

unha vixencia de dúas anualidades.

O IES cederá tamén aulas

para a preparación dos cursos

de galego, ou o salón de actos

para determinados eventos.

Pola súa banda, as contraprestacións

ou obrigas asumidas polo

Concello de Negreira seguirán

sendo o mantemento das zonas

axardinadas do recinto escolar,

co corte da herba e reposición de

zonas estragadas ou secas catro

veces por curso, sobre todo nos

meses da primavera e comezos

do curso, ademais da limpeza

e recollida dos papeis do recinto

escolar exterior cada quince

días. O instituto Xulián Magariños

tamén poderá facer uso das

instalacións da Casa da Cultura

recollen un remanente de tesourería

de 73.667,48 euros e

un investimento por habitante

de 191,39 euros. Os datos aprobados

recollen unha execución

do 86% do gasto previsto e dun

83% dos ingresos, así como

unha liquidez en bancos de

241.683,25 euros. O pleno de

Frades aproveitou a sesión para

aprobar a creación da primeira

Ordenanza Xeral de Prezos

Públicos do Concello de Frades

así como a delegación do Pleno

na Xunta de Goberno Local da

potestade para establecer e modificar

os prezos públicos. A

nova ordenanza recolle descontos

de ata o 50% para familias

numerosas, a prioridade nas actividades

para os empadroados

no concello e a posibilidade de

facer pagos mensuais nas tarifas

anuáis.

Pola súa banda Oroso convertese

nun dos concellos con

menos carga fiscal de toda España

o reducir en seis puntos o

volumén de endebedamento. A

xestión conseguiu no 2014 un

aforro neto de máis de 470.000

euros e rematar o ano cun remante

líquido de máis de 48.000

euros. hai que salientar ademáis

que o capítulo de ingresos foi no

2014 un 3% superior ao previsto

nos oramentos,

Fonte: concello de Brión, concello de

Frades Lindeiros.

e o Centro Sociocultural, previa

solicitude, de cara a levar a cabo

algunha actividade extraescolar

ou complementaria. O Concello

tamén dotará dunha cuantía de

200 euros á convocatoria do Premio

Científico ou Humanístico

que anualmente organiza o IES,

e unha achega anual de 100 euros

para a edición de revista anual

Val de Barcala.

Este convenio estará vixente

durante os cursos académicos

2015-2016, e 2016-2017.

Fontes: concello de Negreira,

Lindeiros

Arzúa retoma a campaña de

compostaxe doméstica

Ven de repartir 10 novos composteiros

O BNG de Ordes quere coñecer

o estado real das contas

do concello e por iso presentou

no último pleno unha moción

na que solicitaba unha auditoría

externa e que, en realidade,

solo demanda que se cumpra

un acordo aprobado en pleno

no 2011 e que o concello nunca

chegou a levar a cabo. O concelleiro

nacionalista Pablo vidal

explica que “vimos dunhas

lexislaturas nas que Ordes tivo

un grave desequilibrio económico,

estando practicamente na

quebra e acadando unha débeda

de mais de 9 millóns de euros,

con informes de intervención

nos que se recomendaba non so-

O presidente da Xunta presentaba

hai unhas semanas o Plan

Director do Camiño de Santiago

que deseña a ordenación, regulación

e posta en valor da ruta ata

o ano 2021, trátase de protexer a

ruta o tempo que segue a crecer.

O Plan Director inclúe os gráficos

do que ten que ser unha etapa

modelo e os plans de xestións

dividido por camiños.

O Partido Galeguista denuncia

que tanto nos plans de mellora

como nos de comunicación e

márketing Padrón non aparece

reflectido en ningures e por iso

solicita ter acceso a todas as xes-

Lindeiros

O BNG de Ordes

pedirá unha

auditoría externa

A moción presentada quedou á espera de

novos informes

licitar, ou de ser o caso, rexeitar

calquera subvención na que o

concello tivese que aportar unha

porcentaxe. Mesmo se tivo que

recorrer no ano 2012 ao plan de

pagamento a provedores e acredores

do goberno estatal xa que

o concello non tiña liquidez para

afrontar os pagos”.

Logo do debate, o BNG de

Ordes decidiu deixar sobre a

mesa esta moción para valorar

a posibilidade de incluír na proposta

a realización dunha auditoría

técnica para ver si as obras

executadas se axustan aos cartos

investidos.

Fontes: BNG de Ordes, Lindeiros.

A ruta xacobea de Padrón

non aparece no Plan Director

O Partido Galeguista pregunta polas xestións

que se están levando a cabo

tións que están facendo dende o

Concello para engadir o Camiño

Santiago-Padrón en dito Plan Director.

O grupo tamén demanda

coñecer toda a promoción que se

está a facer de Padrón como Vila

singular e Berce do Xacobeo.

O Partido Galeguista reclama

na moción que si non se está facendo

nada en este sentido que

se realicen de inmediato as xestións

necesarias para que Padrón

sexa incluído no mencionado

Plan Director.

Fontes: Partido Galeguista Paadrón,

Lindeiros.

Mediante esta iniciativa o

concello trata de reducir a cantidade

de materia orgánica procedente

dos residuos a través

da compostaxe, un método biolóxico

de tratamento que permite

a transformación do lixo

nun fertilizante natural a través

dun proceso sinxelo e barato

que permite, á vez, eliminar a

recollida, o transporte e o tratamento

dos residuos vexetais

contribuíndo así a que o coidado

do medio sexa cousa de todos.

Non é esta a primeira vez

que o Concello de Arzúa pon

en marcha unha iniciativa moi

agradecida pola veciñanza, que

conta ademais cunha bonificación

no recibo da taxa do lixo

para aquelas persoas que posúen

un dos composteiro e fan

uso del de maneira axeitada.

O programa de compostaxe

doméstica comezou no ano

2007 e desenvólvese anualmente,

desde entón levan participado

máis de 200 familias.

Fontes: concello de Arzúa, Lindeiros

Capela de Iria na ruta Xacobea a Santiago. Foto: Loli Fdez.

outubro 2015 novas da bisbarra 5

Ames e Brión buscan solucións a

o modelo de xestión da ETAP

A Xunta non se fai cargo da estación potabilizadora

Os alcaldes de Ames, José

Miñones, e de Brión, José Luís

García, reuníronse co director de

Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera,

para tratar a fórmula de

xestión da nova Potabilizadora

que en breve será entregada pola

Xunta de Galicia.

Trala reunión o alcalde de

Ames, José Miñones, explicou

que “había unha necesidade clara

de falar con Augas de Galicia

polo tema da potabilizadora,

porque estamos nunha situación

de espera na que non sabemos

exactamente como ten pensado

facer Augas de Galicia a entrega

da potabilizadora. Tampouco

sabemos que modelo de xestión

se vai desenvolver para a súa

explotación, que facer con esa

instalación de cara aos vindeiros

meses”.

Por outra banda, o alcalde de

Brión, José Luís García, considera

que “foi unha primeira reunión,

pois temos claro que non

imos asumir a xestión dunha

instalación sen saber cal é exactamente

o seu estado”. García entende

que “temos que estudalo e

facer un informe sobre o modelo

de xestión, son moitas as cousas

que aínda están por pechar.

O que si temos claro é que non

imos asumir nada sen coñecer

Fontes: concello de Ames, concello

de Brión, Lindeiros.

Reunión dos concellos do Sar

Os responsables de Medio Ambiente tiveron unha xuntanza en Compostela

O Pazo de Raxoi acolleu

unha reunión dos responsables

de Medio Ambiente dos concellos

polos que discorre o río

Sar, presidida polo edil compostelán,

Xan Duro. O obxectivo

foi dar os primeiros pasos

para a recuperación ambiental

e patrimonial do Sar en todo o

seu percorrido, desde Santiago

ata Padrón. Xan Duro explicou

que os municipios de Santiago,

Ames, Brión, Rois, Dodro e Padrón

queren sumar esforzos para

poñer en valor o río Sar para a

veciñanza, aproveitando todo o

seu potencial turístico e hidráulico.

Os distintos Concellos acordaron

elaborar un estudo sobre

as características ambientais e

patrimoniais desta área e, para

poñer en marcha as actuacións

pertinentes de maneira conxunta,

tratarán de buscar fondos

da Xunta e da Deputación.

Ao longo do percorrido do río

Sar existen zonas de altísimo

valor medioambiental, como as

Brañas do Sar, en Compostela.

Outros puntos, segundo se

analizou na reunión, están moi

degrados pola acción humana.

Neste sentido, un dos principais

problemas tén que ver coa actual

Estación Depuradora de Augas

Residuais de Santiago, que segue

todos os datos e estar seguros de

que as instalacións están en boas

condicións”.

Os concellos propuxeron que

a planta fora xestionada por Augas

de Galicia polo menos durante

o período de garantía pero

a idea foi rexeitada pola Xunta

que asegura que non ten esas

competencias. Nunha reunión

posterior coa Deputación decidiuse

solicitar, do ente provincial,

unha asistencia técnica que aclare

que modelos son os mais axeitados

para por en marcha a nova

potabilizadora.

verquendo moita auga sen depurar

ao río.

Na reunión participaron os

concelleiros de Medio Ambiente

de Compostela, Xan Duro;

Ames, Catuxa García; Brión,

José Luís Sampedro; e Padrón,

José Ramón Pardo Andrade, así

como o edil de Cultura de Rois,

Martín del Río.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros.

Os concelleiros na reunión. Foto: concello de Santiago

Santa Comba leva a

pleno os orzamentos

de este ano

Foron aprobados e o goberno xa traballa

nos do 2016

O goberno socialista de Santa

Comba sacou adiante os orzamentos

do presente ano co

voto a favor de Terra Galega e

a oposición e as criticas do Partido

Popular.

Os presupostos aprobados

contabilizan 6.7 millóns de euros

de gasto e uns 7.3 de ingresos.

O Partido Popular criticou

o incremento da partida destinada

a persoal e asegurou que

os orzamentos non se axustaban

a realidade. O concelleiro

de Terra Galega Javier Facal

lembroulle o PP que o 80 por

cento do gasto que criticaban

correspondía a súa xestión e

que estes presupostos tiñan que

estar aprobados desde febreiro.

Pola súa banda o alcalde José

Antonio Ucha defendeu uns orzamentos

que serven para dar

cobertura legal ao que xa estaba

gastado e calificou o feito polo

goberno anterior de “tropelias”;

o líder socialista asegurou que o

incremento de gasto está xustificado

pola creación de dúas prazas

de persoal, a ampliación do

contrato de dúas persoas da axuda

a domicilio e dous novos postos

de socorristas, un de monitor

deportivo e outro para a brigada

de vías e obras para poder asumir

a xestión da auga.

O equipo de goberno asegurou

que está xa a traballar nos

orzamentos do 2016.

Fontes: concello de Santa Comba

Lindeiros

Xornada informativa no

concello de Boqueixón

Os produtores locais coñeceron as

novas regulacións

Éxito da Xornada Informativa

para os Produtores Locais que se

celebrou na Casa do Concello de

Boqueixón. Contouse coa intervención

do Subdirector Xeral de

Apoio ás Explotacións Agrarias,

un enxeñeiro técnico da Oficina

Agraria Comarcal de Santiago

e o alcalde de Boqueixón. Aclaráronse

as dúbidas sobre o novo

Decreto 125/2014, do 4 de setembro,

polo que se regula en Galicia

a venda directa dos produtos

primarios desde as explotacións

á persoa consumidora final, faláronse

das dificultades que se

atopan os produtores na súa labor,

formularios e impresos de

interese, axilización de trámites,

sinalización de explotacións con

fins comerciais, etc. Todos estes

aspectos enténdense dentro dun

Plan de fomento e apoio ó sector

agrario, que o concello de Boqueixón

está comezando a desenvolver

nas últimas semanas.

Fonte: concello de Boqueixón,

Lindeiros

Teléfonos: Frades: 981 692 237 • Begonte: 982 160 322

6

Lindeiros

outubro 2015 7

8 Santiago

Doce codelas de millo. (III)

A paus co galo

por Jorge del Oro Aragunde

O líquido escuro caeu xeneroso na cunca.

-Miña nai di que son moi noviña para beber café -dixo Marina

tratando de fuxir do aroma hipnótico.

-As avoas estamos para estragar o traballo das nais. Bebe, miña

filla, bebe, que se ti non dis nada eu tampouco.

Chiscou un ollo e sacou un biscoito do que cortou dúas boas

talladas. Marina sorriu, cómplice dos delitos de desobediencia e

espolio da despensa. Decidiu tirar un pouco da sorte do día.

-Avoa ¿que pasou entón entre o avó e mais o Landín?

A muller daba conta das frangullas no prato antes sequera de

atacar o cacho.

-Ás veces o galo ponse farruco de máis no galiñeiro e colle

o vicio de botarse a ti cando vas coller os ovos. Búscache os

ollos cos espolóns. Para sacarlle o vicio, o mellor é darlle uns

cantos paus. E iso fixeron teu avó e mais un dos irmáns, o Tino,

que sempre andaba con el nas argalladas. A casona do Landín

estaba moi afastada, bastante metida no monte. Daquela non

había farois, nin nada parecido. Fixéronlle a espera nun sitio

no que o camiño ía profundo, cos arrós levantando máis ca a

cabeza dun home. “Imos amolar un galo moi grande” díxolle ao

irmán. “Teremos que usar un pau ben gordo”. E así puxéronse

a cortar un piñeiro ben derramado na beira do camiño.

Deixárono a nada de caer e agardaron polo Landín. Cando

apareceu co seu faroliño empezaron a facer ruídos e risas

entre as xestas. “¡¿Quen anda aí?!” berrou o home ameazando

co bastón e buscando coa luz do farol. “Somos os trasnos do

monte” dixéronlle poñendo voces. “Viñemos para cobrar as

túas maldades todas”. O Landín berroulles “¡Pois vinde para

aquí a collerme para que vos malle a paus!”, pero xa tiña o

medo metido no corpo. Eles escacharon a rir e teu avó díxolle,

poñendo voz de diaño outra vez “¿Chámaslle pau a iso? ¡Nós

temos paus máis grandes!”. Empurraron o piñeiro facendo que

lle caese xusto enriba. O Landín estaba morto de medo, non foi

quen de se mover. A árbore non o esmagou porque quedou

atravesada entre as dúas beiras do camiño. El caeu de cu e

rompeu o farol. Tivo que saír de alí a catro patas, sen poder ver

nada de nada. O Tino e mais teu avó choraban da risa. Como

tiñan a vista afeita ao luar, aproveitaron para tirarlle pedras e

piñas ao Landín, quen non se poñía de pé por medo a bater con

algo. Fuxiu así, apalpando o chan ás escuras. Seica non foi quen

de camiñar de noite nunca máis. Tiveron que pasar moitos anos

ata que chegaron os farois e o piche aos camiños do monte.

Entón mercou un dos primeiros coches de todo o concello e ás

veces atrevíase a saír de noite. Pero a pé, non. Nunca máis. Teu

avó e mais o Tino sempre dicían “Tanto pau levou o galo, que

mudou en galiña”.

Lindeiros

Un mapa para os temporais

Santiago quere ter localizados os puntos negros

O concelleiro de Medio Ambiente,

Xan Duro, presidiu unha

reunión na que participaron

os xefes da Policía Local e dos

Bombeiros, a xefa de Protección

Civil, os xefes de servizo de Tráfico,

Servizos e Contratación, e

técnicos de Viaqua, Ferrovial,

Urbaser, e o departamento municipal

de Parques e Xardíns.

Na reunión constatouse que

Compostela tén problemas

estruturais que favorecen as

inundacións e colapsos en determinados

puntos ante temporais

e que teñen que ver con obras

executadas por anteriores gobernos

municipais, Deputación

e Ministerio de Fomento. Na

xuntanza acordouse encargar

un informe coordinado entre

os Bombeiros, a Policía Local e

Viaqua, para elaborar un mapa

destes puntos negros. Trátase de

saber que administración tén a

competencia sobre cada un deles,

cal é o problema concreto, e

cales son as posibles solucións.

