12.09.2015 Views

PARTES DE UN TODO PARTS OF A WHOLE PARTES DUN TODO

Partes de un todo.pdf - Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil

Partes de un todo.pdf - Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

UNHA FUNDACIÓN PARA A LECTURA

Creada no ano 1981 polo editor e empresario español

Germán Sánchez Ruipérez, a Fundación Germán Sánchez

Ruipérez é unha institución sen ánimo de lucro, destinada

á realización de diversos programas culturais e

educativos.

O seu campo fundamental de actuación é a lectura –nas

súas diversas modalidades e soportes– e nel desenvolve

multitude de programas de promoción, investigación e

experimentación dirixidos tanto ao ámbito bibliotecario,

coma aos centros docentes e á familia.

OS SEUS CENTROS TÉCNICOS

Para conseguir a máxima eficacia no seu labor e permitir

unha acción de permanencia nas áreas xeográficas nas

que actúa, a Fundación Germán Sánchez Ruipérez

construíu os seus propios centros, ubicados nas realidades

territoriais máis representativas da sociedade nacional:

o medio rural, a capital de provincia e a capital do Estado.

Na primeira das devanditas áreas –a zona rural-, e na

poboación natal do noso fundador e principal mecenas,

Peñaranda de Bracamonte (Salamanca), a Fundación

Germán Sánchez Ruipérez sitúa o seu Centro de

Desarrollo Sociocultural, en activo desde o ano 1989, e

máis recentemente, desde o ano 2006, o Centro

Internacional de Tecnologías Avanzadas para el Medio

Rural. Ambos os centros executan un labor formativo en

moi diversos campos, con especial atención á aplicación

das novas tecnoloxías como instrumentos lectores.

Na capital de provincia, Salamanca, a Fundación creou,

en 1985, o Centro Internacional del Libro Infantil y

Juvenil. A súa biblioteca, por volume e variedade do seu

fondo bibliográfico e dos seus programas, é a biblioteca

infantil especializada máis importante de España. Labor

que complementa o seu Centro de Documentación, tamén

primeiro dos que existen no noso país, e a súa acción

formativa, a través da organización de cursos, encontros,

seminarios e congresos.

En Madrid, capital do Estado, e desde 1981, existe o

Centro de Estudios, Análisis y Debate, xermolo do más

ambicioso proxecto que a Fundación leva executado ata

o de agora. Con apertura prevista para o ano 2011, o

Centro Internacional para la Investigación, el Desarrollo

y la Innovación de la Lectura / Casa del Lector completará

o deseño estrutural da Fundación, coa creación e posta en

marcha dun lugar privilexiado desde o que poder coñecer

e difundir as novas formas lectoras –e as tradicionais–

nesta nosa sociedade en cambio continuo.

O labor de todos os centros queda tamén recollido nas

páxinas web da Fundación www.fundaciongsr.es e

www.lecturalab.org, nas que igualmente figuran varios

dos servizos específicos que a Fundación presta en

internet. De entre todos eles, destaca o S.O.L. –www.sole.com–,

primeiro portal no mundo sobre libros infantís e

xuvenís españois e outras informacións afíns.

9

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!