Unha vez estea rematado este

estudo, a concellería de Medio

Ambiente e Convivencia adoptará

as medidas que sexan precisas

para paliar os efectos dos

temporais.

A iniciativa é consecuencia

das inundación sufridas na cidade

co primeiro gran temporal do

outono e que deixou anegadas

partes da zona nova.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros

O aparcadoiro de Pontepedriña

estará listo no mes de Novembro

O goberno local está estudando que modelo de xestión aplicar

O aparcamento disuasorio de

Pontepedriña estase a executar

pola Xunta nuns terreos que lle

foran cedidos ao Concello por

ADIF. O alcalde Martiño Noriega

e a Conselleira de Medio

Ambiente, Ethel Vázquez, visitaron

as obras e coincidiron en que

este proxecto é unha boa mostra

de que a colaboración entre institucións

é beneficiosa para o

conxunto da cidadanía.

O alcalde lembrou que o estacionamento

disuasorio de Pontepedriña

é un proxecto moi

demandado no Ensanche, despois

de moitas obras de humanización

que non solucionaron os problemas

de estacionamento. Noriega

avanzou que o Goberno local está

a estudar o modelo de xestión do

aparcamento, que “debe implicar

algún tipo de rotación para que

os vehículos non poidan permanecer

ocupando as mesmas prazas

durante semanas”. O rexedor

compostelán incidiu en que o

estacionamento non terá afán recadatorio

e, de feito, “as tarifas

que se acorden, a través de Tussa,

non irán máis alá do simbólico”.

A conselleira amosouse convencida

do éxito do estacionamento,

por estar situado nun

dos principais puntos de acceso

á cidade, e preto da estación de

ferrocarril. Ethel Vázquez asegurou

que as obras estarán rematadas

no mes de novembro,

porque xa están ao 75% da súa

execución. Unha vez finalizadas,

o aparcamento seralle entregado

ao Concello de Santiago.

O estacionamento disuasorio

de Pontepedriña contará con

196 prazas para vehículos e 30

para bicicletas. A consellería de

Medio Ambiente, Territorio e

Infraestruturas destinou a esta

actuación 841.194,55 euros.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros

Un momento da visita ás obras. Foto: concello de Santiago

outubro 2015 Santiago 9

Rescíndese o contrato de derrubo

da Casa da Xuventude

O contrato xa fora suspendido de forma cautelar pola xustiza

A Xunta de Goberno acordou

desistir do contrato para a execución

das obras de demolición da

Casa da Xuventude, un proxecto

que xa fora suspendido de forma

cautelar pola Xustiza.

O Concello vai indemnizar

á empresa adxudicataria, CYS

HISPANIA SL, con 5.889,51

euros. É a cantidade que corresponde

ao 6 % do orzamento

das obras que non se van rea-

O PP presenta unha emenda aos

Orzamentos do Estado

O PP presenta unha emenda aos Orzamentos do Estado

Agustín Hernández, voceiro

do Partido Popular de Santiago,

e a senadora María Jesús Saínz.

presentaron en Compostela

unha emenda aos Orzamentos

Xerais do Estado, co propósito

de conseguir unha inversión

dun millón de euros para acometer

o vindeiro ano a redacción

do proxecto e o inicio das

obras de rehabilitación e mellora

no cuartel da Garda Civil. A

reforma contempla, ademais,

a ampliación dunha serie de

A concelleira do BNG Goretti

Sanmartín demanda que as instalacións

deportivas municipais

utilicen a lingua galega nas súas

comunicacións, que mesmo están

a vulnerar o Regulamento

de Uso do Galego na Administración

Municipal de Santiago

de Compostela e o Plan

Municipal de Normalización

lizar, tal e como establece a lei.

O alcalde, Mariño Noriega, lembrou

que o derrubamento xa

estaba paralizado por orde xudicial,

e adiantou que xa está todo

listo para que a Xunta lle devolva

o uso do inmoble ao Concello,

que é o seu titular. A partir de

agora, o goberno local tén previsto

iniciar un proceso de participación,

para decidir os usos

que terá a Casa da Xuventude.

unidades que, actualmente,

non gozan do espazo adecuado

para a realizacións das súas

actuacións.

Según Agustín Hernández

“É unha emenda consensuada,

falada e apoiada dende a propia

Dirección Xeral da Garda Civil,

que responde a unha análise detallada

e realista e que pretende

levar a cabo unha verdadeira

reforma que solucione os moitos

problemas que ten actualmente

o cuartel”.

O alcalde explicou tamén que o

goberno está valorando a apertura

da Praza do Matadoiro ao

parque de Belvís, a través da parcela

colindante ao edificio. Ao

respecto, xa houbo algún contacto

coa propiedade dos terreos,

unha comunidade relixiosa, que

amosou boa disposición para o

acordo.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros.

Ademais de arranxar estes

problemas, o Partido Popular

propón, atendendo a cuestión

de operatividade, agrupar todas

as dependencias oficias nos bloques

1, 2 e 6, para que o resto

dos bloques sexan exclusivos

unicamente para pavillóns; así

coma tamén levar a cabo a ampliación

das diferentes unidades

coma as da Policía, Seprona ou

Tráfico, entre outras.

Fontes: PP Santiago, Lindeiros

Demandan rótulos en galego nas instalacións do Multiusos de Sar

O BNG de Compostela di que se está a incumprir a lei e que en algúns casos foron postos recentemente

Lingüística.

Nas piscinas do Sar os rótulos,

os cartaces informativos

sobre primeiros auxilios, a comunicación

sobre a calidade

da auga e a cantina exclúen o

galego, cando se trata de concesións

municipais que teñen o

deber de utilizalo. No Multiusos

Fontes do Sar, ademais dos si-

Nace o programa

Compostela Móvese

Impulsado desde o concello pretende crear un

novo modelo económico

A Concelleira de Igualdade,

Desenvolvemento Económico e

Turismo, Marta Lois, presentou

no Pazo de Raxoi Compostela

Móvese, programa que nace para

impulsar un novo modelo económico

para a Santiago apoiándose

nas principais fortalezas

da cidade. A concelleira estivo

acompañada polo presidente da

Asociación de Empresarios do

Polígono Industrial do Tambre,

Jesús Chenel xa que a asociación

colabora cedendo a súa sede para

a realización de diferentes accións

e na difusión do programa.

As principais liñas de traballo de

Compostela Móvese son: reconducir

o actual modelo de turismo

noutro que fomente o turismo

cultural e urbano, que faga de

Santiago a “estación base” para

coñecer Galicia; buscar unha

economía máis sostible e integradora,

onde emprendedores

e empresas, especialmente de

servizos, convivan no tecido urbano;

limitar a creación de solo

industrial ligándoa á demanda

real, impedindo a especulación

sobre o solo.

Compostela Móvese tamén

pretende outorgar maior peso no

modelo económico aos sectores

produtivos, recuperando aqueles

do ámbito primario e manufactureiro

que hoxe corren perigo

de desaparecer; colaborar coa

USC apoiando a innovacións, as

empresas tecnolóxicas e as empresas

nacidas da Universidade;

e explorar e impulsar novos nichos

de emprego, en especial nos

sectores creativos, que son os

que actualmente teñen maior capacidade

de dinamizar a cidade.

Compostela Móvese conta

cun orzamento de 380.000 €

destinados a creación de novas

empresas e a actividades de dinamización

e intercambio entre

empresas. Unha parte de eses

cartos foron xa asignados a distintos

proxectos de empredementos

e o resto empregarase en

actividades e cursos o longo dos

prósimos meses.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros

nais de tráfico da contorna que

non están en galego, mudaron

hai pouco a información sobre

como hai que pasar os cartóns

de aboado e agora está en castelán.

A isto hai que engadirlle

que a publicidade de empresas

patrocinadoras de eventos e as

que ofrecen descontos por ser

aboado das instalacións deportivas

do Concello están maioritariamente

en castelán, cando

estas empresas usan estes espazos

municipais como espazos

de promoción.

O grupo municipal do BNG,

atendendo as queixas recibidas,

requírelle ao Goberno local que

supervise o idioma das comunicacións

e da publicidade das instalacións

deportivas municipais,

para favorecer a normalización

do galego xa que Santiago de

Compostela foi unha cidade

pioneira no impulso ao idioma.

O BNG lembra ademáis a gran

cantidade de persoas que usan

cada día estas instalacións.

Fonte: BNG Compostela, Lindeiros

10 ciencia e tecnoloxía

Lindeiros

Andrés Gómez Tato

Un mundo de colores

Doctor en Ciencias Físicas por la USC y responsable del Departamento

de Aplicaciones y Proyectos del Centro de Supercomputación de Galicia

(CESGA). Trabajó para diversas empresas del sector de las Tecnologías

de la Información y las Comunicaciones como SERMATICA, CESATEL o

Unisys España. Actualmente participa desde el CESGA en proyectos de

investigación y desarrollo tecnológico, tanto europeos como nacionales,

en donde colabora habitualmente en la difusión de sus resultados.

Con la voz de Occam

La noche y madrugada del

28 de septiembre pasado han

sido realmente espectaculares.

La Luna pasando de su color

blanco, a un rojizo casi marrón

para terminar en negro, ha

mantenido en vela a muchos,

incluso aunque al día siguiente

hubiera que ir a trabajar o a

aprender. Esa madrugada, además

tuvo un amanecer también

espectacular, con horizonte de

un color rojo intenso que cambiaba

a amarillo, luego a verde

para terminar en el azul cielo

según se apartaba de la Tierra.

Casi como un arcoíris, debido

en este caso a la dispersión de

la luz del Sol según pasa por la

atmósfera terrestre. Tanto color

incita a pensar en cómo vemos

los colores.

Curiosamente, la Luna y el

color tienen un pariente cercano:

Newton. Este genio abrió el

camino para explicar el movimiento

de la Luna alrededor de

la Tierra gracias a su propuesta

sobre la fuerza con la que se

atraen dos cuerpos y también

a comprender la forma en que

vemos los colores, alrededor

del año 1700. Pero no fue hasta

1801 cuando Thomas Young

alumbró el camino para la comprensión

actual de la visión del

color. Ese año, en una conferencia

pública y apoyándose en los

resultados previos de Newton,

propuso que la visión del color

se producía como combinación

de unos pocos, que eran los que

realmente podíamos detectar

con nuestros ojos. Aunque su

razonamiento estaba basado en

temas mecánicos, hoy sabemos

que no estaba desacertado.

Los humanos detectamos el

mundo fundamentalmente en

tres colores, que habitualmente

se denominan rojo, verde y azul

(o en inglés, Red, Green y Blue,

dando lugar a las siglas RGB

que vemos comúnmente en ordenadores

y otros aparatos electrónicos).

Esto es debido a que

en nuestros ojos existen unos tipos

de células denominadas conos.

A su vez, son de tres tipos.

Unos más sensibles al color

rojo, otros al verde y finalmente

otros al color azul. Físicamente,

el cono que asignamos como

color rojo tiene una sensibilidad

mayor a la luz con una longitud

de onda alrededor de 560

nanómetros (es decir, si visualizamos

la luz como las olas

del mar, la distancia entre dos

crestas consecutivas de las olas

sería solo de 560 mil millonésimas

partes de un metro, unas

100 veces más pequeña que el

diámetro de un pelo humano).

Para los conos verde y azul, estas

longitudes de onda corresponden

a 530 y 430 nanómetros

respectivamente.

Pero si vemos preferentemente

estos colores, ¿cómo

es que podemos ver un color

amarillo, como el de las luces

de sodio, que emiten luz fundamentalmente

alrededor de

589 nanómetros? Esto se debe

a que estos tres conos no son

sensibles únicamente a esas

tres longitudes de onda. Realmente

pueden detectar, aunque

con menor sensibilidad, otras

longitudes. Cada cono envía

entonces a nuestro cerebro

información de que ha detectado

esa luz amarilla, siendo

realmente nuestro cerebro el

que asigna el color amarillo en

función de la combinación de

las intensidades de las señales

que recibe de diferentes conos.

Por tanto, el color es un tema

de percepción del cerebro, es

decir, como interpreta las señales

que le envían nuestros ojos.

Esta forma de ver también nos

permite explicar algunas enfermedades,

como el daltonismo.

Esta se debe a que alguno de

los tipos de conos que tenemos

los humanos no están. Así, si

falta el cono rojo, el daltónico

no puede distinguir entre el rojo

y el verde, ya que ambas longitudes

de onda se detectan solo

por un tipo de cono (el verde).

Pero que no te engañen: un

daltónico no puede saltarse un

semáforo en rojo, ya que puede

distinguir la señal por la posición.

El rojo siempre arriba y el

verde abajo.

Puedes seguir a Andrés en:

http://www.conlavozdeoccam.blogspot.com.es/

Ilustración: Marus Frieiro

Iñaki Quenerapú

Novas Tecnoloxías

Evanxelizador tecnolóxico.

Profesor de informática

e consultor en temas

de dixitalización e alfabetización

dixital. Tamén

d es e ñ a d or g r á fic o, té c n i-

co de márketing para novos

medios e programador

web. Cando sexa maior

quere ser monologuista.

http://quenerapu.com

Videoconferencia

xa!

Estoume afeccionando ás videoconferencias.

Perdinlle o

medo ás cámaras e comprobei

que é unha xenial maneira de

manter reunións sen perder o

tempo. Estás traballando, quedaches

a tal hora para unha

reunión, fas a reunión e segues

traballando. Eficacia!

Hai moitas ferramentas para

facer videoconferencias. Hoxe

aqui quero comentar algo sobre

as máis populares e logo

falar sobre outras non tan populares

(aínda) pero que na

miña opinión, son a caña.

Comezarei con Skype: http://

skype.com é unha ferramenta

moi estendida. Tena instalada

case todo o mundo que fai

uso habitual de Internet. Pero

precisamente o que non me gusta

nada del é que hai que instalala.

Eu quero instalar no ordenador

cantas menos cousas mellor.

Certo é que Skype é gratuíto e

témolo para Windows, Mac e

Linux; e iso é un punto a favor.

Pero mentres sexa posible, se

non hai que instalar nada, mellor.

Logo temos Hangouts, a alternativa

da xente de Google para

videoconferencias. En http://

hangouts.google.com/ non

precisas instalar máis nada que

un plugin (complemento) para

o navegador e a partires de aí

usas Hangouts co teu navegador

web. Vale calquera navegador

debidamente actualizado pero

claro, Google recomenda Chrome

e certamente a experiencia

con Chrome é algo mellor. Con

Hangouts podes gravar as videoconferencias

e logo publicalas en

Youtube se queres. Skype non

ofrece a posibilidade de gravar

as videoconferencias (terías que

instalar outro software para iso) e

tampouco poderías publicalas directamente

en Youtube. Así que

Hangouts vai gañando polo de

agora. A pega? Hai que ter unha

conta en Google. Hai tempo que

aceptei que hoxe en dia hai que

ter unha conta de Google si ou

si, pero entendo que haxa xente

que non quere dar ese paso.

Podemos facer videoconferencias

sen ter que andar abrindo contas?

Pois si. Aí van oito. Apunta aí:

- «Appear In»http://appear.in/

- «Appspot»http://

apprtc.appspot.com/

- «Go to Meeting Free»http://

free.gotomeeting.com/

- «Gruveo» http://gruveo.com/

-«Rabbit»http://rabb.it/

-«Room»http://room.co/

-«Talky»http://talky.io/

-«vLine»http://vline.com/

Todas estas ferramentas web

permiten manter videoconferencias

a través do navegador web

sen ter que crear conta nin nada

(nin ti nin as outras persoas que

participen na conversa). Algunhas

como «Gruveo» só permiten

Videoconferencia entre dúas

persoas mentres «Appear In»

ou «Rabbit» permiten ate 8 ou

10 persoas respectivamente na

mesma Videoconferencia. Algunhas

permiten manter un chat

escrito ao tempo e outras compartir

pantalla. Vainas probando

e queda coa que queiras.

outubro 2015 11

12 educación

Fátima García Doval

Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa.Experta en tecnología y

Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y lenguaje;

licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía e investigadora

en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de educación especial en

Santiago de Compostela.

http://discapacitodos.com/

Aprendendo a compartir

No meu concello adoptivo temos unha libreira que non a merecemos. Ademais

de gran profesional e boa persoa, é un dos seres máis falangueiros que coñezo.

Un lapis HB coa tenda baleira equivale a unha leria de 40 minutos. Un pracer, vaia.

Fai non moito, nunha das miñas incursións por material escolar intranscendente, a conversación

derivou cara ao odioso costume que teñen os nenos de crecer e cambiar de talla sorpresivamente

no momento máis inapropiado e inoportuno da tempada, xeralmente a tres ou

catro semanas dun cambio de estación. Afortunadamente en Galicia o “entretempo” dura uns

200 días, o que dá certa marxe de uso á roupa Pero noutras latitudes estes crecementos repentinos

supoñen que, polo xeral, as novas pezas de roupa póñense tres ou catro veces antes de volverse

insoportablemente cálidas, ou frías, e quedar pequenas de cara á tempada seguinte.

Segundo a miña libreira, coa diminución do tamaño das familias e a súa dispersión, o excedente

téxtil infantil que quedou “case novo” xa non ten a mesma saída que antes. Parece, e non é a

primeira vez que oio o comentario, que non pouca xente se sente ofendida se lle ofreces a roupa

na que o teu fillo non entra xa nin embutido, independentemente do estado en que se atope

(e aínda sen estrear, que se deron casos). E oféndense porque asumen que con ese xesto dás por

sentado que “son pobres” ou que “teñen problemas para comprarlles a roupa aos seus fillos”.

Esquece esta xente que “herdar” roupa é un xesto educativo e de responsabilidade

cidadá. Que non se trata do diñeiro senón da filosofía de vida que hai detrás.

A miña filla, a pesar de que os seus pais non teñen problema económico ningún que lles impida

vestila e calzala “do trinque”, usa roupa herdada a carón da que se compra para ela. A falta

de irmáns ou curmáns, vive nunha veciñanza chea de xente cabal que estableceu un fluxo

téxtil organizado entre todos os membros da tribo apache que poboa o xardín comunitario.

E usa roupa herdada por principios, polos que teñen os seus pais e os que queren inculcarlle á súa

fi lla:

- que tirar roupa que está en perfecto uso é un estrago de materiais e enerxía que o planeta non se

pode permitir.

- que é unha falta de respecto cara aos demais. Vivimos en comunidade, todos tomamos cousas

dos outros, xa sexan bens ou servizos. E ese pacto social non escrito fortalécese cando compartimos

e somos solidarios.

- que usar algo que pertenceu a outra persoa non é unha humillación senón unha honra.

- que é tan honorífico para quen entrega como para quen recibe.

- que a contraprestación é entregar

aos demais aquilo que pode darlles

servizo nas mellores condicións posibles

(roupa, libros, xoguetes...).

- que a humildade e o agradecemento

son virtudes que nos engrandecen.

- e que é un dispendio económico,

que só beneficia a empresarios sen escrúpulos,

por suposto.

Este diñeiro estaría mellor

empregado en facernos

crecer como persoas, viaxar,

cultivarnos, vivir experiencias, etc.

Do mesmo xeito, sempre que pode,

fai uso do banco de libros de texto,

tanto como doante coma como receptora

e regala decote os xoguetes

que xa non usa. Leccións de vida.

Non quero darlle á miña filla todo o

que queira, senón todo o que necesita.

E sobre todo necesita educación,

o firme andamio que, na fartura e na

pobreza, axudaralle a saír adiante na

vida.

Ángel Carracedo, Premio

Nacional de Xenética

O catedrático Ángel Carracedo

Álvarez recibiu na Universidade

de Córdoba, o Premio

Nacional de Xenética concedido

pola Sociedade Española de Xenética,

O Xurado concedeulle

o galardón na modalidade aplicada,

polo seu labor pioneiro

no desenvolvemento de novas

tecnoloxías para a identificación

forense, baseadas na xenética

molecular, que tiveron unha

grande proxección internacional.

Polas súas notables achegas

nos ámbitos da xenética forense,

clínica e de poboacións. Así

mesmo, segundo o xurado, son

destacables as contribucións do

catedrático da USC á oncoloxía

clínica e ao establecemento das

bases moleculares de varias enfermidades

mentais e vasculares.

Tamén foi considerado o traballo

de Carracedo e o seu equipo

na parte asistencial, “realizando

decenas de miles de probas xenéticas

para a detección de enfermidades

raras, moitas delas con

tecnoloxía propia”.

USC participa nun proxecto

europeo contra a violencia no

deporte

Membros do grupo de investigación

Stellae da USC participan

no Proxecto IRIS enmarcado no

Programa ERASMUS+ e que

ten como finalidade mellorar

a comprensión da discriminación,

o racismo e a violencia no

deporte.

O grupo persegue comprender

os principios de código de ética

do deporte, ofrecer coñecementos

prácticos acerca da igualdade

de oportunidades e promover

medidas e prácticas para previr

a discriminación, o racismo e a

violencia nese eido. Ademais,

trata de proporcionar a capacitación

de profesorado e dos monitores

e monitoras deportivos

para o manexo das emocións dos

nenos e nenas asociadas coa participación

deportiva.

Para conseguir estes retos o

proxecto propón desenvolver

propostas de formación do profesorado

e de adestradores deportivos

en módulos en liña; libros de

cómic para nenos e nenas entre

6 e 11 anos e videoxogos para os

de 11 a 15 anos.

A Universidade no ranking

das mellores universidades do

Lindeiros

Novas da USC

mundo

A Universidade de Santiago

incorpórase na edición 2015-2016

aoTimesHigherEducationWorldUniversityRanking

posicionándose

no intervalo 501-600.

O ránking de THE inclúen un

total de 25 universidades españolas.

A de Santiago comparte

posición coas universidades do

País Vasco, Granada, La Laguna,

Oviedo, Salamanca, Sevilla

e Zaragoza. Nas primeiras posicións

sitúanse a Autónoma de

Barcelona (146); Pompeu Fabra

(164); Barcelona (174); Autónoma

de Madrid e Navarra (301-

350); e Complutense, Politécnica

de Cataluña, Rovira i Virgili e

Valencia (401-500). Completando

a presenza española seguiríanlle,

no intervalo 601-800, as

de A Coruña, Alcalá, Castela A

Mancha, Carlos III de Madrid,

Murcia, Politécnica de Valencia,

Politécnica de Madrid e Vigo.

Remata unha investigación

sobre conduta comezada hai 12

anos

A Unidade de Investigación

en Prevención e Tratamento de

Problemas de Conduta da USC

(UDIPRE) conclúe o proxecto

“Predictores temperáns do abuso

de alcohol e outras drogas: Estudo

lonxitudinal e seguemento

dun programa de prevención

indicada” financiado pola Delegación

do Goberno do Plan Nacional

sobre Drogas. O proxecto

que dirixe Estrella Romero, do

Departamento de Psicoloxía

Clínica e Psicobioloxía da USC,

forma parte dunha investigación

iniciada hai máis de dez anos e

que permitiu desenvolver en España

o primeiro estudo lonxitudinal

a longo prazo en torno aos

problemas de conduta.

O estudo iniciouse en 2003 coa

avaliación de 207 nenos galegos

con diferentes niveis de problemas

de conduta, que volveron

ser seguidos en 2006, 2009, 2013

e 2015, ano este último no que

do total participaron finalmente

124 nenos. Tratábase de coñecer

cómo evolucionan desde a nenez

(os participantes tiñan unha

media de 8.04 anos ao comezo

do estudo) ata a adultez temperá

(19.18 anos no último seguimento)

e qué factores permiten

predir un desenvolvemento máis

desfavorable.

Fontes: USC, Lindeiros

outubro 2015 empresa 13

A libraría

Couceiro

abriu no ano

1969 na Rúa

de San Pedro,

de alí pasou

no ano 75 a

República del Salvador, no 95

abriuse un segundo local na rúa

do Hórreo e no 2007 trasládanse

a praza de Cervantes onde ocupan

todo un edificio. O negocio naceu

grazas ao inconformismo do pai

de Pablo Couceiro, o actual propietario

“o meu pai era comercial

aínda que non lle gustaba o

sector no que traballaba, pensou

que o que mellor facía era ser comercial

e pensou tamén que cousas

lle gustaban e xuntando todo

decidiuse por poñer a librería”.

Pablo viviu en primeira persoa

os cambios sufridos polo negocio

e recorda moitos veráns nos que

as vacacións eran participando

en feiras de libros “creo que sufriu

unha evolución moi grande,

cando abriu era unha libraría

xeneralista que vendía de todo e

pouco a pouco foi mudando ata

chegar a unha especialización.

Este sitio pode dar a impresión

de non selo ao ser tan grande

pero a verdade é que existe esa

especialización en libro galego,

antigo e de ocasión. Ocorre que

estamos na entrada do Camiño

de Santiago e, polo volume de

xente que entra, iso nos obriga

a ter algo de libro en castelán,

Libraría Couceiro

46 anos camiñando entre libros

guías de viaxe ou un pouquiño

de libro en idiomas pero polo que

é coñecida libraría Couceiro é

polo libro galego e polo antigo e

de ocasión”.

Couceiro sempre combinou a

venta de libros coas actividades

pero o local da praza de Cervantes

abriulle as portas a novas ideas

“este local nos da opcións de facer

moitas mais cousas pero as

presentacións, publicacións de

libros non venais para agasallo,

xa se leva facendo moito tempo

pero aquí a maiores comezamos

cunha actividade que non

sabemos que se faga en ningún

outro sitio de Galicia, temos un

pequeno obradoiro de encadernación

e como tempos libro vello

ademais de recuperar os libros

que compramos damos a opción

de que cando alguén quere facer

un agasallo e se decide por libro

antigo poida facer unha encadernación

especial, totalmente

artesanal que fai do libro unha

cousa única, non traballamos

para fora, non pode vir calquera

a facer iso ou a que lle arranxen

un libro pero si damos ese servizo

aos compradores”.

A libraría foise especializando

algo que para Pablo Couceiro é a

táboa de salvación dos pequenos

negocios “tódolos comercios

teñen que buscar a especialización.

estas competindo con un

mercado global, con internet

calquera pode recibir na súa

casa o que queira e o único que

nos queda ao comercio pequeno,

ou familiar chámalle como queiras,

é que vaias creando un coñecemento

na xente que te rodea

do que podes ofrecer e que veñan

aqui porque saben que , por

exemplo, si buscan libro galego

saiban que ti os podes informar

ou si buscan libro antigo e buscan

unha peza que veñan para

ver si a podes localizar. Isto tanto

nas librarías como en calquera

outro negocio, o único xeito de

competir nun mundo tan globalizado

é a especialización “. En

este contexto a situación de Compostela

en relación co libro é privilexiada

“en Vigo hai unha Casa

do Libro, en Coruña un Fnac,

en Santiago non entrou ningunha

de esas cadeas. Supoño que é

porque o mundo do libro en Santiago

está moi ben representado,

si o comparas por poboación co

resto das cidades galegas a cidade

ten un porcentaxe de librarías

moi alto, hainas especializadas,

xeneralistas, hai unha de 1.000

metros cadrados esta ten 500 e

non hai moitas librarías na Galiza

con esas superficies”.

Son 46 anos dedicados ao libro,

conversando con Pablo Couceiro

un decátase de que a ilusión e a

dedicación son partes fundamentais

dun negocio e iso en Couceiro

nótase desde que un entra pola

porta.

14 rutas

Lindeiros

Rutas pola Comarca

De Brión a Santa Comba

Si o mes pasado a nosa ruta

pasaba maioritariamente por

estradas locais, e incluso chegábamos

a unha subida na que

necesitamos un rutómetro completo,

este mes movémonos por

varios núcleos de poboación ben

consolidados e con abundantes

cousas que ver.

Partimos do núcleo de Pedrouzos,

en Brión, diante da casa do

concello e en dirección a Negreira.

Antes de comezar podemos

visitar a igrexa de Santa Minia

na que o pasado setembro celebrábase

a romaría do mesmo

nome, a carballeira é unha das

máis antigas da comarca e un bo

lugar para descansar en calquera

momento... pero nos aínda non

comezamos.

Saímos e a 600 metros nos

desviamos á esquerda, nunha

curva moi pronunciada; a 900

metros por esta estrada atoparemos

a parroquial de San Fins de

Brión. Comezouse a levantar no

ano 1731 e rematouse 100 anos

despois, de estilo e torre barrocos

conten no seu interior uns

magníficos retablos; todo o entorno

está moi coidado e ofrece

unha boa vista dunha parte do

Val da Amaia.

Seguimos camiño e 100 metros

máis adiante atopamos o

desvío que nos leva as Torres de

Altamira, que ocuparon a portada

do mes de setembro, e xiramos

a esquerda. Continuamos

3 kilómetros por esta estrada

ata chegar a unha pista a dereita

pouco sinalizada polo que teredes

que estar atentos, como referencia

en esa pista veredes un

cartel que sinala que cambiamos

de concello e entramos no de

Ames. A un kilómetro setecentos

metros un novo desvío que

tomaremos a dereita para chegar

cincocentos metros máis abaixo

a igrexa de San Lourenzo de

Agrón.

Aquí podemos atopar no mesmo

lugar a arquitectura máis

moderna e o barroco rural galego.

A poucos metros da capela

de San Lourenzo, construída

entre os séculos XVII e XVIII

e con fachada barroca, atópase

un moderno centro sociocultural

perfectamente integrado nunha

fermosa carballeira. Este edificio

construíuse entre os anos 2007

e 2009 e foi un proxecto dos arquitectos

María Carreiro, Cándido

López, Nela Prieto e Diego

Vaquero, conta con unha sala

multiusos, un aula, 3 despachos,

vestiarios, aseos e almacén pero

o mellor é ver a integración no

entorno plenamente conseguida.

Partimos de este fermoso lugar

en dirección contraria a aquela

pola que chegamos. A uns dous

kilómetros e despois de deixar

a nosa esquerda a cooperativa

Feiraco, chegamos a unha rotonda

da que tomaremos a segunda

saída, cara a Ponte Nova. a 100

metros xiramos a esquerda e a

outros cincuenta temos unha estrada

a nosa dereita que nos levará

ata o núcleo de Ponte Maceira.

A Ponte Maceira une os municipios

de Ames e Negreira e

pode ser un bo exemplo do que

eran as vilas galegas no século

XIII. De esa idade data a ponte

aínda que os expertos coinciden

en que está construída aproveitando

os piares dunha máis antiga

da época romana, aquí está

ademais un antigo muíño, unha

presa, unha capela e un pazo,

un conxunto polo que atravesa

outubro 2015 rutas 15

o camiño de Fisterra do que dan

fe os abundantes peregrinos que

por alí pasaban mentres facíamos

esta reportaxe e que decidimos

levar a portada.

Volvemos ao punto do que nos

desviamos para chegar a Ponte

Maceira e cruzamos a Ponte

Nova, doutro lado seguimos a

esquerda para chegar a unha

rotonda. Tomaremos a segunda

saída que non se ve desde o

punto no que entramos na rotonda...

pero está aí, esa estrada

nos deixara, despois de tres kilómetros

e medio, na entrada de

Negreira, diante da estatua dun

peregrino que nos lembra que

seguimos no camiño de Fisterra.

Negreira ten moito que ver, en

www.negreira.es no apartado

“coñece” tedes un amplo catálogo

de lugares que visitar pero, se

non queredes ter que elixir, polo

menos paseade pola Carreira de

San Mauro e disfrutar do Pazo

do Cotón, podedes saber máis

del revisando o Lindeiros.com

de marzo de este ano. A vila tamén

nos ofrece bos lugares de

descanso como o parque do Cotón

coa súa estatua a Castelao e

sitios abundantes onde comer.

Saímos da vila cara a Santa

Comba e a 2.6 kilómetros chegamos

a igrexa de San Mamede

do Monte. Este templo sufriu

bastantes cambios e engadidos, a

torre e a fachada datan do século

XVIII e na construción atopamos

combinadas sillería de granito

e mampostería de cemento.

Resulta curiosa tamén a galería

de nichos construída baixo terra

pero con tragaluces no teito.

Desde aquí a 4.3 kilómetros

chegamos ao concello de A

Baña, o núcleo queda a carón

da estrada polo que nos teremos

que desviar a esquerda uns metros

despois de pasar por diante

dunha gasolineira. Aqui so pararemos

un momento, si queremos,

para ver a capela de As Dores ou

da Obra Pía, situada no centro da

vila e que consta de dous corpos,

un a casa reitoral e outra a propia

igrexa.

Volvendo a estrada de Santa

Comba, a 4.2 kilómetros atopamos

a parroquia de Suevos e alí

podemos visitar a igrexa parroquial

de San Mamede de estilo

neoclásico, construída no período

de finais do s. XVIII a mediados

do s. XIX.

Seguimos camiño de Santa

Comba que será a meta da nosa

viaxe, polo camiños descubrimos

a impresionante vista da

canteira de Granitos do Xallas

. A vila atópase a uns sete kilómetros

e o igual que sucede con

Negreira ten un patrimonio moi

abundante. Na web do concello

www.santacomba.es podemos

atopar documentación sobre todas

as posibles visitas; a vila en

si é tamén un lugar no que comer

ou pasear polo casco urbano.

Destaca a gran cantidade de

hórreos que atopamos en todo o

percorrido a maioría de estilo Finisterre,

son os máis rústicos con

pedras superpostas con cuberta

a dúas augas e con tella do país.

Entre as moitas cousas que ver

en Santa Comba nos decidimos

polo Pazo de Cícere, unha casona

que atoparemos no lugar de

San Pedro de Cícere, na estrada

de Fisterra. A construción data

dos séculos XVI e XVII e ten

dous grandes escudos (un deles

coas armas de Frei García de

Pardiñas), nos brasóns que adornan

o seu exterior distinguen se

as liñaxes dos Bermúdez, Moscoso

e Castelo.

Tanto si decidimos quedarnos

en Negreira ou A Baña como si

queremos chegar ata Santa Comba

está garantizado o patrimonio

e a paisaxe que conteñen as comarcas

de A Barcala e Xallas.

Fotos: Loli Fdez.

16 alcaldes

Roberto Rey

alcalde de Frades

“Para concellos como Frades case é impensable

que non exista a Deputación, no

só pola tramitación dos tributos senón

por tódolos plans provinciais. Pode que

concellos máis grandes poideran subsistir

pero os pequenos non.”

Lindeiros

O caso de Roberto Rey é singular,

cando hai tres anos o anterior

alcalde, Miguel Prado, renunciou

o cargo para presentarse as listas

do PP ao parlamento de Galicia

Tito, como lle coñece todo o mundo,

tivo que tomar una difícil decisión.

As eleccións de maio pasado

ven de avalar o traballo feito cunha

maioría absoluta.

“Fai tres anos tiven que tomar

a decisión ser alcalde ou non.

Non foi doado o principio optei

por dicir que non pero despois

penseino mellor. Foron anos de

moito traballo, de adaptar ao

concello a miña forma de traballar

xunto cos compañeiros

de partido e creo que se fixo un

bo traballo que si, agora viuse

reflectido nas furnas.”

Todo o mundo coincide en Frades

con que Roberto impuxo o seu

xeito de facelas cousas.

“Son unha persoa tranquila

que me gusta que a xente me

diga os problemas que ten e despois

ser sinceros, si se poden

facer as cousas explicarlle que si

se pode e si non explicalo e cando

se poida seguir. A situación

é a que é, o concello tiña tamén

unha débeda viva importante

que intentamos reducir o mínimo.

A finais de este ano chegaremos

a débeda cero grazas aos

plans da Deputación pero tamén

grazas a un importante esforzo

que se fixo no concello para poder

cancelar esa débeda”.

Acaban de aprobar a conta xeral

do 2014 con moi bos resultados, o

traballo ven xa do ano anterior

“O 2013 foi un ano no que

se fixeron moitos cambios no

concello, priorizamos as actividades

máis importantes e

quedámonos cos gastos máis

necesarios, en ese ano cancelamos

moitos gastos do concello

que non considerábamos necesarios.

eses cambios levounos a

un importante aforro, contando

sempre coas axudas da Deputación

e da Xunta porque Frades

e moi pequeno e depende de outras

administracións. Eses cambios

tiveron unha consecuencia

directa no 2014 e por iso a conta

xeral do 2014 presenta eses

números, con unha liquidez en

bancos de máis de 240.000 euros,

un remanente de máis de

70.000 e unha inversión por habitante

de 191 euros”.

Esas contas son aínda mellores

si se ten en conta os problemas cos

que se atopan os concellos máis

pequenos, Roberto explica que o

principal é ter claro cara a onde se

quere ir.

“A situación e sempre moi

complicada. A normativa non te

permite contratar persoal. Elimináronse

os plans da Xunta de

contratacións temporais. Tivemos

que solucionar eses problemas

con persoal propio e se non

con persoal contratado a outras

empresas. A maiores a regra de

gasto que nos concellos implica

bloquear na práctica o traballo

diario pero a conclusión final e

que si tes claro o camiño a seguir

sempre se vai saíndo”.

O eterno debate sobre a utilidade

das deputacións non ten cabida

en concellos como Frades

“Para concellos como Frades

case é impensable que non exista

a Deputación, non so pola tramitación

dos tributos que é algo

xa importantísimo se non por

tódolos plans provinciais que

existen que poderían vir igual

para os concellos pero a forma

de xestionalo da Deputación cos

técnicos que ten, co persoal...

pode que concellos máis grandes

como Ordes puideran subsistir

pero os pequenos non”.

O mesmo sucede coas fusións

de concellos, as colaboracións que

se dan no entorno de Frades fan

que nin sexa necesario plantexar a

cuestión

“O das fusións é un debate que

se abriu coa unión de Oza e Cesuras

pero non todos os habitantes

nin todos os políticos están a

favor diso. Cada concello é un

mundo, cada un ten a súa forma

de traballar, incluso somos localistas

dentro do propio concello,

entre as parroquias e coas aldeas

para canto máis entre concellos.

Pero si creo que o futuro

pasa por que varios municipios

se agrupen para levar servizos

ou realizar actividades. Aqui xa

estamos niso porque temos xa

moitos servizos mancomunados

en servizos sociais. Temos con

Ordes e Trazo obradoiros en común.

Co concello de Mesía realizamos

moitísimas actividades,

tanto presentándonos xuntos a

proxectos que se convocan como

no Fondo de Compensación

Ambiental, da Xunta de Galicia,

co que estamos construíndo

un Punto Limpo que servira

aos dous concellos e que está en

obras xa”.

Roberto Rey é tamén presidente

da Mancomunidade de Ordes,

probablemente a que mellor funciona

da bisbarra de Compostela

e a que ten máis servizos unificados,

algo que ven sendo así desde

hai anos independentemente dos

cambios nos concellos.

“Quero primeiro destacar a

labor de Manuel Regos como

presidente da Mancomunidade

que soubo manter unidos

aos sete concellos, na súa etapa

realizáronse novos proxectos e

conseguíronse recoñecementos

como o “Premio Coopera” otorgado

pola Xunta de Galicia ao

servizo de atención temperá. As

roldas de contactos entre os concellos

deu como resultado que se

acordara compartir a presidencia

durante os catro anos entre o

concello de Ordes e nos. A mancomunidade

funciona moi ben

pero eu sempre digo que se pode

funcionar mellor. A nivel servizos

sociais vai moi ben, hai tres

concellos como Oroso, Frades e

Ordes que aínda estamos mais

integrados porque estamos en

tódolos servizos sociais que se levan

na Mancomunidade, o resto

de concellos participa de forma

desigual nos servizos do CIM,

o de atención temperá, cooperativismo,

normativización lingüística,

axencia de emprego... a

verdade é que son servizos que

si non estiveran mancomunados

os concellos pequenos non

poderíamos chegar a eles e son

moi demandados polos veciños.

Por exemplo o de atención temperá

que atende a nenos con

problemas de linguaxe, ou de

mobilidade, nenos que veñen

derivados dos colexios ou dos

servizos de pediatría e é algo

que cada vez ten máis demanda

e nos o podemos ofertar grazas

a Mancomunidade”.

Frades acaba de rebaixar o tipo

impositivo e bonificar o IBI das

granxas, algo curiosamente criticado

pola oposición

“A polémica xurde porque

nos sabíamos xa que estaba

prevista unha regulación catastral,

sabendo iso decidimos

adiantarnos coa bonificación do

IBI, propoñendo para tódalas

explotacións gandeiras que tiveran

unha referencia catastral

única a bonificación máxima

que permite a lei, un 95%, e

ademais baixar o tipo impositivo

do 6 ao catro e medio para

a urbana e o 3 para a rústica co

que se converte nun dos máis

baixos da zona. Desde o 94 non

se fixera unha regulación catastral

e agora farase en toda España,

en este tempo hai vivendas

que aumentaron o volume, hai

alpendres que non están dados

de alta... e a decisión do ministerio

de facenda foi dar de alta

todo iso. Nos estamos en contra

dunha tasa que cobran por facer

a revisión, sobretodo porque se

cobra por referencia catastral e

algún propietario lle poden chegar

tres recibos, xa protestamos

na oficina correspondente pero

foi unha decisión do goberno

central. Para o ano frades vai

recadar menos que este ano

precisamente porque baixamos

o tipo impositivo que é todo o

que puidemos facer”.

Inmersos nos novos orzamentos

as prioridades seguen estando

claras, estabilidade económica e

manter en bo estado todo o que

se ten.

Para o ano queremos seguir

priorizando os servizos sociais,

seguir apoiando servizos no fogar.

Temos que manter as vías

de comunicación en bo estado

e para iso contamos coa axuda

das distintas administracións.

Seguir aportando actividades

culturais e deportivas para a

poboación. Temos un espazo

verde en cada parroquia, as

áreas recreativas dos Pasos

de Aiazo ou a Presa de Ponte

Carreira... conservar todo

iso, esas son as prioridades

para estes orzamentos nos que

traballamos.

Un veciño dicíanos de Roberto

Rey que cre na súa palabra, que

iso é algo que se perdeu e que

é moi importante. A sensación

cando un fala con el é que prefire

calar a dicir unha mentira e iso

nos tempos que corren é sempre

de agradecer.

Manel Pardo

Foto: Loli Fdez.

Frades, 9 de outubro de 2015

outubro 2015 17

18 pasou

En setembro seguiron as festas

Brión, Frades e Ordes foron lugares de romaría

Tradicionalmente setembro

é un mes de romarías, as festas

continúan e na comarca celebráronse

algunhas das de máis

sona como a Santa Minia en

Brión ou o San Miguel en Frades.

Santa Minia é desde hai moito

unha cita obrigada para moita

xente, este ano volveu a superarse

chegando aos 50.000 visitantes

en parte pola coincidencia en

domingo e a boa climatoloxía.

O coordinador da festa, Alberto

Álvarez, confirmaba estes datos

o domingo “nunca estivera a

carballeira tan chea de xente, a

afluencia é espectacular, pero era

o agardado ao ser o Día Grande

das festas. pero é que onte (polo

sábado) na queima da fachada é

que non había un sitio libre. Non

só na carballeira, senón a avenida

de Santa Minia e a zona das

polbeiras estaban ata os topes de

xente e moitos non puideron ver

a queima da fachada e tiveron

que conformárense coa gran tirada

de fogos de artificio”.

A carballeira de San Nicolau,

en Frades, tamén recibiu un bo

número de visitantes o día de San

Miguel aínda que non se poda

comparar coa Santa Minia. Máis

de setecentas persoas, entre participaron

e o bo tempo animou

a centos de familias da comarca

a achegarse a comer a este lugar,

montando as súas propias tendas

e traendo da casa non só a

comida, senón tamén as mesas,

as cadeiras, etc. O punto álxido

da xornada tivo lugar pasadas as

14:30 horas, coincidindo coa saída

en procesión do San Miguel

polo entorno da capela.

Ordes tamén disfrutou de festas

en este setembro. Poulo celebrou

as súas festas na honra

á Nosa Señora da Merced, o bo

tempo axudou a que un elevado

número de persoas se congregasen

nesta parroquia na que, tal e

como manda o costume, foron

moitos os que acudiron a comer

ao campo. Pola súa parte a parroquia

de Santa Cruz de Montaos

celebrou as festas en honor

a Santa Cruz e ao Santísimo Sacramento.

En Leira honraron a

Santa Eufemia aínda que o mal

tempo impediu que sacaran a

Santa en procesión. Finalmente o

novo alcalde de Ordes, José Luís

Martínez Sanjurjo, foi o encargado

de dar o pregón no barrio de

O Piñeiro na propia vila de Ordes

e encomiou o poder de convocatoria

das festas da vila e dixo estar

orgullo da identidade propia

dos barrios.

Fontes: concellos de Brión, Frades e

Ordes, Lindeiros

San Miguel en Frades. Foto: concello de Frades

Interior da capilla de Sta Minia. Foto: concello de Brión

Lindeiros

Festas Sta Cruz de Montaos,3 setembro. Foto: concello de Ordes

Romería Sta. Eufemia,16 setembro. Foto: concello de Ordes

Nosa Sra. da Merced, Poulo, 24 setembro. Foto: concello de Ordes

Festas no barrio do Piñeiro, 3 outubro. Foto: concello de Ordes

Romería na carballeira de Santa Minia. Foto: concello de Brión

Tarde de festa na carballeira de Santa Minia. Foto: concello de Brión

outubro 2015 pasou 19

Santiago de 1778 a 1950

Un libro do arquitecto Pablo Costa recolle a evolución da cidade

O Consorcio de Santiago

e Teófilo Edicións acaban de

publicar La ciudad heredada.

Evolución urbana y cambios

morfológicos, Santiago

de Compostela 1778-1950 do

arquitecto e profesor compostelán

Pablo Costa Buján.

Esta publicación é parte da tese

de doutoramento de Pablo Costa,

que dirixiu o catedrático da

Universidade da Coruña José

Antonio Franco Taboada e pola

que obtivo un premio extraordinario.

Estudou a cidade durante

máis de tres décadas e integrou

o reducido grupo de arquitectos

que elaborou o expediente

presentado á UNESCO no ano

1984 para optar á Declaración de

Santiago de Compostela como

Patrimonio da Humanidade.

O autor sinala que “a bibliografía

existente sobre Compostela

é abrumadora. Todos os estudos

son pezas do mesmo puzzle

que teñen como testemuño á

cidade herdada. Sobre o século

XIX e primeira metade do

XX, non obstante, en contraste

cos períodos anteriores, a carencia

de datos é patente. Tal

situación permite afirmar que

esta etapa apenas foi estudada”.

Así, asegura que boa par-

te dos estudos que había ata o

momento sobre este período

carecían de datos históricos suficientemente

contrastados; en

concreto, case non hai traballos

relativos á reforma interior

da cidade e aos seus bordos.

O arquitecto explica que o proceso

investigador descansou na

recuperación, recompilación e

posta en valor de toda unha serie

de documentos gráficos e escritos

de distintas épocas, moitos

deles esquecidos, outros inéditos.

Trátase de planos, debuxos,

manuscritos, estudos históricos,

hasta relatos de viaxes de personaxes

ilustres como o Conde

inglés de Sandwich en 1666 ou

o de Cósimo III de Médici en

1669. Esta documentación gráfica,

moita da cal se recolle na

publicación, compleméntase

ademais cunha análise da mutación

sufrida pola Catedral e

o seu contorno. Como punto de

partida deste estudo, o arquitecto

tomou o momento no que a

evolución da cidade cristalizou

nun modelo que era froito esencialmente

do seu legado barroco.

Para iso apoiouse no manuscrito

de Pedro de la Peña de 1778, que

cartografía de xeito minucioso a

vella urbe; así como o plano do

Mestre Freire, datado en 1783,

que acaba de reflectir con grande

exactitude a escena urbana.

Esta publicación forma parte

dunha investigación máis ampla,

que se estrutura en dous

grandes bloques. Neste primeiro

ponse o foco na conformación

do núcleo da cidade compostelá;

como se foi transformando e

consolidando o seu casco antigo

e os seus bordos históricos adxacentes;

como se foron producindo

cambios morfolóxicos como

o incremento da altura edificada

ou a irrupción da galería acristalada;

como foron evolucionando

as prazas e as rúas que hoxe coñecemos;

ou que proceso sufriu

a construción de espazos e edificios

emblemáticos como a Facultade

de Medicina, o Hospital

Clínico ou a Praza de Abastos.

O segundo bloque desta investigación,

que será obxecto dunha

edición futura, céntrase na expansión

urbana da cidade, coa

creación dos ensanches lúdico,

residencial e universitario.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros

Izda. Volados sucesivos. Arriba, Casas de Pinchos. Algalia.

Fotos: Teófilo Edicións

Cursos/obradoiros

para adultos

Actividades

e xornadas

Actividades no CPI

Ponte Carreira

CONCELLO

DE FRADES

ACTIVIDADES

DE OUTONO

E INVERNO

Información e inscricións

no Concello de Frades

981 69 55 67

www.concellodefrades.es

COCIÑA. 30 €/CURSO.

CARRETILLEIRO. 100 €. 20 horas. Multiúsos

e cooperativa de Frades.

MANIPULADOR DE ALIMENTOS. 20 €/

curso. Multiusos de Frades.

INFORMÁTICA. 20 €/curso. 50 horas. Aula de

Informática Municipal

CURSO DE PREPARACIÓN ÁS PROBAS

DO GRADUADO EN ESO. Maiores de 18

anos. 30 € (3 áreas), 25 € (dúas) e 15 € (unha).

Matrícula a partir de xaneiro de 2016.

HORTA ECOLÓXICA. 40 €. 30 horas.

Novembro-decembro 2015.

MANEXO DE TABLETAS PARA PERSOAS

MAIORES. Prezo a determinar. 20 horas.

CURSO DE FOTOGRAFÍA. 40 €. 12 horas.

Materiais incluídos. Sábados, horario a convir.

CURSO DE PODA E ENXERTOS. 40 €. 30

horas. Xaneiro-marzo 2015. Sábados.

CURSO DE XADREZ. 20 €/mes. 30 horas

durante 6 meses. Multiúsos.

* As actividades comezarán en

novembro, sempre que se xunte

grupo mínimo. Non empadroados,

consultar prezos.

PILATES. 30 €/curso. Multiúsos, pavillón municipal

ou parroquia onde se forme grupo.

ZUMBA. 30 €/curso. Multiúsos, pavillón municipal

ou parroquia onde se forme grupo.

XIMNASIA DE MANTEMENTO. 25 €/curso.

Pavillóns municipais ou locais sociais.

MANUALIDADES NAS PARROQUIAS. 35 €/

curso (material non incluido). Locais sociais.

CURSO DE PATCHWORK. 15 €/mes. 3

meses. Multiúsos ou locais sociais.

CLASES DE INGLÉS. 25 €/mes. Grupos reducidos.

Multiusos.

I XORNADAS MICOLÓXICAS. 15 € (7 €

menores de 7 anos). Sábado 14 novembro.

OUTROS CURSOS: Benestar animal, CAP

(Certificado de Aptituto Profesional) Transporte,

Primeiros Auxilios, Mozo de almacén, Plataforma

elevadora+traballos en altura, Conservación

de alimentos, Arte floral, Xardinería, Curso

básico de fruticultura....

Servizos Sociais

PODOLOXÍA A DOMICILIO, PERRUQUERÍA

E FISIOTERAPIA. Gratuíto. Persoas dependentes

ou usuarios dos Servizos Sociais.

XOGANDO CO INGLÉS. Entre 15 e 20 €/mes

(dependendo do grupo). De 15:30 a 16:30 h.

ZUMBAKIDS-BAILE. 30 €/curso. Xoves de

15:30 a 16:30 h.

MÚSICA. Música I (de 4 a 6 anos, 12 €/mes).

Música II (+6 anos, 15 €/mes).

ESCOLAS DE INICIACIÓN E PERFECCIO-

NAMENTO Á PATINAXE 40 €/curso.

Deporte gratuíto

para nenos/as

ESCOLAS DEPORTIVAS DE FÚTBOL

SALA. Martes e mércores, 15:15 a 16:30 h.

PREDEPORTE-MULTIDEPORTE.

ESCOLAS DE TENIS DE MESA -

ATLETISMO. Xoves. Polideportivo municipal.

ESCOLAS DE INICIACIÓN AO

BALONCESTO E MINIBÁSKET.

OUTRAS ACTIVIDADES: Ciclismo (xaneiro),

Liga Local de Fútbol Sala Sénior (marzo-maio),

III Carreira Pedestre Concello de Frades

(maio), Competicións deportivas en idade

escolar, Liga Intermunicipal de fútbol base, Liga

Interconcellos en idade escolar (abril-xuño),

xornadas de campo a través e atletismo...

20 pasou

Trinta anos da asociación

Francisco Villamil

Presentou un libro conmemorativo na libraría Pedreira de Santiago

A Librería Pedreira acolleu a

presentación do libro “Tres décadas

de Galiza coa revolución

cubana 1984-2014” que repasa e

conmemora os 30 anos da Asociación

de amizade Galego Cubana

Francisco Villamil.

Villamil foi un emigrante galego

que uniuse a revolución

cubana a finais do século XIX e

do que Xosé Neira Vilas tomou

o nome para crear a asociación.

O libro relata esta e outras historias

que se deron o longo dos 30

anos, está escrito por Valentín

Alvite que estivo acompañado

no acto, ademais de polo propio

Neira Vilas, polo cónsul cubano

José Antonio Solana e polo escritor

Gustavo Luca de Tena.

A presentación tivo tamén

unha primicia xa que nela participou

Roi Casal. O músico

ven de traballar un mes na illa

colaborando con músicos locais

para o proxecto no que está metido,

un disco con letras de Xosé

Neira Vilas e do que interpretou

dous dos temas. Roi indicaba que

“isto é como si Xosé (por Neira

Vilas) trouxera un borrador dun

libro xa que estas cancións están

aínda no proceso de produción”.

Na nosa canle de Youtube po-

dedes ver un anaco dunha das

cancións (https://www.youtube.

com/c/LINDEIROSXORNAL)

Fontes: Lindeiros

Os poñentes da presentación. Fotos: Loli Fdez.

Roi Casal interpretando a peza. Fotos: Loli Fdez.

Presentado o libro “O pequeno

receitario de Lens”

Foi elaborado pola Asociación de veciños de San Paio

O Pazo da Peregrina, en Bertamiráns,

acolleu a presentación

do libro elaborado pola Asociación

de Veciños de San Paio de

Lens. Ao acto asistiron o alcalde

de Ames, José Miñones, a

concelleira de Atención Veciñal,

Isabel González, así como

Dionisio Viqueira, Juan Pérez e

Sarah Phillips, membros da devandita

asociación.

Neste pequeno libro pódese

atopar unha colección de receitas

dos veciños de Lens, que foron

elaboradas con produtos de

outono.

O libro xurdiu despois de

que esta asociación organizase

tres edicións do “Concurso

de Tortas”. Segundo explican

“queriamos reflectir a variedade

de tortas que se presentan a

este concurso e o gran interese

que esperta esta iniciativa entre

as persoas adultas e os nenos

de Lens, e incluso de fóra da

parroquia. Durante as tres edicións

que levamos organizando

este concurso en outono presentáronse

arredor de 40 tortas

cada ano”.

Fontes: concello de Ames, Lindeiros

Participantes na presentación. Foto: concello de Ames

A Real Filharmonía de Galicia

celebra os 20 anos desde a súa

creación e unha das premisas dos

actos conmemorativos foi abrir

a orquestra a toda a sociedade.

O longo do último mes tiveron

lugar distintos concertos nos barrios

de Compostela, tocando en

sitios onde nunca estiveran; o peche

a estas actuacións o puxo un

concerto no Auditorio de Galicia

pensado para as familias.

Os menores de 14 anos presumiron

de invitar aos pais xa

que por cada entrada, cun prezo

simbólico de 5 euros, recibiron

outras dúas para adultos. O

mestre titular da orquestra, Paul

Daniel, dirixiu unha selección

Lindeiros

A Real Filharmonía

de Galicia cos nenos

Un dos concertos do 20 aniversario estivo

dedicado a familia

de obras do concerto de abono

do xoves: Overture (From an

unifished opera) do compositor

galego Eduardo Soutullo, xunto

cun fragmento da Sinfonía nº

5 de Sibelius. O mellor da noite

chegou cando, tanto os nenos

como os pais, tiveron a oportunidade

de seguir a actuación subidos

no escenario, sentados entre

os músicos. O director explicoulles

o programa dun xeito moi

ameno e indicoulles a función

de cada instrumento e do propio

director. Sen dúbida, unha experiencia

coa que todos quedaron

encantados.

Fontes: Consorcio de Santiago,

Lindeiros

Algúns dos momentos do concerto. Foto: Consorcio de Santiago

outubro 2015 pasou 21

O Outono Códax Festival pechou a 5ª edición

Tommy Hunt ou Naomi Shelton foron algunhas das estrelas que pasaron por Compostela

Difícil dicir cal das 3 xornadas

foi a mellor, e iso sen contar

que este ano o Outono desprazouse

por primeira vez fora de

Compostela; o festival tivo un

“extraoutono” en Xixón no que

actuaron os Lakazans e Naomi

Shelton cun fin de festa que rematou

de madrugada.

As aperturas da noite, sempre

reservadas aos galegos, contaron

con Transilvanians, Sabela king e

The Heartbreakers e Soul Jacket

e por ese mesmo orden os premios

foron aos novatos, a máis

divertida e aos máis eficientes e

sólidos.

A segunda liña en orden tivo a

David Hooper, The Gospel Sessions

e Juan Zelada Band; todos

cunha calidade incrible pero a

cantante de The Gospel Sessions,

Michelle David, é algo que está

por riba de todo, é unha fora de

catálogo que enche o escenario

con cada xesto e o corazón con

cada nota, probablemente o mellor

concerto do 2015.

As noites as pecharon unha

bomba rítmica como Mike Sánchez,

capaz de tocar rock and roll

ata o amencer si lle deixaran; un

entrañable Tommy Hunt. antigo

cantante dos Flamingos, acompañado

polos Velvet Candels e

que nos fixo retroceder aos mellores

anos 50 en algún caso e as

salas de festas dos 70 en algún

outro, unha experiencia irrepetible;

a última noite foi a reservada

para Naomi Shelton coas

Gospel Queens e Fred Thomas,

histórico compoñente da banda

de James Brown, ao baixo, unha

mestura de soul e funk demoledora

para pechar un festival que

cada ano supera ao anterior o que

o converte, xa, nunha referencia

nacional.

Fontes: Lindeiros

Mike Sánchez á esquerda e Michelle David cantante de The Gospel Sessions.

Fotos: Loli Fdez.

A esquerda, David Hooper, no centro Naomi Shelton e na dereita, Tommy Hunt. Fotos: Loli Fdez.

55 anos do Ensanche Compostelano

Os comerciantes celebraron o aniversario da zona nova cunha festa na rúa

Baixo o lema “55 anos ben

merecen unha festa” os comerciantes

do ensanche Compostelano

conmemoraron o

quincuaxésimo quinto aniversario

da entrega dos títulos de

propiedade das chamadas Casas

de Ramírez, as primeiras da

zona. A idea xurdiu das conversas

entre empresarios que buscaban

un xeito de revitalizar a

zona, do convencemento de que

pese a ser un barrio tan familiar

e antigo como outros necesitaba

que llo dixeran, e coa intención

de que fora un punto de partida

para novas actividades e

iniciativas.

O tempo dirá si serviu de

impulso pero o que si se pode

asegurar é que foi un éxito. Ao

longo de todo o día as rúas que

rodean a Praza Roxa estiveron

cheas de xente que recuperaba

para o paseo lugares como Ramón

Cabanillas ou Diego de

Muros; os cativos disfrutaron

de xogos tradicionais como o

trompo, o aro, os zancos ou as

canicas. Os comerciantes sacaron

os produtos aproveitando

un dos últimos días do verán e

converteron o lugar nun magnífico

mercado de rúa. O evento

serviu tamén para reclamar o

cruceiro que estaba situado na

zona, mencionado por Rosalía

de Castro nun dos seus poemas,

e que foi fai tempo trasladado

as proximidades da Praza de

Abastos, en San Fiz de Solovio,

sen que ninguén lles dera unha

boa razón.

Na festa colaboraron as asociacións

Raigame, Enrede, Fundación

Santiago Centro, centro

Sociocultural do Ensanche,

Panxea e a Asociación Galega

de Produtos ecolóxicos.

Fontes: Lindeiros

22 pasará

Eugenio Granell: viaxe ó exótico

Unha exposición no Museo de Historia Natural da USC

O Museo Fundación Eugenio

Granell colabora coa Universidade

de Santiago e o Museo de

Historia Natural para presentar

esta exposición coordinada polo

profesor Miguel Anxo Rodríguez

e que estará aberta ata o 12

de novembro.

Eugenio Granell: viaxe ao

exótico xira arredor de dous

eixos fundamentais. Por unha

banda reivindica a obra do artista

galego realizada durante o

exilio. Por outra banda a mostra

se concibe a imaxe das “cámaras

das marabillas” que nos séculos

XVI e XVII eran habituais nas

residencias de altos persoeiros

e nas que se mesturaban pezas

do mundo da arte con outras do

mundo natural. No XVIII estes

conceptos de museo seguiron

camiños diverxentes polo que

esta exposición recupera aquela

moda expositiva.

Granel verteu na súa obra

moitos elementos da fauna au-

Folk Metal e música de autor na cidade

A Capitol e As Crechas lideran a programación musical privada

Son dúas das salas máis recoñecidas

do panorama nacional

e o compromiso coa música o

demostran coas programacións

mensuais. Do que teñen pensando

nas próximas semanas

quedámonos con dúas citas moi

distintas entre si pero o mesmo

tempo moi interesantes.

A Capitol presenta o próximo

día 21 a dous grupos que

mesturan o folk co metal máis

demoledor. Wind Rose é unha

formación italiana que leva funcionando

desde o 2009, no 2012

publicaban o seu primeiro disco

Shadows over Lothadruin e este

mesmo ano sacaron Wardens of

tóctona. O paxaro aparece como

símbolo de liberdade e como

icono perfecto da estética surrealista

do autor.

Entre as pezas escollidas de

Granell atópanse un óleo sobre

cartón, o Paxaro flor, dúas acuarelas

e unha construción, a máis

doutras dez pezas da colección

de arte étnica do Museo Fundación,

provintes do antedito

coleccionismo do artista. Xunto

con elas, o Museo de Historia

Natural achega sete mostras da

súa colección vencelladas ó reino

das aves.

Miguel Anxo González

Rodríguez, coordinador da

exposición, é profesor do departamento

de Historia da Arte

da Universidade de Santiago de

Compostela impartiu a materia

de Museoloxía e Museografía

no curso 2014/15.

A exposición estará aberta no

Museo de Historia Natural da

USC ata o 12 de novembro.

the West WindEnsiferum que

será co que fagan de teloneros

das verdadeiras estrelas da noite.

Ensiferum son un grupo finlandes

nado no 1995 e que conta con

6 discos de larga duración, o último

grabado no 2012. Potencia

e sons ancestrais para esta noite.

Si despois de tales descargas

queres algo mais de tranquilidade

o mellor é que esperes o 27 e

te pases polas Crechas. Volve o

fillo de Luis Pastor, Pedro Pastor

que chega xa independizado dos

seus pais e despois dunha extensa

xira por América presentando

‘La vida plena’. Pedro Pastor

Guerra non naceu entre algodóns

RESERVA TU ESPACIO

PUBLICITARIO:

publicidad@lindeiros .com

A TÚA PUBLICIDADE

TEN UN SITIO AQUÍ:

Tfno: 698 142 568

pero si entre notas musicais. Vénlle

de familia, por iso non renuncia

á palabra cantautor, aínda que

a el chamáronlle cantautor rapero.

O novo trobador madrileño

pode pasearse comodamente entre

a canción protesta, o amor, a

rumba e o hip-hop.

Ensiferum.

Pedro Pastor

Lindeiros

Os “luns” no

Ateneo de

Santiago

O ciclo de

conferencias falará de

música e de industria

Un dos ciclos de conferencias

de traxectoria máis dilatada da

cidade, «Os luns do Ateneo»

que conta sempre con primeiras

figuras nos variados temas que

trata.

A primeira das seguintes citas

será o próximo día 19 de

outubro cunha charla titulada

“O violín contemporáneo…

unha nova técnica para a nova

música”, que estará impartida

por Florian Vlashi, membro da

Orquestra Sinfónica de Galicia.

Posteriormente, o violinista

rematará cun concerto no que

interpretará pezas de Olivier

Messiaen, Iannis Xenakis, George

Crumb, John Cage, Karmella

Tsepkolenko, Pierre Boulez e

varios compositores españois e

galegos, ademais dunha estrea

absoluta de Vaso Tole. Nacido

en Durres (Albania) en 1963,

Vlashi é dende 1992 membro

da Orquestra Sinfónica de Galicia.

A súa actividade esténdese

á pedagoxía, publicacións sobre

estética interpretativa e actividades

como conferenciante.

O luns 26 de outubro o Ateneo

ten programada unha conferencia

titulada «A industria,

recurso turístico», que estará

impartida por D. Manuel

Lara, Fundador e Presidente de

“BUXA, Asociación Galega do

Patrimonio Industrial”. Manuel

Lara Coira é Enxeñeiro Industrial

pola Universidade de Navarra,

Diplomado en Enxeñería

Ambiental e Doutor Enxeñeiro

Industrial pola Universidade

da Coruña. Exerceu como profesional

liberal especialista en

temas enerxéticos e como consultor

independente en Enerxía

e Medio Ambiente en todo tipo

de proxectos enerxéticos e industriais.

Foi Director Xeral de

“Gestión Energética de Galicia,

S.A.” e promotor do Instituto

Enerxético de Galicia. Na actualidade

é profesor de Enxeñería

do Gas, Planificación Enerxética

e Seguridade Industrial na

Escola Politécnica Superior da

Universidade da Coruña e divulgador

de ciencia e industria.

outubro 2015 23

Cuarteto Gerhard

26 de outubro

Paraninfo da Universidade

O Cuarteto Gerhard naceu no ano 2010 guiado polo prestixioso

Cuarteto Casals. Desde entón está considerada unha das formacións

con máis proxección do panorama nacional. Acadou distintos

premios como o “Primer premio Palau” no 2012 ou o premio Injuve

de música Clásica no 2010. En novembro pasado publicaban a súa

primeira gravación grazas a unha campaña de micromecenazgo na

plataforma verkami e coa colaboración das asociacións locais das

Juventudes musicales de España. No concerto de Santiago ofrecerán

pezas de György Kurtág. Alfredo Aracil e George Crumb.

Do 6 ao 28 de

novembro en

distintas salas

da cidade.

The Buttshakers

29 de outubro

Sala Capitol

Son franceses e levan desde o 2008 producindo un montón de

temas cargados de soul, blues e afrobeat, música negra e estilos

americanos pero feitos en Europa. Música con unha sensualidade

acrecentada pola voz de Ciara Thompson, a carismática cantante

da banda. No 2010 publicaban o seu primeiro disco, Headaches &

Heartaches, no 2013 sacaban Wicked Woman, no 2014 Night Shift e

este mesmo ano presentan Soul Kitchen. Estiveron de xira a finais

do 2014 e as sensacións deberon ser moi boas porque levan todo

o ano cunha media de 2 concertos o mes, en España so darán dous

concertos e o de Compostela é un deles.

Acábate la sopa

(infantil e familiar)

27 e 28 outubro

Auditorio de Galicia

O espectáculo “acábate la sopa” está pensado para introducir aos

cativos no mundo da música dun xeito divertido e ameno. Sobre o

escenario Muriel, unha nena que non quere acabar a sopa e mentres

o intenta a súa imaxinación a leva distintas épocas por medio

da música. desde o medievo cunha melodía de Guillaume de Machaut

ata os clásicos modernos como The Beatles, sen esquecer a

autores como Shostakovich ou Philip Glass. A obra está dirixida por

Anna Llopart que é tamén a autora do guión. a dirección musical

correu a cargo de María Guix

Cineuropa celebra neste 2015

a súa 29ª edición do 6 ao 28 de

novembro con proxeccións en

distintas salas, concertos e actividades

complementarias. Cineuropa

recoñece nesta edición

a dous directores: un con máis

de medio século de traxectoria

internacional, o máis importante

dos directores mexicanos,

Arturo Ripstein; o outro, un

dos máis recoñecidos valores

da vangarda do cinema portugués

e europeo, autor recente

do tríptico estreado como acontecemento

autoral no festival de

Cannes, ‘As Mil e Uma Noites’,

Miguel Gomes.

O cartel definitivo aínda non

o temos pero como tódolos anos

o nivel será magnífico e a música

estará tamén moi presente

por medio da Real Filharmonía

de Galicia que interpretará

a partitura orquestral de Carl

Davis ‘A woman of affairs’ (A

muller lixeira), será interpretada

pola Real Filharmonía de Galicia.

Diego Masson dirixirá a

orquestra mentras se proxecta a

película que homenaxea a Greta

Garbo no 25 aniversario da súa

morte.

S p i nO ff

30 e 31 de outubro e 1 de

novembro

Zona C

Los Duguis Impro é unha compañía de teatro de improvisación

que nace no ano 2012, formada por Oswaldo Digón (actor e director),

Marita Martínez, Noemi Miranda e Marta Igrexas. Cada un dos

membros provén de diferentes camiños das artes escénicas, monólogos,

teatro, contacontos, circo, clown... Xuntos comezaron o

seu camiño no mundo da improvisación no ano 2010 formándose

coa compañía ImproMadrid Teatro, discípulos de Keith Johnstone,

creador desta revolucionaria técnica teatral. Os artistas crearán os

argumentos, as tramas, os conflitos, os xiros... no tempo que dura a

función, irán pedindo comentarios e palabras ao público para construír

cada vez unha historia diferente. Un técnico de son improvisará

en directo a música de fondo perfecta para cada situación.

24 pasará

Lindeiros

Visita un museo

Museo etnográfico de Frades

Visitar o museo etnográfico

de Frades é non so unha boa

oportunidade de coñecer como

e con que traballaban os nosos

maiores se non que a maiores

coñeceremos unhas terras moi

fermosas. Está situado ao carón

da casa do concello, en Cimadevila

na estrada cp-3802 que une

Ponte Carreira con Ordes.

Na web do concello atopamos

unha boa definición do que é

esta sala de exposicións:

“O campo galego de hoxe

só se pode explicar a través

da súa historia. Ata mediados

do século pasado permaneceu

nun estado de profundo

atraso económico e tecnolóxico.

Saír del foi un lento e

difícil proceso. Este museo é

unha homenaxe ás mulleres

e homes de Frades que fixeron

posible esa superación e,

en xeral, a tantas xeracións

de galegos e galegas aos que

lles debemos o noso actual

benestar”.

O Museo Etnográfico de Frades

reúne moitos dos útiles e

ferramentas do campo e do fogar

que se usaban hai 50 anos,

desde os mais coñecidos como

unha malladora ou un carro ata

outros como a debandoira de

sarillo ou as ferramentas que

se usaban na sega dos campos.

O museo é visitado de cando en

vez por colexios e excursións e

actualmente están a ser melloradas

as súas instalacións e incorporando

novas pezas.

Para visitalo o mellor é consultar

horarios no concello:

Teléfono: 981 695 567.

Teatro na bisbarra, outra

opción de ocio

Ames, Arzúa ou Teo programan obras este mes

Non sempre temos que acudir

a Compostela a disfrutar do

teatro, na bisbarra son varios

os concellos que programan

a miúdo boas pezas e que dispoñen

de sitios axeitados para

velas, vos recomendamos 3 de

esas citas.

O domingo 25 na Casa da

Cultura de Arzúa ocupa o escenario

a Asociación Teatral O

Aturuxo de Melpómene, unha

compañía, sen ánimo de lucro,

que leva desde o 2007 traballando

en Narón e que tanto prepara

teatro como realiza curtametraxes.

O seu último traballo

leva por título “Desencaixados,

unha esperpéntica crise”, esta

dirixida por Pablo Sánchez e

protagonizada por Juanín Ares

Gondell, Iván González (Chús

Prieto), María Veiga, Agustín

Bolaños, Óscar Manso e Tere

Rúa. A obra é unha reflexión

sobre a crise, eles mesmos din

que non aportan ningunha solución

aínda que tal vez a solución

estea na propia reflexión.

O Furancho é unha peza da

compañía Ibuprofeno Teatro,

escrita e dirixida por Santiago

Cortegoso, na que Isabel Risco

e Marián Barañobre convertense

en dúas emprendedoras

moi especiais que levarán o

concepto Furancho a outro

nivel. A obra ven de gañar o

premio ao mellor espectáculo

na Feira do Teatro de Galicia

e unha das súas protagonistas,

Isabel, recibiu o de mellor actriz.

A cita na casa da Cultura

de Bertamiráns, Ames, o 30 de

outubro.

Rematamos en Teo, na Casa

da Cultura da Ramallosa, o 31

de outubro. O concello pecha

o mes do teatro coa obra “Filosolfando”

escrita e dirixida por

Avelino González e protagonizada

por Xabier Deive e Luis

Iglesia, coñecidos por moitas

das series da galega e que forma

parexa desde que coincidiron en

Matalobos. Contan que queren

As protagonistas de “ O Furancho”

facer o que se fai nas tabernas:

pensar e cantar, o espectáculo

defínese como unha comedia a

12 cordas sobre a parte menos

sensata da vida e o bo humor e a

risa parecen garantidos.

Non deixedes de estar atentos

a axenda da web de Lindeiros

porque isto é so unha pequena

mostra do que hai pola bisbarra

cada mes.

Un rincón das mostras do museo. Foto:Loli Fdez.

Cartaces das obras

outubro 2015 pasará 25

O espazo máxico: 25 anos da

revista Peonza

Unha mostra sobre literatura e ilustración no MUPEGA

Esta exposición creouse para

conmemorar os XXV anos de

vida da revista PEONZA (Revista

de Literatura Infantil e

Xuvenil), que desde os anos

sesenta renovaron a literatura

infantil.

Consta de 87 textos literarios

onde aparece o peón ou

buxaina ( o trompo), cada un

acompañado por unha ilustración

caracterizada por un estilo,

unha técnica e unha interpretación

e lectura persoal do texto.

O Museo Pedagóxico de Galicia

completouna cunha colección

de 25 buxainas, de diferentes

partes do mundo e tipoloxías

pertencentes ao fondo do museo,

para dar a coñecer a traxectoria

que, dende hai tempo, leva

a buxaina nos xogos dos nenos

e nenas de Galicia. A intención

é recrear un espazo que, a partires

da suxestión de mundos

imaxinarios (da literatura e das

ilustracións), convide o encontro

persoal coa lectura, tendo como

fío condutor as buxainas.

A mostra pode visitarse no

horario habitual do museo: de

martes a sábado de 10-14h e 16-

20h e estará aberta ata o 30 de

xaneiro.

Cartaz da exposición sobre a Buxaina e a literatura.

El Centro dental MACÍA, primer centro

de España en obtener el sello de excelencia

ADECOA

El centro dental Macía ha sido la primera clínica de España acreditada con el sello de excelencia

odontológica ADECOA, una adscripción específica para clínicas dentales de vanguardia, cuyas competencias

profesionales, equipamiento e infraestructura ofrecen los más elevados estándares de calidad

y servicio odontológico.

Situada en O Milladoiro, a escasos minutos de Santiago de Compostela, la clínica es un fiel reflejo

del salto cualitativo que ha dado la odontología en los últimos años. Sus instalaciones cuentan con la

tecnología más puntera: Radiografía digital, TAC de última generación, láser, cirugía guiada por ordenador,

escaners tipo Cerec CAD CAM y 3Shape que permiten diseñar estructuras dentales en 3D y

mecanizarlas por robótica con ajustes de 25 micras. La clínica

Centro Dental Macía ha sido, además, recientemente avalado

por la Fundación Ad Qualitatem Calidad Sanitaria con la certificación

de la Norma de gestión de calidad para clínicas de

odontología y estomatología. Primera clínica gallega en obtener

este reconocimiento de excelencia.

En 2009 inauguraron el primer Spa dental de España que

se concibe como un espacio de bienestar y relajación para sus

pacientes antes o durante los tratamientos odontológicos, permitiendo

que el estrés sea un factor mínimo en la ecuación de

la buena atención dental.

Según nos explica el Dr. Javier Macía, director del centro,

“esto nos permite ofrecer tratamientos multidisciplinarios en

el seno de un mismo centro, garantizando así el máximo nivel

de calidad en todos los tratamientos y un mejor seguimiento

de los mismos, nuestro objetivo es que las visitas al centro

se transformen en una experiencia positiva y única para el

paciente”.

Traballar en bolsa

Fran Fialli presentou un libro no Milladoiro

no que explica como facelo desde casa

Francisco Fialli presentou o libro “Trading y bolsa” na Casa da Cultura

do Milladoiro ante os seus veciños. Acompañándoo no escenario

Eloy Gesto, director da “escuela inventa”, o concelleiro de cultura de

Ames, David Santomil e o alcalde José Miñones.Eloy Gesto na destacou

a capacidade de Fialli aos seus 21 anos. David Santomil, concelleiro

de cultura, rematou a súa intervención cun consello “que sexan as persoas

as que manexen aos mercados e non os mercados os que manexen

as persoas”. O alcalde , José Miñones, pola súa banda agradeceu a Fialli

e a editorial Anaya que elixiran o Milladoiro para a presentación.

A continuacion Fran Fialli explicou brevemente de que trata o libro e

porque se considera “xornaleiro da bolsa”. Fran da cursos a particulares

tanto de forma presencial como online e sempre insiste en que é algo

doado que pode chegar a facer calquera cun pouco de practica. Si queres

saber máis podes ver http://www.tuplanabolsaytrading.com/, escribir a

alumnos@tuplanabolsaytrading.com ou chamar ao 608 32 05 40.

Cartaz da exposición sobre a Buxaina e a literatura.

26

Lindeiros

outubro 2015 deportes 27

Obradoiro CAB

45 anos de historia e 5 no cumio

O Obradoiro CAB cumpre

este ano 45 anos pero tamén

cumpre cinco na ACB, quen

pode falar das dúas cousas é o

adestrador Moncho Fernández

que comezou acudindo ao antigo

pavillón e acabou no posto

que agora ocupa. Acudimos a

un dos últimos adestramentos

antes do comezo da liga para falar

co adestrador e comezamos

preguntado por ese aniversario

e polo importante que é este

momento.

“Un club que cumpre 45

anos, que competirá por quinto

ano consecutivo na liga

Endesa, son motivos para a

celebración. Falabamos de que

o obxetivo era manterse, que o

Obra non fora un equipo “ascensor”,

que se asentara ma

liga e formara parte da paisaxe

do mellor Basket do estado, estaos

no camiño e ogalla que os

que estamos a formar parte de

isto non esquezamos o que está

pasando porque é algo francamente

difícil”.

O equipo converteuse en estes

anos nun equipo sólido que se

mantén na ACB por dereito propio,

en moitos casos a xogadores

que despois despuntan en outros

sitios, cal é a fórmula?

“O que é importante e ter

unha filosofía e uns principios,

en ese aspecto tódolos que formamos

parte do Club, desde o

corpo técnico ata a administración

ou dirección deportiva,

comulgamos cos mesmos

valores e iso e bo porque establece

claramente os perfís de

xogadores que queremos. Por

outra banda non podes pelexar

contra a realidade, o noso orzamento

é un dos máis baixos

da liga así que o que facemos

é poñer en valor as cousas que

son boas; para os xogadores?

dicímoslles -vinde aquí, imos

axudarvos a desenrolar a vosa

carreira e vos axudarnos a

acadar os nosos obxetivos - que

o Obradoiro é un equipo trampolín?

pois perfecto porque iso

fai que xogadores con calidade

que despois irán a equipos

mais grandes, incluso a NBA,

virán aqui a xogar e iso é co

que podemos competir”.

Celebrar un aniversario ou

a actual situación do equipo

era algo desexado pero tamén

merecido

“Cando chegamos era o corenta

aniversario e a premura

por facer un proxecto deportivo

ocultou un pouco todo aquilo.

Creo que este ano con máis

tempo todo o que esta a facer

o club e moi bo, é importante

non esquecer que para chegar

aqui antes houbo o traballo de

moitos. Gústame dicirlle aos

xogadores que o Obradoiro

non é noso que nolo prestaron

durante un tempo”.

Os medios fai tempo que lle

chaman a Moncho o alquimista

polo xeito de elaborar complexas

estratexias que funcionan

pero falando con el un decátase

de que ademais ten algo de

meigo.

Fotos: Loli Fdez.

28 deportes

O Club Luar de

Taekwondo segue

colleitando medallas

Ainhoa Ramos campiona nacional e

Cristóbal Boudjenane subcampión europeo

O Ximnasio Luar de Ordes

está tendo unhas semanas de ir

de celebración en celebración.

Recentemente disputábase en

Alacante o campionato de España

júnior con 274 deportistas

nados nos anos 1998, 99 e 2000,

Ainhoa Ramos Manteiga participou

formando parte da selección

galega e conseguiu alzarse

co primeiro posto superando a

rivais de Castela, Euskadi e Cataluña;

este resultado ábrelle a

porta a participación no campionato

de Europa como integrante

da selección española. En este

campionato os deportistas da Federación

Galega de Taekwondo

acadaron un total de doce medallas

(4 ouros, 3 pratas e 5 bronces)

no Campionato de España

júnior de Combate e Galicia foi

bronce en todas as clasificacións:

Masculina, feminina e na xeral.

Pola súa banda o director do

club, Cristóbal Boudjenane, ven

de proclamarse subcampión de

Europa na categoría master no

encontro celebrado en Niza. Este

trofeo súmase aos obtidos como

campión e subcampión autonómico

no 2014 e 2013.

E para completar o mes un

equipo do club participou no

Open Internacional de Moaña

onde acadaron 3 medallas, Ouro

para Álvaro Regueiro na categoría

júnior e prata para Rodrigo

Varela e Sara Gacio na categoría

cadete

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros.

Ainhoa Ramos co seu título

Cristóbal Boudjenane subcampion master europeo

Nunha reunión entre representantes

do Concello, Noa Morais

(Concelleira de Mocidade,

Deporte e Benestar animal) e

Juan Garabato (Técnico de deportes),

con membros da directiva

do Santiago Rugby Club,

chegouse a un acordo de colaboración

durante a tempada.

Entre as actuacións que levarán

a cabo realizaranse traballos

de mellora e acondicionamento

para a práctica do rugby, tras

chegar a un acordo coa Asociación

de Veciños de Marrozos,

no campo localizado na

devandita parroquia, que fora

descoidado nos últimos tempos.

Estas dilixencias inclúen o

peche do perímetro do campo e

o seu resembrado, a colocación

dos paus de rugby e melloras no

mantemento e a iluminación,

estando o recinto listo para o comezo

da tempada de rugby.

Tanto a Directiva do SRC

como a concelleira coincidiron

en que ditas melloras nas instalacións

non reunirán os mínimos

necesarios para a correcta

práctica do rugby (Calidade do

terreo de xogo, característi-

Lindeiros

O Santiago Rugby Club adestra

en Marrozos

O concello chegou a un cordo co club para o uso das instalacións

cas dos vestiarios) e asúmense

que se trata de algo temporal

á espera de que se melloren e

aumenten as infraestruturas

municipais. O concello comprometeuse

a manter polo menos

a mesma dispoñibilidade

de instalacións para un deporte

que segue crecendo na capital

galega, unha vez que se solucione

a escaseza temporal de recintos

deportivos provocada polas

obras no campo de Conxo.

Sendeirismo e fotografía

Coa intención de mesturar sendeirismo

e fotografía, a próxima

marcha fotográfica organizada

pola Fundación USC Deportiva

desenvolverase o 15 de novembro

na ruta dos Tres Ríos no concello

de Touro, nunha zona que

mestura paisaxes de río e bosque.

A actividade está dirixida polo

fotógrafo e profesor de Fotografía

Contemporánea da Facultade

de Xornalismo Andrés Fraga,

cunha experiencia profesional

de máis de 10 anos nos que traballou

para El Pais así como para

varias publicacións estranxeiras.

Todas as persoas interesadas en

participar nesta actividade deberán

formalizar a súa inscrición a

través da web da Fundación USC

Deportiva. O custe é de 42 euros

e as prazas limitadas a 25 participantes,

que se cubrirán respectando

rigorosamente a orde de

inscrición.

Pola súa banda o Santiago

Rugby Club continuará cos

seus labores de difusión de

rugby, cun proxecto deportivo

ambicioso que xa iniciou a súa

preparación nas instalacións da

Universidade de Santiago de

Compostela, o debut en competición

do equipo feminino

e a continuidade da escola de

rugby.

Fontes: Santiago Rugby Club

Lindeiros

Un momento dun dos entrenamentos do Club Foto: Loli Fernández

A USC propón unha nova marcha que combina ambas actividades

Aínda que non se trata especificamente

dun curso de fotografía,

a presenza dun fotógrafo

profesional na ruta permitirá aos

participantes expor as dúbidas

sobre cuestións concretas e

intercambiar experiencias e coñecementos

entre os restantes

asistentes. A actividade conta

cunha segunda sesións o día 20

de novembro onde se realizará

unha visualización das fotografías

realizadas.

A marcha está aberta a calquera

persoa independentemente do

seu nivel fotográfico e do equipo

fotográfico que se vai utilizar. O

obxectivo é que os participantes

aprendan a sacarlle o máximo

partido ás cámaras e que se adquiran

máis coñecementos sobre

a fotografía de natureza. As persoas

interesadas poden ampliar

información na web da Fundación

USC Deportiva.

A fundación constituiuse no

ano 2007 e foi declarada de interés

deportivo ese mesmo ano.

Entre os seus obxetivos está organizar

e promocionar actividades

deportivas e de ocio.

Fonte: USC, Lindeiros

Cartaz marcha fotográfica da USC

outubro 2015 deportes 29

A carreira Pedestre da Amaia

celebrouse pasada por auga

Brión celebrou a XXXIII edición na que participaron 180 corredores

Robertas Geralavicius, atleta

lituano afincado en Pontevedra,

e Paula Mayobre (Ares) foron os

gañadores absolutos da XXXIII

Carreira Pedestre da Amaia,

celebrada baixo unha constante

chuvia en Brión. A chuvia foi

a gran protagonista da proba

organizada polo Concello de

Brión e a responsable de que

participaran so 185 dos 238 atletas

inscritos inicialmente.

Robertas Geralavicius impuxo

o seu ritmo ao longo dos

8 quilómetros da proba e compartiu

pódium canda Jacobo

Gesto Lago (A Coruña) e Amador

Pena Torreira (Santiago).

Pola súa banda, Paula Mayobre

entrou no posto 19 da Clasificación

Xeral, seguida por María

Xesús Gestido (Pontevedra) no

posto 22 e Rocío Alvite Ferreiro

(Mazaricos) no posto 30 da

Xeral. Juan Carlos Casal Pérez

recibiu o premio ao veciño de

Brión mellor clasificado, ao che-

gar no posto 5º da Xeral. O premio

á primeira brionesa foi para

Cristina Hernández García, no

posto 145.

A chuvia tamén condicionou

as probas dos nenos e nenas,

nas que tomaron parte medio

cento de atletas fronte aos 140

inscritos inicialmente. En total,

a carreira repartiu mais de 1.000

euros en premios, así como camisetas

e avituallamentos para

todos os participantes. Máis

información e todas as clasificacións

en: http://carreirapedestredaamaia.blogspot.com.es/

Fontes: concello de Brión Lindeiros.

Momento da saída da proba. Foto: concello de Brión

Os nenos tamén sufriron a choiva. Fotos: concello de Brión.

Fila Cero para

Levon Kendall

El Río Natura Monbus Obradoiro

colaboara coa causa do ex xogador

O Obra arrincou a liga do mellor

xeito posible, gañando ao

Sevilla e cun recordo para un

dos ex xogadores máis queridos

pola súa afección, Levon Kendall,

pasando actualmente por

un momento persoal difícil debido

á enfermidade do seu fillo.

O equipo decidiu doar a causa

un euro por entrada vendida e

a creación dunha Fila Cero que

se puxo en marcha na primeira

semana de competición e na que

todos os afeccionados que o desexen

poderán ingresar calquera

cantidade de diñeiro e colaborar

no custoso tratamento ao que o

fillo do xogador está a someterse

para superar un cancro.

A conta, chamada “Super

Skyler Kash” é Abanca ES82

O Concello de Silleda poñerá

en marcha un club e unha escola

de Atletismo. Dende a Concellería

de Deportes, a súa titular,

Ana Luísa González, púxose en

contacto co atleta silledense Cristian

Díaz hai para felicítalo polo

seu recente éxito no maratón de

Berlín. “A raíz de conversar con

Cristian Díaz consideramos que

el era a persoa axeitada nestes

momentos para asesorarnos na

posta en marcha desta iniciativa”,

explica a concelleira.

O alcalde, Manuel Cuiña e a

concelleira de Deportes, mantiveron

unha primeira reunión

con Cristian Díaz para comezar

2080 0375 1530 4002 0414,

aberta na sucursal da compostelá

Rúa dá República Arxentina.

Os afeccionados obradoiristas,

que están a demostrar a súa solidariedade

e agarimo polo ex

xogador mediante varias vías,

poderán ingresar desde xa mesmo

o seu donativo co concepto

“Achega Super Skyler”, podendo

incluír identificación ou facelo

de forma anónima.

O club ingresará nesta Fila

Cero tamén o que abonados,

afeccionados e empregados

deixen nunha hucha destinada

á causa, e que seguirá presente

igualmente nas oficinas como

reforzo a esta Fila Cero.

Fontes: Obradoiro CAB, Lindeiros

Silleda creará unha

escola de atletismo

O alcalde reuniuse co atleta Cristian Díaz

a sentar as bases do proxecto.

“Falamos de cómo empezar a

traballar para crear en Silleda un

club federado para participar nas

competicións e unha escola, para

crear canteira de atletas ofertando

aos nosos veciños e veciñas

interesados a posibilidade de

formarse con coñecementos técnicos

nesta materia deportiva.”.

Dende o Concello de Silleda

o goberno municipal agradece a

dispoñibilidade de Cristian Díaz,

destacando a súa implicación

persoal nesta aposta.

Fontes: concello de Silleda, Lindeiros

Reunión inicial do proxecto. Fotos: concello de Silleda

30

Lindeiros

Xosé Marcial Díaz Manso

É enxeñeiro agrónomo, zootecnista e traballa no

Instituto de Estudos do Territorio. Naceu en A Bola,

Ourense. Vive en Ames desde fai 20 anos.

Saber comprar

Cando Rodríguez Castelao no ano 31 estaba expoñendo nas Cortes a súa histórica defensa

do idioma galego, _... y ladró el perro y noté que el perro ladraba como nuestros perros, y entonces

surgió en mi imaginación esta gran verdad: los pobres animales aún están en el lenguaje universal …_,

non podía nin imaxinar o inxusto futuro que lle esperaba a un dos seus mellores amigos.

Anos despois, na década dos 70 do século pasado empezouse a expallar polo mundo

un coñecemento que ía afectar fondamente os sistemas tradicionais de relación do home

ca terra e cos animais. Déuselle en chamar a Revolución Verde. Foi impulsada desde os

EEUU polo audaz enxeñeiro agrónomo Norman Borlaug que motivado pola suposta baixa

produción agrícola dos métodos tradicionais pretendía erradicar a fame nos países subdesenvolvidos

incrementando a produtividade agrícola. Apostaba por variedades melloradas

de millo, trigo e arroz, así como por razas de animais de alto rendemento. Propoñía

a especialización e o monocultivo empregando grandes cantidades de auga, fertilizantes e

pesticidas. Como en todos os movementos innovadores esta revolución tivo, e ten, os seus

pros e os seus contras.

Pero o que non imaxinaba Alfonso Daniel aquel día en Madrid era que froito dunha superficial

interpretación da cultura derivada da Revolución Verde un xenuíno cidadán, un

valente defensor do fogar e da facenda, unha das máis entrañables figuras do noso mundo

rural estaría en risco de desaparecer. Un xuízo colectivo e sumarísimo ó ía condear. Trátase

do noso entrañable can de palleiro. Unha raza concibida para ser bo pastor, fiel gardián,

intelixente compañeiro, de carácter forte, reservado cos estraños, valente e mordedor, doce

e tranquilo ca xente da casa, cabaliño de tiro pos carros dos nenos. Procedente do tronco

indoeuropeo e antepasado dos cans de campesiños de Centro Europa acompañou os pobos

atlánticos pre-célticos, os celtas, os suevos, as tribus Quadi e os Marcomanos na súa

expansión pola vertente noroccidental da Península Ibérica (Gallaecia).

Pois ben, había que romper e facer

conta nova. Non adaptarnos os tempos

senón definitivamente asumir o

progreso e esquecer o noso atraso secular.

Aquel can que os abos foran seleccionando

sabiamente para ser parte

da familia agora non valía. Era un can

mestizo e desprezable. Ladraba no idioma

universal si, pero o facía con acento

galego. Delito que case lle costa a vida!.

(www.clubcandepalleiro.com)

MERCADILLOS

Ames

- Bertamiráns - Sábados (76 postos)

Boqueixón

- Lestedo - Domingos 18 de outubro e

1 de novembre (80 postos)

Brión

- Pedrouzos - Martes

Frades

- Ponte Carreira - 12 e 26 de cada mes

Negreira

- Domingos (75 postos)

O Pino

- Día 20 de cada mes

Ordes

- Mércores (130 postos)

Oroso

- Sigüeiro - Sábados (30 postos)

Padrón

- Domingos (750 postos)

Santa Comba

- Luns e sábados (300) 19 e 31 de outubro

Santiago de Compostela

- Xoves - Salgueiriños (200 postos)

Trazo

- Benza - Domingos (12 postos)

Teo

- Cacheiras - Sábados

OUTROS MERCADOS

Santiago de Compostela

-Martes - Lusco e Fusco en Belvís

Teo

-Sábados - Mercado labrego en Os Tilos

outubro 2015 31

TELÉFONOS

DE

INTERESE

Concello de Ames: 981 883 002

Casa da Cultura Milladoiro:

981 535 940

Casa da Cultura Bertamiráns:

981 891 017

Policía Local: 619 767 575

Garda Civil: 981 536 405

Centros de Saúde:

Milladoiro: 981 522 838

Bertamiráns: 981 890 404

Concello de Brión: 981 887 006

Casa da Cultura Brión: 981 509 908

Policía Local: 981 893 474

GRUMIR: 629 871 542

Centro de Saúde: 981 887 701

Concello de Boqueixón: 981 513 061

Casa da Cultura: 981 513 061

Garda Civil: 981 503 051

Emerxencias: 981 513 434

Centro médico de Forte: 981 513 010

Centro médico de Lestedo:

981 502 297

Concello de O Pino: 981 511 002

Casa da Cultura: 981 511 065

Garda civil: 981 511 052

Centro de Saúde: 981 511 196

Concello de Oroso: 981 691 478

Policía Local: 981 691 680

Garda Civil: 981 691 381

Protección Civil: 629 737 942

Centro de Saúde: 981 694 731

Concello de Padrón: 981 810 451

Policía Local: 981 810 247

Garda Civil: 981 810 091

Protección Civil: 981 812 929

Taxis: 981 811 459

Centro de Saúde: 981 810 920

Concello de Negreira: 981 885 250

Casa da Cultura de Negreira:

981 885 736

Policía Local: 676 454 882

Garda Civil: 981 885 001

Centro de Saúde : 981 886 378

Concello de Santiago: 981 542 300

Policía Local: 981 542 323

Policía Autonómica: 981 546474

Policía Nacional: 981 571 717

Garda Civíl: 981 581 611

Garda Civil de Tráfico: 981 582 266

Bombeiros: 981 542 446

Cruz Vermella: 981 586 969

Radio - Taxi: 981 569 292

Estación de autobuses: 981 542 416

Estación de ferrocarril: 902 240 202

Aeropuerto: 981 547 500

Concello de Teo: 981 815 700

C. Sociocultural A Ramallosa:

981 805 700

Policía Local: 981 815 700

Protección Civil: 649 804 720

Centros de Saúde:

Folgueiras( Calo): 981 814 106

Os Tilos: 981 801 038

Cacheiras: 981 807 411

Reis: 981 815 711

Concello de Vedra: 981 814 612

C. Sociocultural 3ª idade: 981 502

024

Protección Civil: 629 661 685

Taxis: 608 981 944

HORARIO DE AUTOBUSES, inverno

Monbus - Castromil

Padrón - Milladoiro - Santiago

L - V: 7:25, 7:35, 8:55, 10:15, 10:40, 12:20, 14:55, 16:05,

18:20, 19:30, 21:50

Sábados: 8:50, 10:05, 10:55, 12:20, 14:55, 19:30, 21:50

Domingos e festivos: 8:50, 10:05, 12:20, 14:55, 19:25,

19:30, 21:50

Santiago -Milladoiro - Padrón

L - V: 6:50, 9:00, 10:00, 11:30, 12:30, 15:20, 15:30,

18:00, 19:00, 20:30

Sábados: 10:00, 11:30, 12:00, 14:00, 16:00, 20:00,

20:30

Domingos e festivos: 10:00, 11:30, 12:00, 18:00,

20:00, 20:30

Empresa Arriva

Padrón - Milladoiro - Santiago (h.aprox.)

L - V: 7:00, 7:45, 9:00, 10:10, 11:00, 12:10, 13:00, 14:25,

15:00, 16:00, 17:10, 18:00, 19:10, 20:00, 21:20, 22:00

Sábados: 9:20 ata 21:20 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 9:20 ata 21:20 cada 2 hs.

Santiago - Milladoiro - Padrón

L - V: 6:00, 7:00, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:15,

14:00, 15:00, 16:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00, 21:00,

22:10

Sábados: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Empresa Bustelo

Rois - Santiago (de Extramundi 5 m antes

L - V: 6:45, 7:30, 9:00, 14:30, 18:00, 20:00

Sábados: 9:00, 14:30, 18:00

Domingos e festivos: 10:15, 14:30, 18:00

Santiago - Rois

L - V: 7:30, 10:00 12:00, 15:30, 19:00, 21:00

Sábados: 12:00, 17:00, 19:00

Domingos e festivos: 11:00, 17:00, 19:00

La Estradense

A Estrada - Cacheiras - Santiago

L - V: 6:55, 7:25, 7:50, 8:25, 9:25, 9:55, 10:55, 13:10,

14:55, 16:40, 18:10, 19:10, 20:10

*Por Cacheiras 25 minutos máis tarde aprox..

Sábados: 8:50, 10:20, 15:20. 18:35.

Domingos e festivos: 9:20, 18:35

Santiago - Cacheiras - A Estrada

L - V: 7:45, 9:00, 9:30, 10:30, 11:30, 12:30, 13:30, 14:00,

15:15, 16:30, 17:30, 18:00, 19:00, 20:15, 21:15

Sábados: 9:15, 12:30, 17:15, 20:15

Domingos e festivos: 12:30, 20:00

Monbus - Castromil

Cacheiras -Santiago ( de Moraña)

L - V laborais: 7:40*, 9:25, 12:45, 16:10*

Santiago - Cacheiras ( ata Moraña)

L - V laborais: 12:00, 13:00, 15:30*, 18:30*, 20:45*

*Parada en Pontevea uns 15 min. antes aprox.

Empresa Seoane

Cacheiras - Santiago

L - V: 8:10, 9:05, 15:20, 17:50, 18:15,

Sábados: 8:25

Santiago - Cacheiras

L - V: 12:30, 13:45, 17:00, 18:00, 19:30

Sábados: 12:30

Vedra - Santiago ( Hor. Aprox:)

L - V : 7:40, 14:55

Sábados: 7:50

Santiago - Vedra

L - V: 14:00, 19:30,

Sábados: 14:00

Autocares Mosquera

Forte ( Boqueixón) - Santiago

L - V: 15:05, 19:35

Santiago - Forte ( Boqueixón)

L - V: 8:05

Autobuses de Calo

Milladoiro - Santiago (Rúa da Rosa)

L - V: De 7:00 ata 21:45 cada 15 min.

Sábados: 7:35 ata 13:35 cada hora. e as

16:05, 17:05, 18:35, 19:35, 20:35, 22:05, 23:00

Domingos e festivos: 9:30, 10:30, 11:30, 13:00, 16:05,

17:05, 18:35, 19:35, 20,35, 22:05, 23:00

Santiago (Rúa da Rosa) - Milladoiro

L - V: De 7:00 ata 21:30 cada 15 min. 22:00 e 22:30

Sábados: 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00,

16:30, 18:00, 19:00, 20:00, 21:30, 22:30, 23:15.

Domingos e festivos: 10:00, 11:00, 12:00, 14:00, 18:00,

19:00, 20:00, 21:30; 22:30, 23:15.

Milladoiro-Santiago(Est.de autobuses)

L - V: 8:10, 9:25, 15:15, 19:15

Sábados: 8:10, 9:25

Santiago (Est. de autobuses) - Milladoiro

L - V: 8:35, 13:10, 18:10, 20:10

Sábados: 8:35, 13:10

Milladoiro - Bertamiráns

Días laborais: 10:00, 11:45, 17:30

Bertamiráns - Milladoiro

Días laborais: 11:00, 12:15, 19:00

Hermanos Ferrín

Negreira - Brión - Bertamiráns - Santiago

L - V: 6:45 a 20:45 cada hora.

*Bertamiráns 7:10, 8:05 cada hora hasta 21,05.

Sábados: 7:45, de 8:45 cada 2 h. ata 19:45 , 21:30

*Bertamiráns 8:05 ata 20:05 cada dúas horas e 21:45

Domingos e festivos: 08:45, de 09:45 ata 19:45 cada

2 h. e 21:30.

*Bertamiráns 9:05, de 10:05 cada dúas horas ata

20:05 e 21:45

Santiago - Bertamiráns - Brión - Negreira

L - V: de 07:45, ata 21:45 cada h.

Sábados: 08:45, 09:45 , de 10:45 ata 20:45 cada 2 h.

e 22:30

Domingos e festivos: 9:45, de 10:45 ata 20:45 cada 2

h. e 22:30

Empresa Lázara

Boqueixón ( Ponteledesma ) - Santiago

L - V: 7:15, 7:40 ( lectivos) 8:50, 10:45, 14:30, 18:00

Sábados: 9:45, 14:30

Domingos e festivos: 18:45

Santiago - Ponteledesma (Boqueixón)

L - V: 10:00, 13:00, 14:30 (lectivos), 17:00, 18:30

( lectivos), 19:30

Sábados: 13:00, 17:00

Domingos e festivos: 20:00

Monbus - Castromil

Ponte Ulla - Santiago

L - V: 8:07, 9:32 , 11:00, 11:32, 14:00, 15:18, 17:22, 20:22

Sábados: 9:32, 9:33, 10:53, 15:18, 17:22, 20:22, 20:23

Domingos e festivos: 10:53, 15:18, 17:23, 20:23, 21:48

Santiago - Ponte Ulla

L - V: 9:15, 12:00, 14:00, 16:00, 18:00, 20:00, 22:00

Sábados: 10:00, 14:00, 16:00, 18:00

Domingos e festivos: 10:00, 14:00, 16:00, 18:00,

21:00 ( fin de puente)

Monbus - Castromil

Ordes - Oroso - Santiago

Laborais: 7:35, 8:50, 10:50, 12:05, 13:50, 14:35, 16:20,

17:20, 18:50, 20:20, 21:35 (+ 15 min. en Oroso aprox.)

Sábados: 8:35, 10:50, 14:50, 17:20, 18:35, 22:55

por AP-9: 8:00, 18:00 *no Sigüeiro

Domingos e festivos: 10:50, 12:50, 14:50, 17:20, 18:50,

21:35 Por AP-9: 21:00 *no Sigüeiro

Oroso - Santiago ( Rúa da Rosa)

L - V: 8:20, 10:20, 12:25, 17:40, 21:50 (luns a xoves)

Santiago - Oroso - Ordes

Laborais: 6:30, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 11:50 *, 12:15,

13:20*, 14:00, 15:30, 16:30, 18:00, 19:30, 20:20*, 21:15

Sábados: 10:00, 14:00, 16:30, 18:00, 19:30, 21:00

Monbus - Castromil

A Gándara (Os Anxeles) -

Bertamiráns - Santiago ( Rúa A Rosa)

L - V: 7:15, 7:40, 8:15, 9,25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25,

15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25

Sábados: 8:25, 9:25, 10:45, 12:25, 14,25, 17:25, 19:25,

21:25

Domingos e festivos: 9:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Santiago (Rúa A Rosa) -

Bertamiráns - A Gándara (Os Anxeles)

L -V: 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20,

17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30

Sábados: 10:00, 12:00, 13,00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15

Sábados e festivos: 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:15,

20:15

Bertamiráns - Santiago

(En tránsito desde Muros, Noia. H. aprox.)

L - V: 7:15, 7:40, 8:15, 9:25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25,

15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25.

Sábados: 8:25, 9:25, 10:45, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25.

Domingos e festivos: 09:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Santiago - Bertamiráns - Noia - Muros

L - V: 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:35, 15:20,

17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30.

Sábados : 10:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15.

Domingos e festivos: 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:15,

20:15.

Domingos: 12:00, 14:00, 18:00, 19:30, 21:15

*Ata Sigüeiro

Aucasa

Trazo - Santiago

7:40

Santiago - Trazo

14:10

Empresa Freire

Arzúa - Arca - Santiago

L - V: 7:30, 8:00, 8:10, 10:40, 12:10, 14:20, 15:00, 15:45,

18:10, 20:40. *por Arca 25 min. despois, aprox.

Sábados: 8:10, 10:40, 12:10, 15:45, 18:10

Domingos e festivos: 8:10, 12:10, 15:45, 18:10,

20:40 (Sábados non circula)

Santiago - Arca - Arzúa

L - V : 7:00, 9:00 ( 8 e 22 de cada mes), 9:15, 11:00,

12:45, 13:30, 16:00, 18:00, 18:30, 20:00

Sábados: 7:00, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:30

Domingos e festivos: 7:00, 11:00, 16:00, 18:30,

20:00 ( sábados non circula)

Santiago - Aeroporto

De 6:00 ata 00:00 cada 1/2 h., diario,

dende Pz. Galicia.

De 6:10 ata 00:10 cada 1/2 h., diario

dende Est. de Tren

De 6:20 ata 00:20 cada 1/2 h, diario,

dende Est. Autobuses.

Aeroporto - Santiago

De 7:00 ata 1:00 cada 1/2 h., diario.

32 memorias dos nosos maiores

Lindeiros

Edelmiro

Souto

Iglesias

Veciño de Frades

Edelmiro é un home cabal,

cun sentido moi claro de que

valores son importantes e sen

os que se pode vivir perfectamente.

Naceu hai 93 anos en

Frades e alí segue vivindo e en

todo ese tempo non deixou nunca

de axudar aos demais.

Cando lle preguntas polo

que cambiou a vila solta unha

frase que o di todo “aquilo era

unha necesidá”, lembra como

os certificados facíanse a man e

cando se pedía un tardaban 24

horas porque os funcionarios no

querían que o que o pedía vira

si se equivocaba ao escribilo

e tiña que volver a empezar. A

escola non escapou de ese sentimento

de ter pouco en todo, tiñan

un mestre o que lle pagaban

un ferrado de trigo e tres perras

(moedas de 10 céntimos de pesetas)

por rapaz pero cando algún

destacaba o pobre do home

era o primeiro en recoñecer que

o superaran e que non era capaz

de explicar mais. Como en case

todo o mundo o campo estaba

por diante da escola pero Edelmiro

explica que por unhas circunstancias

ou por outras eran

traballos que lle gustaban a todo

o mundo, a xente adaptábase ao

sistema e tomaban como deber

coidalo e traballalo.

Edelmiro rompeu, en certo

modo, a norma, desde os 14

anos foi coñecendo as novas

máquinas de labranza que de

cando en vez chegaban para

axudar na tempada. Cando casou,

con 26 anos, montou un

pequeno taller de carpintería e

comezou unha nova etapa na

súa vida; si lle preguntas pola

falta de carpinteiros de hoxe en

día explica que carpinteiros hai

pero que profesionais poucos.

A súa aprendizaxe foi a base de

cometer erros, incluso coas novas

máquinas que trouxo para

o negocio e que lle levaron por

diante un dedo. As maquinas

levantaban expectación na vila

e a xente acudía ao taller a velas

traballar pero Edelmiro aprendera

de aquel funcionario e cando

algo saia mal o escondía e

despois de cear, xa sen público,

o arranxaba para que o día seguinte

todo aparecera ben feito.

Pasado o tempo xurdiu a

oportunidade de ser concelleiro

e levado pola ilusión de axudar

aos veciños meteuse en algo

que doulle máis traballo do que

pensaba, facer as cousas ben

non e doado nin na política. A

primeira traída de auga de Ponte

Carreira, para o colexio, a

fixo el; os primeiros postes de

electricidade non so os trouxo

se non que os colocou, algo impensable

hoxe nun concelleiro,

tal vez por iso a súa visión da

política actual é máis ben crítica.

Edelmiro vota de menos o

claras que estaban as prioridades,

que todo o mundo soubera

o que estaba ben e o que estaba

mal, que a palabra dun home

sexa algo do que fiarse pero aínda

así sempre, sempre asoma

un sorriso nos seus beizos.

Ponte Carreira, 9 de outubro de 2015

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!